Sodes moit@s @s que nos pedides consello para mercar agora os agasallos de Nadal. Partamos do principio de que a clave para elixir os xoguetes das nosas crianzas é observar o seu xogo e coñecer os seus intereses. Cada nen@ ten un ritmo de desenvolvemento e unha personalidade propia. Se estamos atent@s a isto e aos seus propios desexos, será doado dar co material que precisa.
Que necesitan?
- Xoguetes que satisfagan a súa curiosidade. Se lle interesa, centrarán a atención e a aprendizaxe xurdirá, desenvolvendo as súas capacidades.
- Que sexan de materiais naturais e de boa calidade.
- Que abarquen un amplo rango de idade.
- Que dean pé a diversas aprendizaxes.
6 meses. Autonomía e descubrimento: Cesto dos tesouros
Obxectos cotiáns de diferentes materiais, tamaños, formas e texturas… O cesto proporcionará variedade de estímulos, favorecendo o desenvolvemento e alimentando experiencias dos cinco sentidos.
Presentarlles o material deste xeito, dálles a posibilidade de elixir por si mesm@s e ir practicando na toma de decisións.
1 ano: Movemento e repetición. Instrumentos de percusión
As nenas e os nenos disfrutan coa música, intentan imitar os sons dos animais e encántalles petar. Cun tambor ou xilófono poderán producir sons por sí mesm@s, un fito que lles aportará seguridade e fará que gañen autoestima. Ademáis, entrenan a súa coordinación e o ritmo ao tempo que aprenden a medir a súa forza. Unha caixa de instrumentos é fundamental no xogo de calquera cativ@. Ídevos facendo con eles pouco a pouco e teredes un material de xogo estupendo. Aquí podedes atopar as propostas da Gaia
2 anos: Imitación. Froitas ou verduras para cortar
Aos dous anos, @s nen@s queren ser independentes, facer cousas por sí mesm@s. Se tendes crianzas nesta idade estaredes afeit@ s a escoitar iso de “eu soíñ@”.
Observan todo o que está ao seu redor e intentan imitalo. Deixa que participen do día a día da casa, pon a disposición material acorde ao seu tamaño e verás como van gañando autonomía a gran velocidade.
As froitas e verduras para cortar son un bo complemento para os cacharriños, pratos, cubertos e cociña. Son froitiñas que se presentan en dúas metades unidas por un velcro. Ademáis de fomentar o xogo simbólico e de imitación, son un bo entrenamento da motricidade fina, tan importante para a maduración grafomotriz.
3 anos: Motricidade fina. Casa de pechaduras
Esta casa a simple vista parece sinxela, pero supón un reto importante para as crianzas. Fomenta a motricidade fina e é un bo entrenamento da súa autonomía para a vida práctica. Inclúe pechaduras con distintos graos de dificultade. A través do xogo, traballan a concentración e a constancia. Ademáis, é unha fantástica caixa de tesouros, onde poderán gardar as cousas que máis lles gustan.
4 anos: Imaxinación. Bloques de construción Hotz
As construcións axúdanlles a identificar o mundo que lles rodea; adquiren visión espacial e desenvolven habilidades motrices. Xogar a construir favorece a compresión de conceptos como o tamaño, simetría ou proporción, e axuda a identificar diferentes formas xeométricas. En Gaia, dispoñemos dun montón de materiais para construir pero somos moi fans dos Hotz
Cos bloques de Hotz, o equilibrio cobra vital importancia, aprender a dispoñer as pezas para que se sosteñan sobre as anteriores, ou como equilibrar diferentes forzas para que se contrarresten entre sí, permitindo a contrucción de pontes son algunhas das claves deste material tan sinxelo e fascinante.
5 anos: Construción en tres dimensións. Playmags
Luz e construción únense. Estas pezas imantadas, permiten construir en tres dimensións de modo sinxelo. Son pezas translúcidas, polo que é un material perfecto para a mesa de luz ou para xogar coa luz natural que entra pola fiestra.
6 anos: Xogos de regras. Oca das emocións
Inspirado no clásico xogo da oca, pero adaptado para traballar as emocións. Se axudamos ás nosas crianzas a poñer palabras ás súas emocións, será máis sinxelo que aprendan a manexalas. Aprenderán a poñerse no sitio do outro e desenvolverán a súa empatía.
“Os nenos necesitan a liberdade e o tempo para xogar. Xogar non é un luxo, é unha necesidade” Kay Redfield Jamison