Que é o primeiro que fan as nosas crianzas cando as deixamos tranquilas? XOGAR!
Pero pasamos o día decíndolles: “parade quietas”, “deixade de xogar”, “xa andas a xogar coa comida?”
O xogo parécenos algo secundario, de mero entrenemento. Xogar non nos merece consideración e sacrificámolo por calquera actividade. Todas son máis importantes para crecer, para vivir, sen entendermos que o xogo é a súa maneira de construír o mundo, de construirse a si mesmos. Non existe ningún dispositivo de aprendizaxe mellor. E unha necesidade vital.
Observade a concentración e seriedade dun neno ao xogar. E a súa constancia, o seu afán de superación. Non hai diferenza entre xogar e aprender, entre xogar e vivir.
Que é o xogo?
- O xogo nace espontáneamente, emerxe do interior. Satisface necesidades propias.
- O xogo nos nenos e nas nenas representa un auténtico proxecto de investigación: é unha necesidade vital indispensable.
- O xogo é placer, expresión do que un é e do que quere ser. É necesidade inconsciente de buscar a seguridade, de sentirse seguro fronte á realidade, fronte aos medos e ás angustias.
- O xogo responde a unha necesidade biolóxica e social innata. A través do xogo interactúase co entorno, ponse en orde o acontecido durante o día, ensáianse novas posibilidades e habilidades.
- O xogo é un proceso sen finalidade e sen fin.
- O xogo é experiencia de liberdade, liberdade na elección, autodecisión.
Cando empeza o xogo?
Dende que nacemos posuímos unha forza interior que nos move a coñecer e explorar. Explorámonos a nós mesmos e ao outro, aos obxectos e ao espazo no que nos atopamos. É o que se chama impulso epistémico.
Cando un bebé descubre fascinado ás súas mans e as chupa está xogando. E cando tenta alcanzar obxectos, está xogando. E cando emite sons que repite unha e outra vez, está xogado. En cada novo descubrimento, o xogo é o motor.
O papel do adulto no xogo de bebés e nen@s
Os adultos non temos que instruir ou entreter.
Podemos aproveitar o momento do xogo para disfrutar, observar, acompañar, entender as necesidades e o momento no que está @ nos@ fill@. Que cousas lle gustan? Que necesita? Cales son as súas curiosidades?
O acompañante aporta seguridade emocional, encárgase de presentar os materiais necesarios (acordes á etapa e intereses), e de que o xogo se desenvolva nun ambiente seguro.
Por iso debemos ter máis confianza en nós e n@s nen@s que están cerca. Unha mirada de confianza apórtalles sensación de competencia, de ser capaces. A mensaxe é ti podes.
Na actividade autónoma e no xogo libre, o neno e a nena aprópianse do espazo. Os obxectos e as interaccións cos outros acaban por xenerar unha verdadeira e riquísima aprendizaxe. É unha acción na que está involucrado o seu mundo interno e que xenera experiencias no corpo, na memoria, dando lugar á adaptación activa da realidade. Elabora estratexias de intervención, xenerando un movemento mental que lle axuda a costruir unha intelixencia que resolve conflictos e problemas.
Confiade! Deixade xogar!!! Xogar é algo moi serio.
“Dende o principio esperamos que os nosos fillos progresen. Obsesionámolos tanto con que teñen que convertirse en algo, que se olvidad de ser” André Stern