Como preparo un cesto de tesouros para o meu bebé?

El cesto de los tesoros es una das formas máis axeitadas de fomentar o xogo e o aprendizaxe nos bebés. Emprégase entre os 6 e os 12 meses, aínda que as condicións exactas son que xa se poidan sentar por si mesmos e que aínda non se despracen nin gateando nin caminando, momento a partir do cal o movemento ten moito interese para eles. Nesta etapa na que aínda non poden moverse, necesitan gran cantidade de obxectos que estimulen os seus sentidos e aumenten a súa comprensión do mundo.

Tendemos a pensar que o xogo dun bebé é simple e que calquera xoguete lle debera entreter durante horas, pero os bebés tamén se aburren e necesitan variedade e calidade no seu traballo de exploración. Esta é unha etapa de aprendizaxe moi rápido e na que asimilan, clasifican e acumulan todas as aportacións externas que lles chegan a través dos sentidos e do movemento corporal. Así que cantas máis, mellor.

PRIMEIRAS DECISIÓNS

O xogo do cesto de tesouros ofrece as primeiras ocasións de tomar decisións ao bebé por si mesm@. Elixir un obxecto, comparalo con outros e desbotalo; xogar sempre co mesmo ou cambiar constantemente para exploralos todos…
Serán as súas decisións e suporán unha aprendizaxe importante para a súa vida. Serán eleccións sinxelas e axeitadas ao momento evolutivo no que se atope e á cantidade de información de que dispón.

O PAPEL DO ADULTO

O cometido do adulto é acompañar. Non xogar con, non dirixir, non indicar…. Simplemente estar presente, acompañando e dando apoio emocional. Proporcionamos un entorno seguro coa nosa presenza, con xestos e miradas, e, se hai varias crianzas, poderemos evitar posibles conflitos entre elos.

O BEBÉ COMO SER SOCIAL

Se hai la posibilidade de realizar a actividade con máis bebés, aparece un factor moi importante: a interacción social. Podemos crer que nesta idade as crianzas non se van facer caso ou que lles dá igual estar en compaña de outros iguais. Porén, se observamos detidamente o seu comportamento, rápido nos daremos conta de que teñen unha conciencia clara da presenza dos demáis integrantes do grupo.

Miradas, sorrisos, sons, caricias… son algunhas mostras, así como os constantes intercambios que se xeneran ap variar o interese por un obxecto en función de si ao variar o interese por un obxecto en función de si outro bebé o ten ou non, podendo acabar esa ambición polo obxecto nunha pequena pelexa pola súa posesión.  Todas estas interaccións forman parte da súa aprendizaxe do mundo e do seu camiño cara a independencia.

Grupo de bebés compartindo cesto

En que consiste a actividade?

Para levar a cabo esta actividade necesitamos un cesto, fei­to de fibra natural -preferiblemente de mimbre-, redondo -duns 30cm de diámetro, 8-10cm de altura-, de base firme e sen asas. O propósito é que a crianza se poida “asomar” ao interior, apoiándose nel sen que o cesto volque.

O material presentado debe ser sinxelo de agarrar, lixeiro e non demasiado pequeno.

Incorporaremos obxectos capaces de espertar todos os sentidos. Tacto (textura, forma, peso); Olfato (con variedade de cheiros); Gusto (a mostra é máis limitada pero tamén posible); Son (timbre, tintineo, golpe seco, cruxir); Vista (cor, forma, lonxitude, brillo). Encheremos o cesto ata o alto para que a crianza teñ obxectos sufucientes entre os que elixir.  Ao rematar a sesión, é importante revisar o estado e limpeza do contido para desbotar ou renovar o que sexa necesario.

Os obxectos seleccionados para formar parte do cesto deben ser seguros. Hai que desbotar os que teñan cantos afiados e os que sexan tan pequenos que se poidan tragar. Polo demáis, nós marcamos os nosos límites. Se consideramos algún material potencialmente perigoso, simplemente o desbotaremos. Cómpre lembrar que a presenza d@ adult@ é imprescindible durante o tempo que dure o xogo.

Proporemos a actividade ao bebé nun momento que consideremos axeitado (que non teña nin sono, nin fame) e nun lugar tranquilo e cómodo. A nosa compaña discreta e atenta, serviralle de incentivo para concentrarse.

Cesto de tesouros de outono

Materiais do cesto

Aquí deixamos algúns grupos de obxectos susceptibles de formar parte dun mesmo cesto de tesouros. Unha boa idea pode se a de ter varios cests ocnfeccionados e ir empregando un cesto diferente e cada sesión.

  • Obxectos naturais: Piñas, madeiras, cunchas, cabazas, plumas, cepillo, esponxas, limón, laranxa, pikler, médula, carretes, tropos, cunca, brocha, culler de pao, casca de coco… e moito máis

  • Obxectos de materiais naturais: ovillo de la, cestos pequenos, calzador de oso, cepillo de uñas de madeira, brocha de afeitar, brochas de pintor, flauta de cana, bolsa de rafia…

  • Obxectos de madeira: caixas pequenas, tambor pequeno, axóuxeres, castañolas, pinzas de roupa, contas de cores ensartadas, carretes, cilindros, anillas, culleres de cociñar, ovo de zurzir, espello con marco.

  • Obxectos de metal: culleres, batedor, mañuzo de chaves, moldes de galletas, flaneras, embudo, armónica, chaveiros, mañuzos de cascabeis.

Materiales variados para cestos

Tamén obxectos de coiro, tea, caucho, pel, papel,cartón e mesmo vidro se nos aseguramos de que son seguros.

Outra forma de clasificación podería ser atendendo ao seu (baño, cociña, xardín) ou estacions do ano, celebracións…, etc.

Un dos materiais máis nutritivos para esta etapa son as pezas soltas de Grapat. Además de ser moi útiles neste periodo, acompañarán ao bebé en distintas etapas de desenvolvemento. Aquí podes atopar máis ideas para incorporar ao cesto

Si che gustou, comparte 😉

Fontes:

La educación infantil de 0 a 3 años. Elinor Goldschmied y Sonia Jackson. Ed. Morata.

Descubrir jugando. Tere Majem y Pepa Ódena. Ed. Octaedro.

0 0 vote
Article Rating

Sobre Miriam Parada Robles

Apasionada por la naturaleza y la montaña. Llego hasta Gaia desde el mundo de la informática y la consultoría. Ser madre, con la llegada de mi primer hijo, marcó en mi vida un punto de inflexión replanteando mi modo de vivir, de pensar y de sentir. Ahora estoy aquí, decidida a mejorar un poquito mi mundo, defendiendo la maternidad y crianza respetuosas, el juego y el movimiento libre.
Suscribirme
Notificación de
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments