Xoguetes imprescindibles para as crianzas

A través do xogo as crianzas descobren quen son, como é o mundo, cales son as súas cualidades. É a súa maneira de canalizar o que pensan e sinten, de reforzar o que son, de probar e errar nun entorno seguro.

Nestas pasadas semanas, moito nos teñen preguntado na tenda sobre cal é o «mellor xoguete» para esta ou aquela idade. É unha pregunta con resposta imposible ;)… pero aquí vai unha listaxe dos materiais que para min son imprescindibles.

 

Pezas soltas. Exploración e creatividade

É importante que algúns dos «xoguetes» que teñan as crianzas sexan materiais de xogo non estructurado.  Que non teñan ningún fin concreto. Paus, pedras, bloques, caixas…

  • Permiten que xurda o xogo simbólico, e non só a imitación.
  • Serven para crear minimundos, explorar e entender o mundo.
  • Acompañan as nosas crianzas en longos periodos de tempo, dende o seu xogo de exploración ata a creación de Minimundos, clasificación, conteo…

Os sacos sorpresa de Milaniwood, son unha opción xenial. Conteñen varios centos de pezas de madeira de faia e cada saco é unha sorpresa.

 

Panos. Posibilidades sen fín

Os panos son un material de xogo espectacular; teñen infinitas posibilidades e tamén irán medrando coa túa crianza. Retais, sábanas, sedas.. Son capaces de transformalo todo:

  • Permiten desparecer. Cucú;)
  • Son moi fáciles de manipular.
  • Dan calidez e son confortables, acarician.
  • Serven para crear refuxios, disfrazarse ou construir minimundos.

Golpea e cae. Causa-efecto

Golpear as bolas require coordinación entre o ollo e a man. Petar é un dos xogos preferidos nos primeiros anos, polo que pasarán un bo rato petando e vendo caer as bolas.

  • Permite descubrir a causa-efecto, entre o golpe e a caída da bola.
  • Traballan conceptos como permanencia, repetición e distinción das cores..
  • Petar forte ou suave, control corporal e ritmo, son fundamentais para a aprendizaxe da fala.

12 Nins. Xogo simbólico e de imitación

Os Nins abren infinitas posibilidades de xogo. Non teñen xenero, tampouco indumentarida nin expresión. Por iso é un material tan rico, porque poden selo todo na mente das crianzas. Unha bailarina, unha médico, unha granxeira, papá, mamá ou eu. Está triste ou está content@?

Permiten o xogo simbólico e de imitación, fundamental para a compresión do mundo e a adquisición de habilidades sociais.

Nins de Grapat

 

Masa de modelar. 

Traballar con masas e texturas é importante. Deixar que se ensucien, que se mollen,.. O feedback sensorial transmítenos información fundamental  sobre o que nos rodea.

  • Modelar cas mans, permite  crear e  entender o mundo tridimensional. É un modo de auto-expresión e de trasladar a emoción.
  • Require planificación, destreza e manexo da frustración.
  • Permite centrarnos no proceso.
  • Invita a creatividade.

Arbore musical. Ritmo

A árbore musical é máxica. Fascina a crianzas e persoas adultas, polo delicado e afinado son que fan as canicas ao baixar polas follas de diferentes tamaños. Un son relaxante, ritmico, delicado e sutilmente acuático.

  • Permite interiorizar a escala musical, estimulando o oído.
  • As crianzas descubrirán o ritmo, fundamental para a aprendizaxe da fala.
  • Facer que baixen de unha en unha ou todas xuntas, axuda a interiorizar o concepto de unidade.
  • Seguir a cánica mentras baixa, é un bo entrenamento dos músculos oculares para o inicio da lectoescritura.

 

Bambán. Movemento, equilibrio, creatividade

A Bambán é polivalente, a súas posibilidades de xogo son infinitas: unha  ponte, un túnel, un tobogán… calquera cousa é posible cunha Bambán.

  • Permite desenvolver o equilibrio e control do corpo.
  • O sentido vestibular é clave para aprendizaxe e desenvolvemento da linguaxe, tamén é responsable do equilibrio emocional e do futuro equilibrio físico d@ nen@.
  • Estes movementos están preparando a base para o éxito nas actividades lectoras, matemáticas, capacidades da linguaxe, atención, autoconfianza, seguridade e equlibrio interior. (Podedes leer máis en  “La integración sensorial y el niño” de Jean Ayres)

 

Arco iris. Construcción

Xogar a construir estimula a motricidade fina, os razoamentos matemáticos, a lóxica espacial, é un estímulo para a creatividade e axuda a tolerancia da frustración. Perspectiva, ángulos e formas. Proba e error, que encaixa?

  • Permite a comprensión de conceptos complexos como equilibrio, simetría e resistencia.
  • Require destreza e concentración.
  • Necesita planificación e lóxica.

 

“Todas as aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando na primeira etapa da vida. De ahí a importancia do xogo e de permitirlles explorar en liberdade” Francesco Tonucci

Sobre Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de