O xogo do bebé nos primeiros meses

O espazo natural que espera ocupar o bebé nos primeiros meses de vida (periodo de exteroxestación) é o corpo da súa nai. Aí ten todo o que pode precisar: calor, alimento, protección, xogo… Como debemos atender as necesidades do bebé cando non está no colo da nai?

É importante que nos deteñamos nalgunhas cuestións básicas relativas ao movemento, a percepción e as necesidades básicas das crianzas nesta etapa.

  • A posición natural do bebé nesta etapa, cando está esperto e saciado, é deitado no chan boca arriba nunha superficie firme horizontal. Esta posición dálle liberdade para mover mans e pés, un exercicio de coordinación óculo-visual que será fundamental para o que virá despois.
  • Non é preciso estimular o xogo. O xogo aparece por si só. É unha actividade que nace nas crianzas dun xeito espontáneo, por vontade propia e por mero placer.
  • O bebé precisa sentirse seguro e ter todas as necesidades básicas satisfeitas. Sentirse coidado e valorado, nun ambiente tranquilo e preparado.
  • Por si mesmo, x bebé debe ir gañando conciencia de que pode decidir a que xogar, de que xeito e durante canto tempo.
  • A persoa que acompaña ao bebé debe estar presente, dando seguridade á crianza e solventando calquera situación de perigo ou incomodidade que puidera experimentar a criatura.
  • O adulto que acompaña ao bebé debe crear o espazo axeitado para o xogo, libre de perigos e co ambiente e materiais axeitados á etapa e capacidades propias da crianza.
  • Non debemos colocar xoguetes nas súas mans. Se o facemos poderíamos provocar unha relación de dependencia na que x nenx sempre estaría á espera de que lle déramos o xoguete, perdendo a noción de independencia, olvidando a súa capacidade de facelo sen axuda externa.

 

Os primeiros xoguetes dx bebé

Cando nos preguntan polo xogo en bebés recén nacidos sempre respondemos o mesmo: a voz da nai e o pai, as caricias, as miradas, o movemento ao son dx adultx que o sostén, as copliñas e os sorrisos… Eses son os primeiros “xoguetes” do bebé. Máis aló disto, nas primeiras semanas podemos ofrecer ás crianzas imaxes en branco e negro. Poden ser cartóns ou móbiles con figuras xeométricas. A razón de ser destes materiais é favorecer o desenvolvemento da vista; acompañar a capacidade de enfocar obxectos en movemento e de seguilos coa mirada.

E cando comezamos a darlles materiais externos?

A partir dos tres meses (aprox) as crianzas comezan a descubrirse a elxs mesmxs. Comezan polas súas mans; observan fascinadxs o movemento sutil dos seus dedos, lévanas á boca, fréganas contra ela… Soemos pensar que isto é sinal de que os dentes empezan a asomar pero o que está agromando é a capacidade dx bebé de dirixir os seus movementos á súa vontade.

Falta pouco para que comecen a “querer coller”. Sabemos que as crianzas está preparadas para xogar con elementos externos a eles porque amosan interese polo que acontece arredor: miran na dirección de obxectos próximos, estiran a man ou o brazo, moven a cabeza… Empezan a agarrar todo que se lles poña por diante: un mechón de pelo, a nosa blusa, unha sábana… o que pillen!  É o momento de presentarlles materiais doados de manipular e inofensivos

 

Panos

De organza ou seda, de punto ou crochet, de punto ou de fío de algodón…. Os panos son elementos doados de manexar para crianzas. As teas con certo volume son un magnífico primeiro xoguete. A pedagoxía Pikler recomenda panos con lunares. Os contrastes de cor fascinan ás crianzas nestas idades. Un pano co tamaño duns 35cm*35cm será perfecto. E se vos gusta o ganchillo, podedes animarvos a tecer un vos mésmas. Os buratiños que quedan entre os puntos, fan as veces dos topiños dos que fala Pikler; O traballo manual mola e ademáis o xoguete gardará toda a vosa carga emocional e afectiva. Empregade fío 100% algodón, sen blanquear ou tinguido con tintura de orixe vexetal.

Presentaremos o pano formando unha pequena montaña. Non llo poñemos na man, se non que o deixamos ao seu alcance.

Bolas: Pikler ou Montessori

Nos dous casos, son materiais axeitados para bebés a partir dos 3 ou 4 meses. Ambos materiais teñen  algunhas características comúns: poden emitir son, rodan moi pouco, son doadas de agarrar…

A pelota Pikler é unha bola feita con filamentos de médula de xunco entrelazados. A forma na que está feita fai que sexa moi doada de asir. Só con meter un dedo xa a poden manipular e iso é algo realmente placenteiro nesta etapa. É lixeira e resistente, pero tamén moi flexible. Esa flexibilidade é a que permite que se lle poidan meter ovos musicais (que entran pero non saen). É un material que evoluciona coas crianzas: poner teas no interior, xogar a lanzar…

A pelota Montessori está feita en algodón e rechea de la ou poliéster. Moi fácil tamén de agarrar, incorpora un axóuxere no interior.

      

Axóuxeres doados de agarrar

Lixeiros, de materiais naturais e cun son suave. Son moi recomendables os de bimbio ou os de tea. Os primeiros son artesanais e espertan gran interese nas crianzas. Os segundos, que poden sen de punto de algodón ou crochet, teñen o engadido do gusto 😉 Encántalles chupalos e mesmo os hai que se coñecen como “pezóns de tea”

Podes ver máis sobre xogo dos bebés na etapa 0-3, aquí.


Juego en los primeros meses

El espacio natural que el bebé espera ocupar en los primeros meses de vida (período de exterogestación) es el cuerpo de su madre. Ahí encuentra todo lo que pueda necesitar: calor, comida, protección, juegos … ¿Cómo deberíamos satisfacer las necesidades del bebé cuando no está en el regazo de la madre?

Es importante que profundicemos en algunas cuestiones básicas relacionadas con el movimiento, la percepción y las necesidades básicas de lxs niñxs en esta etapa.

 

– La posición natural del bebé en esta etapa, cuando está despierto y saciado, está acostado boca arriba sobre una superficie firme y horizontal. Esta posición te da la libertad de mover tus manos y pies, un ejercicio de coordinación visual-ocular que será crucial para lo que vendrá después.


No es necesario estimular el juego. El juego aparece solo. Es una actividad que aparece de manera espontánea, por voluntad propia y por mero placer.

– El bebé necesita sentirse seguro y tener todas las necesidades básicas cubiertas. Sentirse cuidado y valorado, en un ambiente tranquilo y preparado.

– Por sí solo, el bebé debe ser consciente de que puede decidir por si mismo, a qué jugar, cómo y por cuánto tiempo.

– La persona que acompaña al bebé debe estar presente, brindarle seguridad y resolver cualquier peligro o molestia que pueda experimentar el bebé.

– El adulto que acompaña al bebé debe crear el espacio de juego apropiado, libre de peligros y con el ambiente y los materiales apropiados para el escenario y las capacidades propias de la criatura.

No debemos colocar juguetes en sus manos. Hacerlo podría causar una relación de dependencia en la que el/la niña siempre estaría esperando que le entregáramos el juguete, perdiendo la noción de independencia, olvidando su capacidad de hacerlo sin ayuda externa.


Los primeros juguetes del bebé

Cuando se nos pregunta sobre el juego en los recién nacidos, siempre respondemos lo mismo: la voz de la madre y el padre, las caricias, las miradas, el movimiento, los sonidos del adulto que lo sostiene, los arrullos y las sonrisas … Estos son los primeros «juguetes» del bebé.

Más allá de esto, en las primeras semanas podemos ofrecer a los niños imágenes en blanco y negro. Pueden ser cajas de cartón o móviles con formas geométricas. La razón de ser de estos materiales es favorecer el desarrollo de la vista; acompañar la capacidad de enfocarse en objetos en movimiento y seguirlos con la mirada.


¿Y cuándo comenzamos a darles materiales externos?
Después de tres meses (aproximadamente) los bebés comienzan a descubrirse a sí mismos. Empiezan por sus manos; ven fascinadxs el movimiento sutil de sus dedos, se los colocan en la boca, los frotan contra ella … Por lo general, pensamos que esto es una señal de que los dientes comienzan a asomarse, pero lo que asoma es la capacidad del bebé para dirigir sus movimientos a voluntad.

Queda poco para comenzar a «querer atrapar». Sabemos que lxs niñxs están listos para jugar con elementos externos a ellxs porque muestran interés por lo que sucede a su alrededor: miran en la dirección de los objetos cercanos, estiran la mano o el brazo, mueven la cabeza… Empiezan a agarrar todo lo que pasa por delante: un mechón de cabello, nuestra blusa, una sábana … ¡lo que sea que puedan atrapar! Es el momento de presentarles materiales inofensivos y fáciles de manejar.
Paños
De organza o seda, de  crochet, de punto o de hilo de algodón…. Los pañuelos son elementos fáciles de manejar para lxs niñxs.

Las telas con cierto volumen son un gran primer juguete. La pedagogía Pikler recomienda lunares. Los contrastes de color fascinan a los niños de estas edades. Un paño con el tamaño de unos 35 cm * 35 cm será perfecto. Y si te gusta el crochet, puedes animarte a tejer uno. Los pequeños agujeros que quedan entre los puntos, hacen las veces de los topitos de los que habla Pikler; El trabajo manual es genial y el juguete mantendrá una gran  carga afectiva y emocional. Usa hilo de algodón 100%, sin blanquear o teñido con tinte vegetal.

Presentaremos la tela formando una pequeña montaña. No lo ponemos en su mano, si no que lo colocaremos cerca de él.

Bolas: Pikler o Montessori
En ambos casos, son adecuadas para bebés de 3 a 4 meses de edad. Ambos materiales tienen algunas características comunes: pueden emitir sonido, ruedan muy poco, son fáciles de agarrar …
La bola Pikler está hecha de filamentos de médula de junco entrelazados. La forma en que está hecha hace que sea muy fácil de agarrar. Solo con un dedo pueden manejarla y eso es algo realmente agradable en esta etapa. Es ligera y duradera, pero también muy flexible. Esta flexibilidad es lo que le permite poner huevos musicales (que entran pero no salen). Es un material que evoluciona con los niños: poner telas adentro, jugar a tirar …

La pelota Montessori está hecha de algodón y rellena de lana o poliéster. También muy fácil de agarrar, incorpora un sonajero en su interior.

Sonajeros fáciles de agarrar
Materiales ligeros, naturales y de sonido suave. Imprescindibles

Sobre Sonia López Sánchez

Son Sonia. Muller, nai e xornalista. Galega. Adiquei 15 anos da miña vida profesional á comunicación. Foi mentres estudaba xornalismo, moito antes de ser nai, cando comecei a investigar sobre cómo se paría en Galicia. Non me gustou o que atopei. Descubrín Gaia pouco antes de que nacera Lucas, e diso fai xa 6 anos. En Gaia atopei a miña forma de conciliar, criando aos meus fillo e filla mentras acompaño a mulleres que, coma min, resoan noutra forma de parir e críar, dende a consciencia e o respecto. Hoxe sei un pouco máis que entón de porteo, de xogo libre, de BLW, de partos respectados e do poderosas que somos as mulleres. E nese camino estamos. Dende a honestidade e a continua formación. Facendo tribo.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de