Elena Cacabelos Suárez
Son Elena.
De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti.
Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca.
O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día.
Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo.
Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender.
Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.
As mesas de luz son un dos mellores recursos de exploración e xogo que podedes ter na casa. É un material de aprendizaxe fascinante. Na mesa de luz todo se volve diferente. Os materiais adquiren unha nova dimensión e a mesa consegue provocar curiosidade e prolongar a concentración.. Aí van…
Seguir leyendo
Cando nos convertemos en pais/nais, unha das cousas que máis nos preocupa é a seguridade das nosas crianzas. Desinfectamos todas as esquinas, acolchamos as nosas casas, levámolos a parques seguros e asustámonos se intentan subir moi alto. Protexémolos e procuramos sempre a súa seguridade a toda costa. Pero entre tanta protección…
Seguir leyendo
O sexo das persoas está determinada xeneticamente. Son as características físicas, biolóxicas, anatómicas e fisiolóxicas dos seres vivos. O xénero é una construción social. A construción social ideal para cada xénero vai cambiando ao longo do tempo. O significado constrúese a partires da cultura, relixión e a educación da…
Seguir leyendo
Que é o primeiro que fan as nosas crianzas cando as deixamos tranquilas? XOGAR! Pero pasamos o día decíndolles: “parade quietas”, “deixade de xogar”, “xa andas a xogar coa comida?” O xogo parécenos algo secundario, de mero entrenemento. Xogar non nos merece consideración e sacrificámolo por calquera actividade. Todas son…
Seguir leyendo
A través do xogo as crianzas descobren quen son, como é o mundo, cales son as súas cualidades. É a súa maneira de canalizar o que pensan e sinten, de reforzar o que son, de probar e errar nun entorno seguro. Nestas pasadas semanas, moito nos teñen preguntado na tenda…
Seguir leyendo