O sexo das persoas está determinada xeneticamente. Son as características físicas, biolóxicas, anatómicas e fisiolóxicas dos seres vivos. O xénero é una construción social. A construción social ideal para cada xénero vai cambiando ao longo do tempo. O significado constrúese a partires da cultura, relixión e a educación da sociedade. E está constituído por un conxunto de ideas, representacións, prácticas e prescricións sociais, para simbolizar e construir socialmente o que considera propio dos homes e das mulleres.
A FAMILIA
A pesar de que nos pareza normal ver que as nenas e os nenos teñen temas e actividades de xogo diferentes, resulta esencial cuestionarse e analizar a influencia que o medio exerce sobre eles/as para que xurdan esas diferenzas.
As primeiras influenzas acerca do rol de xenero dánse na familia. As nais e os pais temos expectativas diferentes de comportamento para as nenas e os nenos. Mesmo antes de nacer podemos referirnos de forma diferente ou nun ton distinto dependendo si é unha nena o un neno. Tampouco se lles mercan os mesmos xoguetes ás nenas que aos nenos, nin se lles dan as mesmas oportunidades de xogo: xogos físicos para eles, xogos pasivos para elas.
As nenas e os nenos imitan comportamentos sesgados mentras xogan, xa que é o que observan nas persoas coas que interactúan.
O SECTOR DO XOGUETE
O sector do xoguete ten moito camiño por percorrer. Todavía atopamos utensilios de limpeza, cociñas e bonecas rosas, dirixidas ao público femenino; e ferramentas, coches, ou xogos deportivos dirixidos a un público masculino. Cando as crianzas percorren o lineal dun centro comercial, é evidente o papel que a sociedade espera que desenvolvan cada un deles. Isto inflúe nas nosas crianzas que se ven cohibid@s porque ás veces lles gusta algo, pero pensan: “isto non é para min”
Se condicionamos o xogo das nenas e nenos limitamos a súa creatividade, reprimímolos. O xogo é natural, é aprendizaxe, é búsqueda dun mesm@. Se só lles ofrecemos un tipo de xoguete e xogo, inhibimos a súa capacidade de inventar, de coñercerse, de recoñercerse. Os xogos simbólicos permiten representar o mundo interno das nenas e nenos. Construírse a si mesmos, a súa historia o seu presente, o seu futuro.
¿CÓMO FACER PARA DARLLES ÁS NENAS E AOS NENOS O ESPAZO, TEMPO E MATERIAIS SUFICIENTES E EQUITATIVOS A HORA DE XOGAR?
– Fagamos una reflexión profunda dos nosos pensamentos e dos nosos roles.
– Demos liberdade as nosas crianzas para escoller con que queren xogar.
– Acompañémos os intereses das nosas nenas e nenos.
– Ofrezamos material aberto, pezas soltas. Xogo non estructurado. Material inclusivo.
– Fomentemos o xogo igualitario e cooperativo.
Case todas diríamos rápidamente que non somos machistas, que educamos en igualdade. Pero máis aló de cores e de estereotipos, debemos profundizar no noso pensamento, nas nosas ideas preconcebidas, na nosa educación e na nosa sociedade. Demóslle ás nosas nenas e nenos unha crianza libre de prexuízos e esterotipos de xénero. Eles non nacen con diferenzas de xénero. Démonos a oportunidade dun mundo mellor.
“O xogo permítenos acceder a un novo eu que está moito máis en sintonía co mundo. Como o xogo consiste en experimentar novas conductas ou pensamentos, libéranos das pautas de conductas establecidas” Stuart Brown.