Nas vacacións aproveito para ler. Encántame e o certo é que ao longo do ano éme dificil atopar tempo para facelo. Inténtoo no traxecto do bus (cando vou soa :P) e polas noites (cando non caio rendida na primeira folla…). E canto máis leo, máis convencida estou do que necesitan as crianzas necesitan: TEMPO LIBRE, TEMPO DE XOGO.
Pasamos os días indicándolles como teñen que facer as cousas e estruturando o seu tempo. Pero, cómo han aprender a utilizar o «seu» tempo se nunca lles deixamos dispor del? Cómo descubrirán entón os seus intereses? Se esperamos que se convirtan en adolescentes responsables, creativos, que tomen decisións correctas e maduras, teremos que deixar que vaian practicando durante toda a infancia: toma de decisións, asumindo a posibilidade de atinar ou errar, nun entorno seguro.
Deixar que tomen decisións axuda a reforzar a súa autoestima, e ademáis é un bo xeito de que aprendan por sí mesmas o que lles gusta.
Se teñen tempo poderán desconectar, descansar, imaxinar… Poderán aburrirse para explorar o mundo, crealo e inventalo do xeito que máis lles preste.
As nosas axendas imposibles e o medo a que as nosas nenas/os se queden atrás na aprendizaxe, fainos cubrir o seu tempo con actividades dirixidas. Todo nos parece importante: a música, as artes, as linguas, as matemáticas, o futbol, a piscina… E cando non están no cole están en actividades extraescolares. Entón, cando xogan? Haberá quen diga: «Xogan cando van ao entrenamento de futbol» Pero iso non é xogar. Xogar sería que, por iniciativa propia colleran un balón e empezaran a movelo. O outro é unha actividade organizada por adultos para ocupar o tempo das crianzas.
Pensamos sempre no futuro, educámolas para o futuro, e o presente? Angela J.Hanscom fala no seu libro Descalzos e felices de que as crianzas deberían de ter, polo menos, tres horas ao día de xogo ao aire libre. Canto tempo de xogo teñen en realidade? E canto dese tempo o pasan ao aire libre?
A falta de xogo é a responsable de moitos problemas de coordinación, falta de atención, falta de forza, torpeza, hiperactividade, mala integración sensorial, agresividade, dificultade na lectura… As nosas fillas/os pasan demasiado tempo co movemento restrinxido.
Por iso, xogar ao aire libre xenera un desenvolvemento saudable sensorial e motor. Deste modo, desenvolven un sistema músculo-esquelético e sensorial saudable. Estas serán as bases das competencias físicas e intelectuais máis complexas a medida que medren. Necesitan xogar para a maduración infantil a tódolos niveis.
Queremos que as nosas nenas/os estén quietas e se concentren?
Queremos que as nosas nenas/os teñan pensamento crítico?
Queremos que as nosas nenas/os alcancen boas competencias na escola?
Queremos que as nosas nenas/os teñan confianza en sí mesmas e alta autoestima?
Queremos que as nosas nenas/os sexan creativas?
Queremos que as nosas nenas/os medren saudables?
Deixemos que teñan tempo libre, que xoguen, e se é na natureza moito mellor.
Na natureza aprenden a correr riscos, solventar medos, regular emocións e inventar mundos imaxinarios. Poñen as súas normas e establecen os seus límites. Atopan os desfíos que necesitan para medrar ao seu ritmo.
As crianzas necesitan mancharse, saltar, trepar, correr, balancearse, imaxinar, necesitan XOGAR¡
“Os nenos e as nenas non xogan para aprender, pero aprenden porque xogan”
Jean Piaget