Por que é importante o risco no xogo?

Cando nos convertemos en pais/nais, unha das cousas que máis nos preocupa é a seguridade das nosas crianzas.

Desinfectamos todas as esquinas, acolchamos as nosas casas, levámolos a parques seguros e  asustámonos se intentan subir moi alto. Protexémolos e procuramos sempre a súa seguridade a toda costa. Pero entre tanta protección conseguimos xusto o efecto contrario: @s nos@s fill@s medran e vólvense insegur@s pola nosa hiperprotección.

As crianzas deben asumir riscos. E cando falamos de asumir riscos non nos referimos a poñer en perigo a vida d@s nos@s fill@s, se non que poidan exercitarse fisicamente, coñecendo as súas capacidades e as limitacións do seu corpo; podendo experimentar o medo e a seguridade. Deste modo, @ nen@ é consciente das súas limitacións pola súa propia experiencia e non a través do medo do adulto, e pode aprender a  tomar decisións sobre o risco por si mesm@ e con coñecemento.

Acción como subir polas pedras, trepar unha árbore, ir a casa dun amigo en bicicleta… van beneficiar un desenvolvemento físico e emocional saudable. Cando damos a oportunidade de correr riscos damos as ferramentas para evitar os perigos. Por exemplo, experimentar a sensación de caer. Permitiralles aprender a facer as adaptacións motoras necesarias, como transferir o peso do corpo na bicicleta para deixala caer ou poñer  a man diante para protexer a cara dunha caida. Os adultos non podemos ensinar ás crianzas a facer as adaptacións necesarias, deben aprender a través de experiencias reais.

En vez de fuxir dos riscos debemos deixar que as crianzas experimenten un risco gradual para que desenvolvan as competencias físicas esenciais que precisan para manterse seguras.

Se os pais e nais nos adiantamos constantemente aos seus análises, “vas caer”, “vas romper a cabeza”, “iso é perigoso”, non só conseguimos xerar inseguridade non nos@s fill@s, se non que impedimos que analicen as situacións por si mesmos, podendo poñer a súa vida en perigo serio cando un adulto non vixía.

Ademáis se freamos a súa necesidade  de movemento poden presentar déficits sensoriais ou problemas no sistema vestibular.

As crianzas buscan instintivamente os riscos, porque:

  • Permítelles superar desafíos físicos e fortalece os seus sentidos.
  • Gañan en seguridade, confianza e resiliencia.
  • Axúdalles a  superar medos e ansiedades.
  • Constrúen unha personalidade forte e sa.
  • Poden fallar e cometer erros, permitíndolle no futuro non ter medo a tomar decisións.

 Como acompañar as crianzas no risco

  • Saíde a xogar á natureza. Posúe todos os elementos necesarios.
  • Podedes elexir sitios que coñezades ben, ou espacios da vosa infancia, daravos seguridade. Se non, supervisade a zona onde xogan para asegurarvos de que non existen perigos.
  • Diferencia os teus medos dos deles. E se hai algo que pode máis ca ti, explícallo: “Eu teño medo”, “ A min dame medo”. Deste modo poderá entender que é un medo persoal da persoa que o acompaña, un límite persoal, non unha incapacidade del.
  • Considera á túa crianza capaz. Así que si non pode subir ou trepar algún sitio, é que ainda non está preparado. É un bo xeito de aprender sobre os seus propios límites.
  • Déixalle autonomía para decidir. Se adquirimos dende pequenos unha maior capacidade para evalúar correctamente as consecuencias  de calquera decisión, incrementamos a cofianza e a seguridade en nós mesm@s.
  • Explica ás túas crianzas  os posibles perigos: insectos, animais salvaxes, plantas comestibles e velenosas, que facer si se perde…

Déixovos un enlace sobre un estudio feito por Ellen Sandseter, profesora da Universidade de Queen Maud en Trondheim, Noruega, identificando seis categorías de perigos que soen atraer @s máis nov@s

E outra lectura ben interesante. Neste caso un libro: “50 cosas peligrosas que deberías dejar hacer a tus hijos” que nos permite reflexionar sobre os perigos. Ten 50 fichas en forma de experimento que inclúe as cousas que @s nen@s necesitan e o seu grado de dificultade e perigo.

 

 

Así que, xa sabedes. Trepade, bailade, rodade por unha costa, chapuzade, subide a unha árbore…..Arriscádevos!!

Gozade do risco con el@s!!

 

Sobre Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de