Preguntas frecuentes sobre porteo

Pode ser que queirades portear pero que teñades algunhas dúbidas sobre o que é cargar á vosa crianza nun portabebés. A continuación, algunhas das preguntas que máis nos soedes plantexasr.

Cando podo empezar a portear?

Dende o nacemento.

Teu bebé necesita ser levado, é unha necesidade vital. O porteo daralle seguridade e a vós devolveravos as mans. Para facelo con garantías, elixe o portabebés que mellor se axuste ás necesidades de teu bebé (fular, bandoleira, mochila evolutiva…) e busca asesoramento. Un portabebé ergonómico axeitado, sempre respectará a postura fisiolóxica d@ bebé e garantizará o seu benestar e a túa comodidade.

Teño tendencia a sufrir dores de espalda, podo portear?
Si, podes e sería moi recomendable que o fixeras.

O uso dun portabebé ergonómico permitirá integrar o peso do bebé co centro de gravidade do porteador. Isto ten que ver co feito de que o peso se reparte entre cadeiras e ombros de forma que a musculatura do tronco responde dun xeito máis equilibrado. Un bebé en brazos, a plomo, obriga a que cambiemos a nosa postura óptima e carga de peso brazos, espalda, cadeiras e pescozo. Cando porteamos, o peso do bebé sopórtao toda a tea, repartíndose de forma homoxénea  e axeitada por todo o noso tronco.

Un mesmo portabebés vale para más dunha persoa?
Normalmente, os portabebés poden axustarse sen problema a distintas alturas e complexións. Porén, hai algúns que teñen máis percorrido e que poderedes empregar sen problema por moi distintos que sexan os vosos corpos. Polo xeral, os fulares dan unha horquilla moi ampla e, se eliximos a talla axeitada, axústaranse ben a calquera complexión.

Que non debo facer mentras porteo?
Actividades que supoñan un risco para @ bebé porteado

Sentido común. Algo que non farías durante o embarazo por resultar riscoso para ti e para @ bebé, tampouco o deberas facer porteando. Un bebé no ventre materno está moi protexido, moito máis que cando é portead@. Así que andar en bicicleta, patinar, montar a cabalo… convértense en actividades de risco. Por suposto, no coche @ bebé sempre viaxará no sistema de retención infantil axeitado. No caso de empregar o transporte público, soe ser máis cómodo portear diante que ás costas. Se viaxas c@ bebé diante, colócate no sentido contrario á marcha do vehículo. En caso de frenazo, teu corpo absorberá o impacto.

Cal é  mellor portabebés
Todos e ningún.

Partindo da base de que o mellor portabebé será sempre ergonómico, O MELLOR será aquel que cubra as vosas necesidades e ás d@ vos@ bebé en cada momento. Unha mochila preformada pode ser a mellor opción se tes un bebé de 6 meses e queres algo confortable para portear durante periodos medios/longos; pero será unha mala opción se o que queres é levar ao teu bebé recén nacido. É importante que saibades que non hai un que se adapte á perfección a todas as etapas e momentos nos que ides portear. A nosa suxerencia é que busquedes o que necesitades en cada momento. Para iso, falade cunha asesora que poida descifrar o que necesitades e que vos axude a sacar todo o partido á opción que elixades.

Durante canto tempo vou portear?
Empregando os portabebés axeitados, durante moito tempo.

Sempre que iso sexa o que @s dúas queirades. Respecta as necesidades da túa crianza. Déixaa camiñar cando o necesite e súbea á mochila cando cho demande. Trátase de que o porteo vos axude no día a día, non que sexa unha obriga nin algo latoso para vós. Pasaredes por moitas fases: os primeiros meses portearedes durante horas, todos os días. A partir de que comezan a camiñar, a cousa cambiará. Irase espaciando a frecuencia e pasaredes a empregar o porteo como ferramenta cando a crianza queira colo.

E tanto colo, non será malo?
Non, non é malo. É moi beneficioso.

Cando un bebé nace, precisa contacto. É un mecanismo instintivo que garantiza a súa supervivencia. Levalos no colo axúdaos a medrar como persoas fortes, seguras e autónomas. A quedarse no berce  é ao que se acostuman, resignad@s. Canto máis colo lles deamos, máis independentes medrarán porque saberán cubertas súas necesidades básicas de afecto e coidado, ás que lles permiten lanzarse a descubrir o mundo con tranquilidade.

E no verán… Non dan demasiado calor? 

O feito de estar pegados un a outro é o que nos dá máis calor. Evitaremos estar pel con pel, empregaremos un fío de tecido orgánico e transpirable entre os nosos corpos. Cando son portead@s, @s bebés son capaces de regular antes a súa temperatura.

E no inverno…. Non pasan frío?

Regulamos a súa temperatura coa nosa, así que se ti non tes frío el/ela non o terá. Cóidate de cubrirlle a cabeza e os pés. Se fai moito, moito frío ou estades nunha zona na que chova moito, un abrigo ou cobertor de porteo será unha magnífica inversión. Garantizado!! Portear en inverno mola, pero hai algunhas consideracións a ter en conta para facelo ben.

Non van demasiado apretad@s?

Os portabebés tradicionais manteñen a postura que, de xeito natural, adopta @ bebé. Ven de sair do útero, dun espazo moi reducido no que permanecía en posición fetal, coas súas pernas flexionadas e a súa espalda arqueada en forma de C. Esa é a posición que ten @ bebé cando o tes no colo e é a que debe manter dentro do portabebés. Esta é a razón de que parezan «apretados». En realidade é o xeito seguro de portear

Sobre Sonia López Sánchez

Son Sonia. Muller, nai e xornalista. Galega. Adiquei 15 anos da miña vida profesional á comunicación. Foi mentres estudaba xornalismo, moito antes de ser nai, cando comecei a investigar sobre cómo se paría en Galicia. Non me gustou o que atopei. Descubrín Gaia pouco antes de que nacera Lucas, e diso fai xa 6 anos. En Gaia atopei a miña forma de conciliar, criando aos meus fillo e filla mentras acompaño a mulleres que, coma min, resoan noutra forma de parir e críar, dende a consciencia e o respecto. Hoxe sei un pouco máis que entón de porteo, de xogo libre, de BLW, de partos respectados e do poderosas que somos as mulleres. E nese camino estamos. Dende a honestidade e a continua formación. Facendo tribo.

No se admiten más comentarios