Coleo ergonómico, coleo seguro

Se vas ter un bebé e vas querer colear, hai algunhas consideracións que deberas ter en conta á hora de elixir un portabebés. A primeira é que o portabebés que elixas deberá respectar as características anatómicas e funcionalidades do teu bebé. Respectará a súa posición fisiolóxica e será quen de axustarse ao corpo do bebé, sexa cal sexa a etapa evolutiva na que se atope.

Capaz de manter a postura fisiolóxica da crianza. Un bo portabebés será o que permita que @ bebé manteña a súa posición «ranita», respectando a curvatura natural da súa espalda (en cifosis total no momento do nacemento). É fácil saber cal é se pensamos no posición que adoita ter @ bebé no útero xusto antes de nacer. O seu corpo aparece pechado sobre si mesmo en posición fetal.

  • Espalda redondeada en forma de C. Unha curvatura correcta garantiza que a cabeza non se «descolgue» cara atrás. A curvatura da súa espalda irá evolucionando parella ao desenvolvemento motriz da crianza.
  • Pelve basculada ou en retroversión. A espalda en forma de C, garantiza unha correcta colocación da pelve. O periné apoia lixeiramente sobre o ventre da persoa que colea. Deste xeito asegurámonos do correcto desenvolvemento das articulacións das cadeiras.
  • Pernas en forma de M. Xeonllos máis altos que as nádegas. Pernas flexionadas sobre si mesmas.
  • Mans preto da súa boca.

Aspectos a ter en conta á hora de escoller un bo portabebés?

Adaptabilidade. O portabebés debe estar feito de materiais suaves e maleables, que dean bo soporte e repartan ben o peso. Non deben ter partes ríxidas que impidan que asente correctamente sexa cal sexa a complexión do coleador. E, moi importante, deben poder axustarse sen axuda doutra persoa.

Axuste. Adaptarase á morfoloxía e características da crianza. Farao de forma que @ bebé quedará completamente pegad@ ao peito do coleador. Deste xeito, asegurámonos de que ten a tensión que precisa para manter a posición erguida e quen colea non correrá o risco de perder o equilibrio pola folgura que puidera existir entre o corpo de ambos.

No caso de recén nacid@s, esta tensión é moi importante para garantir que as vías respiratorias permanezan despexadas. Demasiada folgura provocará que a espalda do bebé, que carece dunha musculatura desenvolvida, se redondee en exceso. Nese caso, o seu queixo podería bater no seu peito, provocando obstrución na tráquea e impedindo a a correcta entrada de aire.

A medida que a crianza medra, e se desenvolve a súa musculatura e capacidade motriz, a altura á que poderá chegar o panel do portabebés (sexa fular ou bandoleira) irá variando, pero o axuste deberá manterse firme.

Altura á que debe chegar o portabebés:

  • ata a caluga (0-6 meses),
  • ata os ombros (a partir dos 6 meses),
  • a metade de espalda (cando xa é quen de manterse ergid@ por si mesm@ e quere empezar a descubrir o mundo),
  • como asento (para nen@s xa grandes que precisan só un apoio para sentarse)

Altura correcta. No caso de bebés recén nacid@s, será a que sitúe as súas nádegas por riba do embigo de quen portea permitindo que a cabeza quede á altura dun bico. A altura é importante tamén para que a persoa que portea non vexa desprazado o seu centro de gravidade. A medida que o bebé vai medrando, iremos baixando á altura do portabebés.

Bo apoio para a cabeza. A cabeza dun recén nacido representa o 25% da súa masa corporal. O pescozo do bebé non pode sorter ese peso por iso é importante garantir un bo apoio. O corpo humano funciona como un engranaxe perfecto: unha espalda redondeada e unha pelve basculada son garantía para que a cabeza do bebé repouse sobre o noso peito. O portabebés ofrecerá sostén cando o precisemos, por exemplo cando o bebé quede durmido, podendo extenderse polo menos ata a altura das orellas.

Medra co bebé. O portabebés que elixamos, debera ir medrando a medida que o fai a crianza. Pero non nos enganemos, todos os portabebés teñen unha vida útil limitada e por moito que as marcas se empeñen no «eu máis» todos acaban coxeando, antes ou despois. Excepto no caso dos fulares ou bandoleiras, desconfiade das marcas que queren abarcar longos periodos de tempo. Se axustan ben nos 3kg, dificilmente conseguirán un axuste óptimo nos 20kg. Así que si, os portabebés teñen que medrar e, dependendo de modelos, materiais…, seranvos confortables entre 6 meses e 2 anos.

De cara ao coleador/a. A rexión abdominal d@ bebé debe estar en contacto co corpo de quen portea, nunca o costado ou as costas.

Posición incorrecta

Mirar cara ao frente provocará:

  • Incorrecta posición de espalda e cadeira.
  • Ao ir colgado do pube, todo o peso recae sobre os xenitais e a zona lumbar. De aí reciben o nome de «colgonas» co que popularmente se lles coñece.
  • Dificultade para regular a temperatura d@ bebé.
  • Non hai forma de suxeitar correctamente a cabeza d@ bebé.
  • Provoca unha sobre excitación e sensación de perigo innecesaria.
  • Non reparten o peso de forma axeitada.
  • Ao non levar o peso do bebé ben integrado, aumenta o risco de caídas.

As marcas que fabrican as coñecidas como mochilas «colgonas» soen ofrecer a posibilidade de colocar ao bebé mirando cara ao porteador. Porén, son portabebés incapaces de dar as crianzas o axuste que realmente necesitan.

En resumo, non todas as opcións que atopamos no mercado serán unha boa opción para colear. Por simplificar moito, a homologación nas mochilas serve para garantir que, se seguimos todas as indicacións do fabricante, a crianza non vai caer do portabebés. Nada máis. O mercado non homologa a ergonomía dos portabebés, así que ás familias que queren portear con seguridade non lles será doado dar co portabebés ideal para elas. 

Non hai un único «portabebés perfecto». Cada un ten o seu momento de acordo ás necesidades de quen portea e d@ bebé portead@. A mellor forma de atinar co teu portabebés é achegarte a un lugar onde te poidan asesorar, onde escoiten como é o teu día a día e poidas probar as mellores opcións para vós e @ vos@ bebé.

E se xa tes un portabebés porque cho regalaron, ou o herdaches, non dubides en achegarte a un centro especializado onde che poidan asesorar sobre como empregalo correctamente

Sobre Sonia López Sánchez

Son Sonia. Muller, nai e xornalista. Galega. Adiquei 15 anos da miña vida profesional á comunicación. Foi mentres estudaba xornalismo, moito antes de ser nai, cando comecei a investigar sobre cómo se paría en Galicia. Non me gustou o que atopei. Descubrín Gaia pouco antes de que nacera Lucas, e diso fai xa 6 anos. En Gaia atopei a miña forma de conciliar, criando aos meus fillo e filla mentras acompaño a mulleres que, coma min, resoan noutra forma de parir e críar, dende a consciencia e o respecto. Hoxe sei un pouco máis que entón de porteo, de xogo libre, de BLW, de partos respectados e do poderosas que somos as mulleres. E nese camino estamos. Dende a honestidade e a continua formación. Facendo tribo.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de