Tipos de portabebés

Facendo un resumen moi básico poderíamos falar de 5 tipos de portabebés ergonómicos distintos: fulares elásticos ou semielásticos, fulares tecidos ou ríxidos, bandoleiras, mei tais e mochilas ergonómicas.

Imos facer unha aproximación aos portabebés ergonómicos que podes atopar no mercado, coas súas características e peculiaridades. Á hora de decidirvos por un ou outro, teredes que ter en conta principalmente dúas variables: o tamaño-idade da vosa crianza e as necesidades básicas que esperades cubrir.

 

FULAR ELÁSTICO OU SEMIELÁSTICO

  • Pode ser máis ou menos elástico en función dos materiais cos que estea elaborado. Os semielásticos están tecidos con fibras naturais como algodón, cáñamo ou bambú. Convírtense en elásticos ao engadirlles algún tipo de elastano, licra ou similiar (entre un 5% e un 8%, normalmente)
  • Tempo de uso: dende o nacemento ata os 9 kilos (aprox). A elasticidade fainos confortables mentras @ bebé é pequeniñ@, pero a medida que aumenta o peso, empezan a resultar un pouco máis incómodos. Comezarán a botar e cada vez será máis  dificil conseguir un bo axuste.
  • Axuste preanudado. A cruz envolvente é o nudo máis habitual neste tipo de fulares. Fácil de facer e moi eficaz para conseguir un bo axuste.
  • Indicado para empezar a portear. É económico e cubre as necesidades dos primeiros meses con garantías.
  • Dende o nacemento.

 

FULAR TECIDO OU RÍXIDO

  • Podemos atopalos de moitísimos materiais: algodón, cáñamo, liño, lá, bambú, seda, mestura de varios materiais… Preséntanse tecidos de formas diversas (sarga, jacquard, gasa…). A forma na que están elaborados, fai que teñan unha lixeira elasticidade en diagonal.
  • O fular tecido é o más versátil de todos os portabebés que atoparedes no mercado, e iso básicamente quere dicir que é un dous poucos que podemos empregar dende o nacemento ata que vos cansedes de portear.
  • Axuste: hai infinidade de nós que se axustan á perfección á fisioloxía do bebé, respectando a súa posición «ranita» e dando o soporte óptimo punto por punto.
  • Indicado para familias con experiencia en porteo. Calquera se pode lanzar cos fulares tecidos, pero o feito de que o axuste se faga sobre  bebé provoca certas reservas nos pais e nais que e achegan por primeira vez ao porteo. Para facelo con garantías, unha asesoría podería resultar unha boa opción. Aprenderedes algúns nós básicos e asegurarédesvos de que lle proporcionades o axute indicado.
  • Dende o nacemento.

BANDOLEIRA

  • Elaborada en tea de fular. Nun dos extremos incorpora un par de arandelas de aluminio que nos facilitan o axuste.
  • Pódese empregar con garantías dende o nacemento pois é posible dar o axuste que un bebé recén nacido precisa. Irase adaptando ás necesidades d@ nos@ fill@ a medida que vaia medrando.
  • Axuste: É un portabebé lixeiro e doado de axustar. Só teremos que fixarnos que a tea estea ben repartida dentro das arandelas para coseguir un bo axuste, punto por punto, ao longo de toda a espalda d@ bebé.
  • É un portabebés comodín. Vale para tódas as idades e pode sacarnos dun apuro en calquera ocasión. Se vas facer unha camiñata de 2 horas cun bebé de 1 ano, quizáis non sexa o máis axeitado, pero como «colo rápido» funciona de medo. Existen versións aínda máis lixeiras que se fan con malla perforada e se empregan moito en verán. Son unha boa solución para praias e piscinas, porque secan moi rápido, pero non son a bandoleira ideal no que a soporte se refire.
  • Dende o nacemento.

MEI TAI

  • Consta dun panel cadrado e de catro extremos que se axustan para dar apoio ao bebé: dous atan á cintura e dous axústanse na espalda.
  • Os que mellor axuste conseguen son os evolutivos (que van medrando a medida que o fai @ nen@) feitos en tea de fular. O tecido é moio dúctil así que é moi sinxelo conseguir un bo axuste e que resulte cómodo para quen portea
  • Axuste: Dúas das bandas axustan anudadas na cintura (ou sobre a cadeira, dependendo do tamaño d@ bebé portead@). As outras dúas, pasan sobre os ombros e cruzan nas costas ao tempo que se van tensando. As bandas quedarán ben repartidas pola espalda para rpartir o peso de forma homoxénea.
  • Un portabebés que, se é avolutivo, dará un axuste razonablemente bo en nen@s e nen@s pequenas. Ainda que non se consegue unha tensión punto por punto, si é doado acadar un axuste que garantice a posición fisiolóxica do bebé. Non require de moito tempo de aprendizaxe.
  • Hai modelos que axustan ben a partir dos 3 meses.

 

 

MOCHILA: EVOLUTIVAS E PREFORMADAS (DE PANEL FIXO OU AXUSTABLE)

  • Tradicionalmente a mochila non se empregaba ata que @ bebé acadaba a posición sentada por si mesm@. Tradicionalmente, este tipo de mochilas, adáptabanse correctamente ao corpo de quen porteaba pero non daban bo axuste no caso de nenos e nenas de menos de seis meses.
  • Cada vez máis, atopamos mochilas que nos permiten regular o panel en ancho e alto, facéndoo máis ou menos grande segundo as necesidades d@ bebé portead@. Deste xeito, bebés recén nacidos poden ser levad@s nestes portabebés garantizando unha boa postura (pernas M, espalda en C)
  • Poden atoparse en tea fular e tamén en loneta de algodón, con paneis fixos ou variables.
  • En común soen ter cintos e tirantes anchos e ben acolchados. As tipo BABY permítennos portear  comodamente a nenos e nenas ata 15 kilos. A partir de aí, se seguimos porteando, o corpo estaranos pedido a berros unha toddler (a partir de 18 meses e ata 25 kilos
  • Hai modelos que axustan ben dende o nacemento e outros que precisan que o bebé teña 3 meses (aprox) para darlle o axuste que precisan.

 

 

Non hai un portabebés perfecto. Todos eles poden selo se sabes cando e como empregalos. Cada un ten o seu momento. Busca quen te asesore, proba, proba e reproba. E despois, elixe o teu.

Acerca de Sonia López Sánchez

Soy Sonia. Mujer, madre y periodista. Gallega. Dediqué 15 años de mi vida profesional a la comunicación. Fue mientras estudiaba periodismo, mucho antes de ser madre, cuando comencé a investigar sobre cómo se paría en Galicia. No me gustó lo que encontré. Descubrí Gaia poco antes de que naciera Lucas, y de eso hace ya 6 años. En Gaia encontré mi forma de conciliar, criando a mis hijo e hija mientras acompaño a mujeres que, como yo, resuenan en otra forma de parir y criar, desde la consciencia y el respeto. Hoy sé un poco más que entonces de porteo, de juego libre, de BLW, de partos respetados y de lo poderosas que somos las mujeres. Y en ese camino estamos. Desde la honestidad y la continua formación. Haciendo tribu.

Comentarios cerrados.