Adoita ser ao redor dos seis ou sete anos cando a nena e o neno aprenden a ler e comezan a comprender o paso dos meses no calendario. Ata ese momento, o concepto tempo é algo sumamente complexo para elas.
As crianzas na etapa infantil (ata os 6 anos) non entenden o concepto do tempo como o entendemos as adultas: viven no presente, non se plantexan o futuro e tampouco teñen conciencia de vivir un tempo pasado. Por iso, para elas é tan difícil entender como transcorre o tempo.
Piaget, pai da psicoloxía evolutiva, expón que as nenas e nenos entenden o tempo en tres etapas distintas, segundo a súa idade:
Tempo vivido (entre os 0-6 anos): as nenas e nenos van construíndo o concepto do tempo segundo as súas propias experiencias vividas (hora para comer, de bañarse, de durmir, de ir á escola…). Ao principio, esta percepción do tempo non terá ningún tipo de orde nin secuencia, pero aos poucos irán comprendendo que rutinas van antes e despois, ou que ocorreu onte e que toca facer mañá.
Tempo percibido (entre os 6-12 anos): nesta etapa as nenas e nenos xa empezan a comprender o concepto do tempo mediante a observación e os instrumentos que se utilizan para medir, como o reloxo, o cronómetro, o calendario…
Tempo concibido (entre os 12-16 anos): nesta etapa xa comezan a comprender o tempo como un concepto abstracto e mental. Pódeno ademáis aplicar, por exemplo, ao estudo das matemáticas e a historia.
Se queredes ampliar información sobre este tema, podedes consultar o artigo Espazo e tempo en Educación Infantil (Fuster, 2009).
Se atendemos á teoría de Piaget, podemos entender por que expresións como “dentro dun intre”, “a semana que vén”, “o ano pasado”, “o próximo verán”… evocan conceptos imposibles de comprender para nenas e nenos na etapa de educación infantil.
Materiales que ayudan a comprender el concepto tiempo
Existen recursos que axudan a comprender e traballar o concepto tempo en función da etapa e as capacidades das crianzas. Estas son algunhas das que vos propoñemos desde Gaia:
Calendarios de inspiración Montessori e Waldorf
Material manipulativo que axudará ás nenas e nenos a comprender o paso dos días, as semanas, os meses e mesmo o cambio de estacións. En Gaia, atoparás catro calendarios con estas características:
O calendario anual circular de Grimm’s
É un calendario visual e manipulativo co que poderemos mostrar ás nenas e nenos o paso do tempo dunha forma vivencial. A forma circular que posúe fai que as crianzas poidan apreciar o paso do tempo de forma acumulativa podendo interiorizar máis facilmente o tempo pasado, presente e futuro. Se queredes máis información sobre este material e o seu funcionamento, botade un ollo a esta entrada no noso blogue.
O calendario permanente de FIZZIDEAS
Un calendario circular permanente que se basea na Educación Cósmica de María Montessori e na pedagoxía Waldorf, ao igual que o anterior. Este calendario permanente é un material completísimo para entender o concepto tempo, un concepto abstracto pero intimamente relacionado coa nosa cultura e sociedade. Podedes ver aquí un vídeo explicativo.
Moito máis sinxelo que os anteriores, con este calendario axudamos ás nenas e nenos a entender o paso do tempo a través da súa experiencia. Manipular o paso dos días, (grazas aos números grabados nos cubiletes), o transcurso dos meses (representados polos nins), das estacións (nas cores asociadas a cada época do ano), descubrir o tempo como algo cíclico, que sempre volve… Este calendario é de fabricación artesanal, está feito en Cataluña e grabado en galego.
Calendario semanal 7 Lúas de Grapat
Material para experimentar o ritmo cíclico semanal. As crianzas asociarán cada día coa súa cor, e desta maneira poderán entender o paso dos días. Cada día que comeza, a persoaxe sae do seu cubilete e saúda ao sol.
Reloxos e outros recursos para o día a día
Non só os calendarios nos axudan a comprender o paso do tempo xunto ás nosas crianzas. Existen outros materias de gran utilidade no día a día que nos serven para marcar periodos (máis ou menos longos) e axudarnos coas rutinas diarias (lavar os dentes, almorzar…)
Reloxos de area: é unha ferramenta moi práctica e visual para medir tempos curtos, como, por exemplo, o tempo que deben estar cepillándose os dentes para conseguir unha hixiene adecuada.
Reloxo manipulativo de FIZZ IDEAS: un reloxo manipulativo co que poderemos aprender como se estrutura o tempo de maneira moi visual e clara. O reloxo inclúe un mecanismo real que, unha vez aprendido o funcionamento do tempo, permite converter o material nun reloxo completamente funcional. Podedes ver aquí un vídeo explicativo.

- As cancións: de media, unha canción ten unha duración aproximada de tres minutos, polo que cando realicen algunha actividade que require pouco tempo (vestirse, preparar o xantar do cole, recoller os xoguetes…) podemos utilizar como medida figural as cancións para guialos. En Gaia temos unha coidada selección de libro-disco que vos vai encantar.

- Contos de rutinas: en Gaia propoñémosvos este libro de fotografías de Nowordbooks con imaxes reais das rutinas e hábitos das máis pequenas. Para que nenas e nenos se familiaricen coas actividades máis comúns do día a día. Na páxina da esquerda móstranse os obxectos ou elementos necesarios para a actividade, e na da dereita a actividade en si mesma. Inclúe fotos de xogo (portada), lavarse as mans, cepillarse os dentes, peitearse, comer e durmir.

- Contos estacionais: este tipo de libros reforzan as vivenzas das crianzas na natureza e axúdanlles a entender o momento no que se atopan. Temos unha entrada no blogue onde podedes ver a selección que fixemos para a primavera. Os que vos mostramos nesta imaxe son os que eliximos para o verán.












