Fai un ano, a nosa Plataforma de Actividades púxose en marcha!
O confinamento foi o clic, o interruptor que precisabamos para lanzar ó mundo un recurso que facía moito tempo que tiñamos en mente. Tiñámolo todo: boas profes, un montón de alumnas, anos de experiencia en actividades para embarazo, posparto e bebés… E non podíamos quedarnos paradas, queriamos seguir acompañándote na maternidade e a crianza.
Deseñamos a Plataforma e, nós mesmas, coa nosa Miriam á cabeza, creámola. As nosas compañeiras de sala adaptaron as súas clases presenciais a formato web en tempo récord. O resultado foi incrible.

En quince días estabamos no aire con recursos valiosos e con todas as facilidades para as usuarias/os. Sen matrícula, sen periodo de permanencia, con liña directa coas facilitadoras e novos contidos cada semana. Con materiais en directo e pregrabados, contidos adicionais para ler e escoitar…, adaptados á nova situación que nos tocaba vivir e sen perder nin unha pizca de cercanía.

Agora que se cumpre un ano queremos celebrar contigo este novo punto de encontro virtual para a maternidade e a crianza que converteuse na mellor forma de vernos e escoitarnos aún a kilómetros de distancia.

REGALÁMOSTE UN MES GRATIS NA ACTIVIDADE QUE ELIXAS PARA TI E PARA A PERSOA COA QUE COMPARTAS ESTA PROMOCIÓN A TRAVÉS DE INSTAGRAM. E ademáis, se eres a elixida e estás suscrita ó noso boletín levas ACCESO ILIMITADO DURANTE 3 MESES A MASAXE E XOGO SENSORIAL.
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR
- Vai ó noso Instagram e contámosche como participar.
- Podes facelo ata o día 31 de marzo ás 23:59h
- O día 1 de abril contactaremos coa/as persoas gañadoras a través de Instagram ou Facebook.
SORTE!!!







