A luz como escenario de xogo

Dende o ventre materno xa somos quen de percibir a luminosidade do exterior. O descubrimento do mundo está ligado ao descubrimento da luz. A mirada da nai, o propio corpo, o corpo dos outros… A maxia da luz aparece de repente, como unha sombra ou un raio de sol na parede. A luz natural é un extraordinario material para traballar dende os primeiros meses cos nosos bebés. Pero hai moitas oportunidades de introducir a luz no xogo das crianzas.

Que conseguiremos se introducimos a luz no xogo?

O primeiro que obteremos é unha dimensión nova no xogo. Fai este exercicio mental: fai unha construción con bloques de madeira preto dunha parede. Agora apaga a luz. Enfoca a construcción cunha linterna ou un flexo. Xoga coa distancia, o ángulo, a intensidade… Observa o que acontece.

Se lle damos á luz un novo valor, dunha forma lúdica descubrirán e entenderán o seu comportamento. Conceptos complexos como a propagación da luz, reflexión e refracción, descomposición da luz… serán doados de entender dende a experiencia vivida a través do xogo e o descubrimento autónomo, sempre nun contexto de libre exploración.

Traballando cun foco de luz concreto, como pode ser unha mesa de luz, centramos a atención d@ nen@ nunha cousa, facilitando a atención focalizada. Esto será realmente útil cando queiramos introducir novos conceptos, ou traballar a concentración.

A actividade con luz ten algo de entretemento, de ciencia, de creatividade, de arte…  Unha actividade aberta, global e integradora. A luz ben empregada ten a capacidade de transformar obxectos cotiás. Os obxectos máis simples convírtense en fantásticos. O xogo sensorial gaña unha nova dimensión, ofrecendo unha beleza visual que non se dá noutras situacións. Neste escenario, faise moi propicia a aprendizaxe autónoma porque o ambiente creado invita ao xogo, á manipulación e á concentración.

 

Como podemos levar a Pedagoxía da Luz á casa?

Máis aló da mesa de luz, retroproxector ou proxector, hai moitos elementos que producen luz  e que temos ao alcance da man: o Sol, lanternas, flexos, candeas…

Que podemos facer con luz natural?

A luz entra polas fiestras todas as mañáns e aí empeza a maxia. Durante os primeiros meses, pequenos reflexos na parede farán marabillar ás crianzas. Xogando coa luz solar poderemos crear distintas provocacións e aproveitar esa cotidianidade.

– Crear sombras ou brillos. Con bolas de espello ou de Feng Shui, pedras de cristal… conséguense efectos máxicos

 

– Descubrir os reflexos ou proxeccións empregando distintos materiais (CD`s, espellos, papel celofan…)

 

 

– Facer construcións proxectadas con materiais transparentes, translúcidos ou opacos. Colgados fronte ás ventás ou colocados no chan ou sobre unha mesa.

– Seguir a traxectoria do sol e observar o paso do tempo a través das sombras que se proxectan no piso e nas paredes da casa.

  

 

Que podemos facer con luz artificial?

Non precisamos mercar un material especial para traballar con luz artificial. Podemos botar man de flexos, lanternas ou candeas para conseguir provocacións interesantes, por exemplo un teatro de sombras cun flexo e unha sábana. Outras fontes de luz multifuncionais son mesa de luz, proxector, retroproxector ou negatoscopio (os que se empregan para ver radiografías).

Cando traballamos con luz artificial, conseguimos máis control sobre os escenarios e podemos programar mellor as temáticas e conceptos a tratar: conceptos físicos (traxectoria e direccionalidade, reflexo, refracción…), conceptos matemáticos (conteo, clasificación…),  relacionados coa grafomotricidade (trazos…),  motricidade grosa e fina (trasvases…)

Con retroproxector: Facer proxeccións sobre o chan, a parede ou os nosos corpos. Experimentar o comportamento dos líquidos cando son proxectados. Interferir na traxectoria da proxección con cartulinas brancas.

 

Luz proxectada (flexo, proxector, lanterna…). Dependendo do foco de luz que empreguemos, conseguiremos distintos efectos. A luz proxectada permitiranos xogar coas sombras: sombras chinescas, sombras de obxectos ou do noso propio corpo. Ademáis, poderemos crear escenarios que conviden a reflexionar sobre as cores das sombras e as sombras de cores introducindo simplemente papel celofán.

  

Mesa de luz: Permítenos afondar nas características dos materiais empregando un soporte luminoso que se convirte en catalizador de experiencias de xogo e aprendizaxe. Estas son as que temos en Gaia, e gústannos por extraplanas e resistentes 😉 Hai moito material que podedes mercar para empregar sobre mesa de luz, pero tamén podedes facer moito material vós mesm@s sen gastar demasiado. Podedes traballar a nivel manipulativo e sensorial (empregando masas, area, cereais…); creando e compoñendo con pequenas pezas soltas (con pedriñas, legumes, figuras xeométricas); observar alimentos ou  outros recursos da natureza, dende unha perspectiva diferente (rodas de laranxa, fieitos, cunchas…)

 

Materiais cos que podemos traballar sexa cal sexa a fonte de luz

Pezas soltas. Translúcidas ou opacas. De refugallo, recollidas na natureza, pedras de vidro, legumes, chips magnéticos, letras e números translúcidos, nins, anillas, carretes…

Tecidos: Teas tupidas ou caladas, con bordados ou lisas. Redes. Fíos de lá ou trapillo.

Construcción: Bloques sólidos, bloques translúcidos, bloques silicona. Máis pequenos (para colocar sobre o retrdoproxector) ou máis grandes (para proxectar a luz sobre eles)

Plantillas translúcidas e acetatos impresos con imaxes reais

Pinturas líquidas acabado tiza.

Masas, legumes, cereais, area…

Material complementario como bandexas translúcidas ou espellos

 

Se queres ver formas de levar a luz á casa, non dubides en anotarte a un dos nosos obradoiros mensuais de Pedagoxía da Luz

 

Sobre Sonia López Sánchez

Son Sonia. Muller, nai e xornalista. Galega. Adiquei 15 anos da miña vida profesional á comunicación. Foi mentres estudaba xornalismo, moito antes de ser nai, cando comecei a investigar sobre cómo se paría en Galicia. Non me gustou o que atopei. Descubrín Gaia pouco antes de que nacera Lucas, e diso fai xa 6 anos. En Gaia atopei a miña forma de conciliar, criando aos meus fillo e filla mentras acompaño a mulleres que, coma min, resoan noutra forma de parir e críar, dende a consciencia e o respecto. Hoxe sei un pouco máis que entón de porteo, de xogo libre, de BLW, de partos respectados e do poderosas que somos as mulleres. E nese camino estamos. Dende a honestidade e a continua formación. Facendo tribo.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de