RECURSOS CASEIROS PARA MESA DE LUZ

As mesas de luz son un dos mellores recursos de exploración  e xogo que podedes ter na casa. É un material de aprendizaxe fascinante. Na mesa de luz todo se volve diferente.  Os materiais adquiren unha nova dimensión e a mesa consegue provocar curiosidade e prolongar a concentración.. Aí van algúns recursos caseiros para aproveitar ao máximo a mesa de luz!

PEZAS SOLTAS

Xa sabedes que as pezas soltas nos marabillan. Son xogo infinito! Empregarédelas en moitas situacións. As máis pequeniñas podes gardalas e organizalas nunha caixa compartimentada e crear unha Tinker Tray… Pero este é outro tema ;). Hai moitas formas de conseguir pezas soltas para mesa de luz.

Pezas soltas de refugallo

Dá unha segunda vida os materias semitransparentes. Aportan texturas, cores e efectos asombrosos. Na casa podemos atopar unha chea deles: botes de champú, botellas de cores, carpetas ou portafolios que xa romperon, plástico de burbullas, redes de froita, tul, celofán, tubos, cuchariñas, vasos, acetatos, caixas de plástico transparente, tapas de cores, tapóns, clips, palliñas…

 

Pezas soltas recollidas da natureza

Calquera paseo polo campo, montaña ou praia, é perfecta para gardar recordos en forma de tesouros. Cheirar, sentir, tocar, recordar… Flores, espigas e pétalos plastificados; follas de diferentes tamaños, formas e cores; pedras, paus, piñas, cunchas, caracolas, rodaxas de naranxa, limón, mazá… Anima a mirar os detalles dos materiais e a clasificalos. Cales son translúcidos e cales son opacos?

 

 

EXPERIMENTACIÓN E CIENCIA

Trasvases: Trasladar sustancias de un recipiente a outro estimula o desenvolvemento da coordinación muscular e adestra a musculatura para a escritura. Podemos comezar con sustancias de maior consistencia (fabas, garavanzos…) e gradualmente pasar a outras máis finas (arroz, pan relado, área…) e rematar con fluidos. Os trasvases son tamén unha excelente maneira de entender cantidades e volúmenes.

 

Diapositivas: Quen sabe se haberá no fallado vellas diapositivas olvidadas… Preguntádelle aos avós, quizais levedes unha sorpresa 😉 Podedes traballar o relato,

Radiografías: A mesa de luz é perfecta para observar radiografías, estas son un gran recurso para despertar a curiosidade científica de nenos e nenas. Son un material excelente para coñecer  mellor os nosos corpos e ver as diferenzas entre os osos do xeonllo, da man, ou dos pés; comparar a man dun adulto coa dun nen@…  Tamén podemos utilizar radiografías de animais… Xa sabedes o fascinante que é o mundo animal.

CONSTRUCCIÓN

Construirán en 2D ou en 3D dependendo do material que teñan a man. Con caixas translúcidas (de bastoncillos ou cd´s), tuppers ou vasos de pequeño tamaño, veredes de qué son capaces.

LECTOESCRITURA

Podemos practicar a lectoescritura ao estilo Montessori, trazando letras en area, sal, sémola, terra ou pan relado. Ao repasar as letras na area, a luz sobresae facendo un bonito efecto e deixando un trazo chamativo.

 

 

O DESPERTAR DOS SENTIDOS

Bandexas sensoriais: Nunha bandexa de polycarbonato transparente podemos crear bandexas sensoriais con diferentes materiais e texturas. Bolas de xel, xelatina e colorante, espuma, blandiblú caseiro…. Tamén podes facer bandexas sensoriais temáticas.

Botellas sensoriais con aceite, purpurina, contas de cores, pompóns, confeti, clips…

 

CREATIVIDADE

Teatro de sombras  facer siluetas con cartulina negra ou goma eva para contar historias sobre mesa de luz e moi divertido.

Xemas e círculos para facer mandalas ou formas libres. Se engades un espello potenciarás os efectos e crearás escenarios máxicos

 

MATEMÁTICAS

Números e xemas para aprender a contar. Fabas, garabanzos ou pequenas pedriñas son contadores infalibles 😉 Se engades un pequeño recipiente poderás traballar ademáis motricidade fina.

 

Círculos translúcidos de distintas cores e tamaños para, contear, seriar, clasificar… Ao tempo que experimentan como se comportan as cores cando os círculos se solapan entre si.

Figuras xeométricas planas, a modo de trangram. Conseguirán facer unha morea de creadións diversas, máis cantas máis pezas soltas teñan a man. Poden traballar a simetría e outros conceptos xeométricos.

 

AS CORES

Descubrir as cores primarias, secundarias e terciarias mentras experimentan… Como se combinan as cores? Cales son as cores frías e as cálidas? Como se comportan nos distintos fluídos?

Bandexa transparente de aceite e/ou auga, pipetas (ou xeringas) e cor:
Experimentando con fluidos, densidades e cores. Aprender sobre o comportamento dos distintos elementos presentados, debuxando, mesturando…

Rotuladores de tiza líquida ou de cristal  Para debuxar direcctamente sobre a mesa ou facelo sobre un acetato transparente.

Papel celofán ou acetato de cores para facer mezcla de cores solapando unhas pezas con outras.

 

 

 

Sobre Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de