Xuntamos aquí algúns dos recursos que fomos vendo estes días que nos parecen interesantes para nenas e nenos 😉 Iremos engadindo outros segundo nos vaian chegando. De que estades botando man vós?
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ofrecen axuda educativa á sociedade ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19. Actividades axeitadas para nenxs e adolescentes, que abarcan dende infantil ata o bacharelato.
Chavert Psicoloxía é un gabinete compostelán lanza cada día unha proposta de xogo ou actividade elavorada polas súas profeionais dos campos da logopedia, pedagoxía, terapia ocupacional e psicoloxía.
Museo del Prado Podemos explorar os cadros clasificándoos por autores, temáticas, iconografía… Superinteresante e case inabarcable. Non hai confinamento que chegue para velos todos 😉
Ademais, dende a Área de Educación teñen desenvolvido contidos para a comunidade escolar dun xeito moi atinado para as necesidades do profesorado e da das familias.
Pandemia de contos O Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020. Seguídenos nesta canle para máis contos!
Biblioteca do Patrimonio da biodiversidade Considerado como o archivo dixital de acceso aberto máis grande do mundo adicado á vida na Terra. Atoparedes bocetos de animais, diagramas históricos, estudos botánicos e diversas investigación científicas compiladas de centos de miles de revistas e bibliotecas do mundo. Hai unhas 150.000 ilustracións disponibles para descarga gratuita en arquivos de alta resolución.
LSE en Familia Para divertirse, practicar, aprender con linguaxe de signos 😉
Cantos e contos dende o Poleiro
Festival online iniciativa de Urdime
17 cortos xeniais para traballar valores
Recursos audiovisuais para traballar conceptos como a inclusión, a diversidade, a paciencia, empatía, respecto… Extraidos dos blog ayudaparamaestros.com
Iniciativa da Editorial KAlandraka para ver e escoitar contos da editorial.