15 ideas para axudar a que as crianzas comprendan o concepto tempo

O tempo é un concepto abstracto; non se pode ver, tocar ou chupar, por iso é tan difícil de entender para as crianzas. Viven no presente, impórtalles o agora, non se plantexan o que ocurrirá no futuro… así se explica que lles custe tanto entender o concepto «tempo».

Porén, as persoas adultas estamos a falar constantemente del. “Apura que chegamos tarde”, “So quedan 5 minutos para chegar”, “En verán temos vacacións”…

O que ocorre en realidade é que as crianzas están moito máis unidas aos seus impulsos e necesidades que á organización do tempo. Iso pertence ao universo dos adultos. E claro, nós desesperamos, porque sempre imos con presa, porque nos falta tempo para todo.

A organización que facemos do tempo non é innata nin natural para as crianzas. É traballo noso entender, adaptarnos e permitir que cada nen@ teña tempo suficiente para desenvolver os seus propios procesos.

Esa «non conciencia» do paso do tempo implica que:

  • Lles custa cambiar de actividade. Entregánse totalmente ao que están a facer, e o resto carece de importancia.
  • Non temen chegar tarde aos sitios.
  • Resúltalles estrano ver as fotos de cando súa nai ou seu pai eran bebés.
  • Cústalles despedirse e ás veces choran ao quedar no cole ou cando marchan papá e mamá a traballar

 

Cando e como van interiorizando o paso do tempo?

De 0 a 2 anos: O tempo está asociado ás propias necesidades fisiolóxicas. Perciben que mañán, tarde e noite son diferentes no que ás súas necesidades básicas se refire: fame e sono.

De 3 a 4 anos: Comprenden as nocións de velocidade (lento e rápido). Empezan a entender primeiras clasificacións de orde e sucesión de acontecementos: levantámonos, lavamos a cara, almorzamos, imos ao cole…

5 e 6 anos: Distinguen antes-despois, mañan-onte. Pode ser que aínda se confundan e  usen estes termos de modo oposto nalgunha ocasión.

A partir dos 7 anos: Teñen integrada a noción de temporalidade. Comprenden frases como “o próximo mes ven teu tío” ou “vas comer a casa da avoa a próxima semana”

 

Cómo podemos axudalos?

  • Facendo referencias temporais concretas. Despois de comer, antes de acostarnos, ao saír do cole… Podemos empregalas cando @s deixamos no cole. Deste xeito resultará máis sinxelo explicarlles que os recolleremos despois de comer, ou despois da sesta.
  • Recordando acontecementos ou cousas que fixemos xuntos o día anterior, ou a fin de semana pasada, ou nas vacacións… Axudaremos a que debuxen unha liña temporal: un antes, un agora e un despois.
  • Planificando xunt@s as comidas da semana, as vacacións, as merendas para o cole, ou a roupa que vai poñer durante a semana.
  • Paseando ao aire libre. Abride os ollos e descubride o que vos conta a natureza, as súas cores. Sentide a humidade do ambiente. Os seus olores. Cheira igual a choiva en verán que en inverno? A natureza é máxica porque cambia cada semana, cada día. Podedes elexir sempre o mesmo lugar para pasear e ver os cambios que se producen en cada estación: as follas caidas, os charcos, as flores, a forza da auga no río, o son das ras… Podedes elexir un lugar onde acudir cada cambio de estación.

 

 

  • Saíndo a xogar á natureza coas follas no outono, cos charcos en primavera, na praia en verán.. Non hai mellor maneira de entender o tempo que recordalo na nosa pel.

  • Recollendo froitos, follas… De volta do cole, na túa cidade ou no campo, recollede froitos de cada época e Clasificade e comentade, como son? Que cores teñen? Son iguais en tódalas épocas? Este mes é o das castañas, os piñóns e as noces. Podedes ir ao campo e buscar castiñeiros, piñeiros e nogais. Coas follas e os froitos podedes crear instalacións efímeras de xogo, construcións, Minimundos e pequeñas obras de arte.

  • Cociñando receitas en familia con comida de temporada. E a cociña comeza no mercado. Observar os diferentes postos de froitas, verduras, peixe… Podedes falar e preguntar ás froiteiras, peixeiras, floristas… Elexide o que máis vos guste, pensade nunha receita deliciosa e cociñade xunt@s. Tamén podedes pedirlles aos avós e avoas receitas e preguntarlles polo que comían eles na época na que estades.
  • Explorando qué pasa cos insectos e animais da estación.Cantos paxaros xuntos no ceo, onde irán? Atopamos os mesmos insectos que no verán? Hai algun animal durmiñón cando vai frio?
  • Celebrando as festas tradicionais. De sempre se celebraron os cambios de estación, a recollida das colleitas, a chegada da luz ou da escuridade: Samain, o Magosto, San Xoan…
  • Creando unha mesa de estación. Elexide un rincón da casa no que podidades seguir o ciclo natural do ano. Buscade teas e elementos naturais como pedras, paus, troncos, piñas, flores, cunchas area…Tamén podedes engadir figuras ou animais. Que cores vos suxire cada época? Que facemos en cada época? Que hai na natureza? Agudizaremos a nosa percepción do que sucede na natureza e no noso entorno.

  • Facéndovos xardineiros ou agricultores. Plantade unha pequena horta. Non fai falla moito espazo, mesmo podedes facelo en macetas. Se non, podedes acercarvos a algunha horta cercana. Descubride cales son as froitas e as hortalizas de cada época: o ritmo natural da natureza. Planta unha semente e coidaa, é  fermoso seguir o crecemento das plantas. Observade que insectos se acercan en cada época? que coidados require cada planta según o momento do ano no que estamos?

  • Mercando algún calendario manipulativo. Nós temos os de Grapat. Esta marca é unha debilidade para min. Foi amor a primeira vista e un descubrimento marabilloso. As pezas soltas, os minimundos, a súa filosofía e o ben que fan as cousas. Teñen dous calendarios fantásticos; Intuitivos, fáciles de manexar e que axudan ás crianzas a entender o paso do tempo: os días da semana, os meses, as estacións, o ano… Os dous se presentan en forma circular, o que fai comprender mellor o paso das semanas e dos meses. O ciclo que empeza, acaba e volve comezar.
    • O semanal/ 7 luas: 7 vasixas, 7 nins, 7 cores que se asocian con cada día da semana dacordo ca pedagoxía Waldorf. Todos os elemetos están contidos nun prato redondo. Cada día unha cor, para poder entender o paso dos días e do tempo. Luns, violeta; Martes,  vermello; Mércores, Amarelo; Xoves, naranxa; Venres, verde; Sábado, azul; Domingo, branco  
    • Anual/Perpetuo: 12 nins, 12 cores, 4 seccións, 4 tonalidades. Cada nin coa súa cor representa un mes.  Presentados nun círculo, repartido en 4 seccións, cada  sección unha  estación ca tonalidade propia do seu tempo; así as cores frías representan o inverno, os verdes a primavera, os cálidos o verán, e o outono énchese de marrón e vermellos. Dous tacos de madeira permiten representar o día do ano. As crianzas poden xogar a poñer o seu cumpreanos, ou levantarse cada día e poñer que día é.  

 

  • Utilizando reloxos de área. Son un recurso estupendo para facer entender o paso do tempo. Os adultos utilizamos frases como: quedan 5 minutos para…, pero esa información é un concepto valeiro para eles. Significa moito tempo? Pouco tempo? Depende 🙂 Como poden medillo? Pódenos utilizar para lavar os dentes, para o tempo de televisión, ou canto tempo queda para o baño, a cea ou para saír da casa. Pouco a pouco irán entendendo e integrando o tempo.
  • Fabricando un calendario de pinzas inspiración Montessori. Podedes fabricar o voso calendario. Só necesitades 365/366 pinzas, corda e cores. A cadea anual é un material manipulativo que facilita a compresión do tempo, do ciclo do ano e das estacións. O cordel representaría a linea temporal do ano, onde irían colgadas as pinzas que representan os días. Pintade as pinzas correspondentes a cada mes da cor que vos suxira cada época. Podedes ir engadindo unha pinza cada día, ou colocalas todas e ir xirándoas cada día que pase. Podedes incorporar eventos detacados da familia, cumpreanos, ou engadir o momento de cambio de estación.

 

“O tempo é un xogo xogado moi ben polos nen@s” Heraclito

 

 

 

 

 

Sobre Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.

Deja un comentario

avatar
  Suscribirme  
Notificación de