As masaxes aos bebés son fundamentais nos primeiros meses de vida. Proporciónanlles múltiples beneficios, que se traducen en bebés máis felices e máis saudables.

¿Alguén se pode resistir a tocar ao seu bebé? ¡Pois deixemos fluir este instinto! porque o contacto é base fundamental do vínculo. Un bebé tocado (con respecto) é un bebé que se sinte amado, atendido e conectado con nós. A masaxe proporciónanos este contacto tenro, saudable, respectuoso e completo que lle vai a aportar ao bebé e a toda a familia moitas cousas boas.
Aquí vos deixo algúns dos beneficios da masaxe infantil:
Beneficios para os bebés
Interacción
- Reforza o vínculo coas persoas de apego
- Momentos de atención exclusiva con mamá, papá ou persoa de apego
- Comprensión de dar/recibir con respecto
- Mellora a seguridade, confianza, autoestima do bebé
- Coñecemento do seu corpo
- Comprensión da linguaxe

Relaxación
- Bebé máis relaxado e de mellor humor
- Mellora a calidade do sono
- Favorece o desenvolvemento do sistema nervioso e do proceso de mielinización
- Mellora a tonicidade muscular

Estimulación
- Sistema inmunolóxico
- Sistema dixestivo
- Desenvolvemento do aparato respiratorio
- Sistema endocrino
- Sensorial, coñecemento do seu propio corpo

Alivio
- Axuda a calmar cólicos, estrinximento e gases
- Alivio de molestias derivadas das tensións físicas i emocionais
- Libre expresión das súas emocións e sentimentos onde as persoas de referencia lle ofrecen soporte e contención

Beneficios para mamá, papá e a familia
- Mellor comprensión do bebé
- Reforzo do vínculo co bebé
- Momentos de calidade e relaxación co bebé
- Se o bebé está máis relaxado, a familia tamén, e durmen mellor
- Implicación dos irmáns na masaxe
- Favorece o respecto no ambiente familiar

Beneficios para a sociedade
- Persoas máis respectuosas, tolerantes e con máis autoestima
- Reduce a violencia e prevén os abusos
- Promove o tacto positivo
- Persoas máis saudables, menos enfermedades
Todos estes beneficios así clasificados, son outro xeito de dicir que somos criaturas para as que o contacto respectuoso é necesario para desenvolvernos sans e máis felices.
Aquí vos deixo o video de Shantala co seu bebé, que foi filmado por Frédérick Leboyer na india nos anos 70, despois de descubrir a masaxe coma o outro alimento dos bebés. Aquí se amosa cómo as mamás da india masaxean aos seus bebés:
¿Alimentar ao neno? Sí, pero non soamente con leite. Hai que tomalo en brazos. Hai que acaricialo, acunalo e masaxealo. Hai que falarlle á pel do pequeno, hai que falarlle á súa espalda que ten sede e fame igual que o seu ventre. Nalgúns países, as mulleres saben todavía isto. Aprenderon das súas nais, ensinaron ás súas fillas este arte profundo que axuda oa neno a aceptar o mundo e faino sorrir á vida.
Frédérick Leboyer
Tocade moito aos vosos bebés, con respecto e con amor 🙂
Máis información no libro «Masaxe infantil» de Vimala McLure.
Imaxes: Fotos creadas por freepik, onlyyouqj y phduet – www.freepik.com






