A primeira silla de auto do voso bebé

Que características debe ter o dispositivo de retención dun recén nacido

A nosa primeira recomendación é que busquedes unha asesoría persoal sobre Sistemas de Retención Infantil (SRI). Achegádevos a unha tenda física na que poidades expoñer cales son as vosas necesidades. Hai moitas preguntas que vos debedes facer antes de mercar o voso SRI e nas tendas especializadas estamos preparadas para axudarvos a atopar o que a vosa familia precisa. Ides mover a silla de coche? Que tipo de vehículo tendes? Como é a banqueta do auto? Queredes ir etapa a etapa ou preferides mercar unha silla que vos dure o maior tempo posible?

Algunhas cuestión básicas a ter en conta:

  • Non se recomenda sacar SRI do coche con frecuencia. Todas sabemos do cómodo que resulta sacar a silla do coche para poner no carriño, pero a recomendación básica é que manipulemos os sistemas de retención o menos posible para garantir un axuste óptimo e a seguridade do bebé no auto. Ademáis, este tipo de habitáculos están pensados para que as crianzas viaxen no coche, non para ser empregadas como silla de paseo.
  • Canto máis fiel sexa o grupo ao peso/talla, máis segura viaxará a crianza.
  • Contade que ides precisar sistema de retención infantil durante moitos anos (ata 150 cm de altura, uns 10 anos aprox). Mirade con perspectiva. Na actualidade existen varias sillas no mercado que nos permiten levar ás crianzas a contramarcha dende o nacemento ata os 125 cm. Se se adaptan ao voso coche, serán perfectas para vós.
  • As sillas de auto só teñen sentido se hai un impacto. O SRI que merquedes debe estar deseñado para protexer a vida do vos@ fill@, non só para suxeitar o seu corpo ao vehículo. Apostade pola contramarcha o maior tempo que sexa posible e buscade sillas co sello Plus Test

TIPOS DE “PRIMEIRA SILLA” QUE PODEDES ATOPAR NO MERCADO

GRUPO 0+ (0-13 kg) ou isize equivalente (40-75 cm)

  • Máis coñecido como “Cuco”, “Huevito” ou “MaxiCosi”
  • Homologadas ata os 13 kg (norma ECE R44) ou ata os 75 cm (norma ECE R129), aproximadamente ata os 18-24 meses.
  • A instalación pode facerse con ou sen isofix, dependendo das características da silla e do vehículo.
  • Todas as sillas deste grupo deben ir instaladas no sentido contrario da marcha. Sempre e sen excepción.

Dinofix de Klippan

  • Cómpre lembrar que este é un Sistema de Retención Infantil deseñado para seu uso no vehículo. Empregalo como silla de paseo pode representar un risco innecesario para as crianzas por varias razóns.
    • Porque a instalación/desinstalación pode levar a cometer erros que poderían ter consecuencias graves.
    • Porque a posición na que se coloca ao bebé (semisentado) é a posición óptima para evitar lesións en caso de impacto pero non é axeitada para que permaneza demasiado tempo (pediatras recomendan que non máis de 2 horas ao día)
  • O capazo, aínda sendo un Grupo 0 homologado, só debe ser empregado como sistema de retención cando o bebé sexa prematuro ou teña problemas respiratorios. De non ser así, en ningún caso é unha forma segura de que as crianzas viaxen nos vehículos.

GRUPO 0-1 (0-18 kg) ou isize equivalente (40-105 cm)

  • Homologadas dende o nacemento ata os 18 kg (norma ECE R44) ou ata os 105 cm (norma ECE R129), aproximadamente ata os 4 anos.
  • Poden instalarse con ou sen isofix dependendo das características da silla e do vehículo.
  • Podemos diferenciar dous grandes grupos:
Con Base fixa

o habitáculo da silla vai instalado sobre base isofix e sempre mira a contramarcha. Hai modelos como a Kiss 2 Plus de Klippan, nos que o “cuco” se pode quitar da base e transportalo con comodidade. O bebé sempre se coloca na silla co habitáculo mirando cara atrás.

Kiss 2 Plus de Klippan: base fixa e varias posicións de reclinado

Base rotatoria

O habitáculo da silla vai sobre unha base isofix á que se lle incorpora un sistema que permite rotar a silla para facilitar a colocación das crianzas. A rotación pode ser de 90 graos (Swingfix de Römer) ou de 180 graos (Dualfix de Römer). Só recomendamos o uso destas sillas cando a posición final é a contramarcha. Só as sillas que NON poden colocarse AFM reciben o selo Plus Test.

Swingfix de Römer: base rotatoria

Compacta grupo 0-1-2: Dende o nacemento ata os 125 cm de altura

O 2020 foi un ano de revolución no mercado das sillas ACM. Axkid e Avionaut sacaron dúas sillas para empregar dende o nacemento e que abarcan ata os 125 cm de altura, máis ou menos os 6-7 anos.

      Axkid ONe

Sky UP de Avionaut: Dende o nacemento (40 cm) ata os 125 cm. Unha silla moi compacta. Deseñada para ser instalada con cinto de seguridade, lower tether e pata anti volco. Sistema de redutores que permite a correcta colocación do bebé recén nacido, dándolle o reclinado necesario para manter vías respiratorias libres.

Axkid One: Dende o nacemento ata 125 cm ou 23 kg. Axuste con Isofix e pata antivolco. Axkid conseguiu reducir o peso de ONE+ de tal xeito que esta é a única silla do mercado que chega ata os 23 kg a contramarcha e se instala con isofix. Grazas ao isofix conseguimos cambiar a posición da silla (adiante e atrás, con máis ou menos reclinado) sen necesidade de modificar a instalación.

Modular evolutiva (dende 0-36kg) ou isize equivalente (40-135 cm)

  • Conxunto de dous SRI (como mínimo)
  • Homologadas dende o nacemento ata os 36 kg (norma ECE R44) ou ata os 135 cm (norma ECE R129)
  • Poden instalarse con ou sen base isofix dependendo das características da silla e do vehículo.
  • O pack Dinofix+Triofix de Klippan é un bo exemplo deste tipo de opción. Dúas sillas con garantía de seguridade, que permitirán viaxar a contramarcha ata os 4 anos. A partir dos 18 kg, a Triofix pasa a instalarse no sentido da marcha ata agotar o seu periodo de uso (135 cm).

Modular de Klippan: Dinofix+Triofix+Base

Normativas vixentes: ECE R44/04 e ECE R129

O primeiro: Non vos compliquedes a vida coas normativas J. Cómpre recordar que só afectan aos fabricantes á hora de homologar os dispositivos, pero non debe ser determinante á hora de elixir unha ou outra silla. Porén si o é seguir as recomendacións da DGT: que as crianzas viaxen a contramarcha polo menos ata os 4 anos. Básicamente a nova normativa R129 está baseada nos seguintes puntos:

  • Clasificación das sillas en función da estatura e non do peso.
  • Orientación a contramarcha, como mínimos, ata os 15 meses, para protexer mellor a cabeza e o pescozo.
  • Tests de impacto lateral incluidos nos protocolos de proba.
  • Nova xeración de Dummies que representan mellor as características reais das crianzas.
  • Maior compatibilidade. Os dispositivos i-Size e os asentos dos vehículos i-Size son automáticamente compatibles.

Dende o 2018, todos os NOVOS MODELOS só poden  ser homologados baixo a normativa ECE R129, aínda que as marcas poden seguir fabricando modelos con homologación ECE R44 se estes xa estaban no mercado.

Espérase que no 2030 quede prohibida a venda de sistemas de retención infantil homologados baixo a normativa ECE R44. Calcúlase que no 2040 quedará prohibido o uso das sillas fabricadas baixo a normativa ECE R44.

Seguridade e prezo

Para nós é importante que merquedes aquilo que precisades axustando o gasto o máximo que sexa posible. A nosa recomendación é que as crianzas viaxen a contramarcha todo o tempo que sexa posible. Nese caso, a combinación máis económica sempre vai ser:

 

Acerca de Sonia López Sánchez

Soy Sonia. Mujer, madre y periodista. Gallega. Dediqué 15 años de mi vida profesional a la comunicación. Fue mientras estudiaba periodismo, mucho antes de ser madre, cuando comencé a investigar sobre cómo se paría en Galicia. No me gustó lo que encontré. Descubrí Gaia poco antes de que naciera Lucas, y de eso hace ya 6 años. En Gaia encontré mi forma de conciliar, criando a mis hijo e hija mientras acompaño a mujeres que, como yo, resuenan en otra forma de parir y criar, desde la consciencia y el respeto. Hoy sé un poco más que entonces de porteo, de juego libre, de BLW, de partos respetados y de lo poderosas que somos las mujeres. Y en ese camino estamos. Desde la honestidad y la continua formación. Haciendo tribu.

Comentarios cerrados.