Verán en familia

O verán traeme moi bos recordos. Recordos de infancia: familia, amigos, reunións, sorrisos, sol, praia, natureza, xogo…Liberdade! Se algo é o verán, é liberdade 🙂 Fóra rutina!

No verán non hai presas, nin almorzos frenéticos, nin carreiras para coller o bus, para chegar ao cole… Como credes que se sinten os nenos e as nenas cando non teñen o seu tempo programado? LIBRES!

É o momento perfecto para que aprendan motivados pola súa propia curiosidade. Na praia, na montaña, na horta dos avos… calquera sitio se convirte nunha «escola» auténtica. O xogo libre é o pilar da imaxinación, a creatividade, a perseverancia e o esforzo. A liberdade é o mellor pasaporte para converterse en persoas autónomas. Aprender a elixir, a valorar riscos, a equivocarse…

Porque no verán todo parece máis sinxelo. Bueno, fala a nena, é certo, non hai nai… Porque pais e nais, no verán temos que facer (aínda máis) piruetas para conciliar que o resto do ano. Intenta non pensar en como se che complica a vida nesta época e aproveita as oportunidades que non se dan máis que no verán: ver unha noite estrelada sen aterecer de frío, sentir o aire salgado do mar, ver concerto nas prazas, debuxar na area, acampar, acucarvos nunha hamaca… Aproveita o verán para estar.

En Gaia intentamos escoller cousas que vos faciliten e nos faciliten a vida, na casa no verán sempre usamos:

Botella para exterior, perfecta para ter sempre auga preto e poder enchela de novo en calquera lugar. O certo é que esta botella utilizámola todo o ano. É de cristal moi resistente cunha funda de silicona, fácil de poñer e quitar e que protexe a botella de golpes. Gústanos o cristal porque non deixa nin gota de sabor na auga.

Pero hai fantásticas alternativas en inox. Con boca de rosca como as de Qwetch ou con pitorriño para beber sen verter 😉 como as de Montii

Tuppers e bolsiñas reutiizables para snacks de todo tipo. Gústannos os de bambu, por lixeiros e compartimentados. Pero tamén nos encantan os de inox. Son eternos!!!

Neveira portátil, feita con botellas de plástico recicladas. Ten o tamaño perfecto para que a leven a calquera sitio en calqueira época do ano. Iogur, frutiña e auga para que carguen elas mesmas ata o parque.

Bolsas XXL. Unha bolsa deste tamaño virá ben en calquera momento do verán, pero sobre todo pensando nas acampadas e os campings. Aquí cólle a casa enteira e están feitas con botellas de plástico recicladas.

Bolsa XXL para gardar o que precises

Crema solar, sempre de filtro mineral. As marcas coas que traballamos só empregan ingredientes de orixe natural e non  conteñen nanopartículas. Son aptas para crianzas a partir dos 6 meses e resistentes á auga. Wooden Spoon só emprega oxido de zinc como filtro. ECO-cosmetics emprega ademais dióxido de titanio.  Para o pleno verán é a nosa preferida porque é resistente á auga. Vale para toda a familia (bebés incluidos) e por suposto non ten ni filtros químicos nin nanopartículas.  Unha boa opción para o día a día porque é superdoada de extender.

Bandoleira. O portabebés máis empregado no verán sen dúbida. Gárdase en calquera sitio e é superfresco. Se ademais a queres para meterte co teu bebé no mar, colle unha das Sukkiri e sacaraslle un montón de partido, non só no verán, tamén en setembro cando empecedes cos cursos de natación para bebés.

A bandoleira de auga é o portabebé máis fresco para o verán

Bálsamo antimosquitosPara protexerse das picaduras dos mosquitos, esta é a opción máis natural e efectiva que atopamos. É 100% de orixe natural e ecolóxico. Unha loción de Neobulle feita a base de xirasol virxe, aceites esenciales de lavanda, xeranio rosa, eucalipto de limón e extracto de romero.

Os días longos do verán son marabillosos. O sol ponnos contentos. Disfrutade das tardes eternas de sol do verán. Intentade ver todos cantos solpores poidades e gozade de todo o tempo libre que teredes coas vosas crianzas. Sen reloxo, sen rutinas, en liberdade. Feliz verán!!

0 0 vote
Article Rating

Sobre Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.
Suscribirme
Notificación de
guest
0 Comments
Inline Feedbacks
View all comments