Mesa estacional. Que é e como preparala

Mesa estacional. Que é e como preparala

Unha mesa de estación é un recuncho da casa (ou da aula), normalmente unha mesa, no que podemos seguir o ciclo natural do ano. Para a pedagoxía Waldorf é moi importante transmitir ás crianzas esta conexión coa natureza. Por iso, para axudarlles a observar os cambios estacionais e todo o que teñen ao redor utilízase a mesa de estación.

Cando traemos o mundo exterior ao interior de casa creando unha mesa de estación con cores e elementos naturais, sen o uso de palabras, as crianzas aprenden a valorar e a apreciar as moitas maneiras en que a natureza da súa contorna se manifesta e cambia. Por iso, a mesa de estación facilita que as crianzas experimenten conscientemente o ritmo do ano. Isto representa para elas e eles unha gran fonte de seguridade.

Que necesito para crear unha mesa de estación?

O lugar

Todo o que se necesita para crear unha mesa de estación (tamén chamada mesa da natureza) é un lugar para poñer os elementos. Pode ser unha mesa ou un estante especial da casa ou da aula. O ideal será que este lugar sexa sempre o mesmo; isto proporcionará ás crianzas un foco constante para centrar a súa atención. Sobre a mesa, para poder colgar teas e outros elementos, tamén se pode facer unha especie de estrutura (atando uns paus de madeira, por exemplo) que complete a mesa estacional ou da natureza.

Os panos

O elemento básico dunha mesa estacional é unha tea suave de algodón, seda, veludo, feltro… Poden empregarse panos de seda, de organza ou de algodón, por exemplo. A tea pódese colocar sobre a mesa, ou tamén se pode empregar como un fondo, subíndoa cara a parede e atándoa a algún gancho.

As cores da terra (da superficie da mesa) e do fondo son moi importantes porque veñen expresar o estado de ánimo da estación. Os azuis e morados, representan o inverno; verdes e amarelos, a primavera; as cores laranxas e vermellas, o verán; e os tons tella e marróns trasládannos ao outono. Para saber as cores representativas de cada estación podedes tomar como referencia o calendario anual de Grimm´s que vos pode servir de axuda.

Outra opción para ter un fondo fermoso e acorde ás cores da estación, a nosa proposta é pintar algunhas láminas con acuarelas.

Os panos de organza tanto serven para mesas estacionais e minimundos, como para xogo simbólico

Elementos naturais

Os elementos naturais son outro dos elementos imprescindibles nas mesas da natureza. É habitual ver presidindo a mesa de estación, un floreiro con rama ou flores de tempada. Aproveitade cada saída coas vosas crianzas, para facer unha recolecta de materiais naturais. Podedes apañar, por exemplo edras, troncos, landras, piñas, follas, cunchas… Unha vez na casa, seleccionade e clasificade as recollidas.

As pezas soltas recollidas na natureza teñen un gran valor na mesa estacional

As personaxes

Por último, pero non menos importante, non podemos esquecernos das figuras. Hai moitas que se poden poñer na mesa de estación que reflicten os diferentes momentos do ritmo anual e tamén as festividades que vivimos na nosa contorna. Aínda que algunhas, como a Nai Terra por exemplo, ao ser unha figura central, pode estar presente durante todo o ano. Pódese confeccionar coma se fose unha fada. Aquí vos deixamos unha proposta de De mi casa al Mundo

Polo tanto, as figuras que utilicemos para a mesa podemos facelas nós mesmas con la, feltro… e tamén se poden colocar elementos comprados por exemplo: animais de madeiramandalaspezas soltas… Mirade as posibilidades que temos na nosa tenda.

MagosTotemsNinsPalos… todas as personaxes de Grapat son perfectas no contexto da mesa estacional

Cestas ou contedores

Podedes presentar os diferentes elementos en cestas ou contedores que vos axeiten e que dean harmonía ao espazo de xogo. Estes materiais, tanto os que recolledes como os outros, clasificados, serán de gran valor como pezas soltas para moitos xogos das crianzas ao longo de moito tempo: preparar comidas para as súas bonecas, facer debuxos e crear formas, organizar contos ou facer xogos da simetría…

Tinker Tray e Mandalas de Grapat xunto ás Plataformas semicirculares de Grimm´s
As cestas de distintos tamaños de Anidando son fermosos e harmónicos contedores de pezas soltas

Como se usa a mesa de estación?

Primeiro de todo, é importante ter en conta que cada mesa de estación pode ser diferente: son contedores variables, que sempre están a cambiar con obxectos que van e veñen. Ás crianzas débeselles permitir tocar e mover os obxectos sobre a mesa de estación, e, no caso de que os levan para xogar fóra dela, despois devolveranos ao seu lugar. Tamén se lles pode animar a que busquen tesouros da estación, que poidan ir incorporando cada día. As crianzas adoitan ter os petos cheos de tesouros; no verán de cunchas e pequenas buguinas, ás veces algunha pedra, outras veces flores ou piñas…

A mesa de estación pode estar presente na casa ou na aula desde que as crianzas son bebés. Será a partir dos dous anos cando comezarán a interactuar máis con ela, integrando poco a pouco ese ritmo anual do que vos falamos ao principio.

É importante que a mesa sexa fiel á estación que estamos a atravesar e tamén á etapa na que se atopan as crianzas. Para crianzas moi pequenas, optaremos por unha mesa de natureza moi máis sinxela; quizais unha tea, algún animal e un par de piñas ou ramas é máis que suficiente.

Para completar esta fermosa proposta, podedes acompañar todo o traballo da mesa de estación con contos apropiados á tempadaPodedes miralos aquí polo miúdo nesta entrada no blogue.

Libros de estación xunto ao Calendario Perpetuo e o Calendario Semanal de Grapat

A mesa estacional de primavera da Gaia

A mesa de estación nesta época do ano, representa o estalido de vida e cor da primavera. Na pedagoxía Waldorf a primavera maniféstase nas cores verde, rosa claro, púrpura e amarelo brillante. Mirade a nosa mesa de estación inspiración Waldorf!

Nesta ocasión, escollemos como base a plataforma de pétalos de Grapat sobre teas de nailon e organza. Tamén dispoñemos de outras bases sobre as que podedes construír as vosas mesas estacionais.

Empregamos os Nins de Grapat como figuras representativas e elemento central, xa que son ideais para desenvolver o xogo simbólico, a invención de historias e a expresión dos mundos interiores onde as personaxes cobran vida. Debido a que carecen de características físicas, poden ser todo aquilo que a crianza imaxina: un Nin con chisteraNin con gorro ou un Pau pode ser un rei, unha maga, unha princesa, unha fada, unha raíña, a nai terra, unha serea, unha ninfa, un Gnomo… todo o que a crianza queira que sexa. Cos materiais non estruturados, non hai máis límites que os da súa propia imaxinación. Ao non ter unha caracterización determinada, nin trazos faciais ou xénero, as crianzas convértenos en todos as personaxes de xogo que necesitan ou queren para recrear as súas propias historias, rememorar vivencias ou practicar experiencias.

Mandalas, palos, Lola, Anillas… sobre as plataformas Pétalo de Grapat

Como conxunto de mostras naturais empregamos: troncos de madeira e diferentes flores e ramas silvestres propias da nosa contorna.

Como xa se expuxo anteriormente, esta é unha forma natural de que as crianzas aprendan a recoñecer os cambios das estacións a través dunha experiencia multisensorial que lles permite ver, tocar e sentir eses elementos naturais en combinación con outros.

Mandalas e Tinker Tray de Grapat

Lembrade, a mesa de estación é un elemento vivo. Como tal, sempre está a cambiar, a imaxe e semellanza da propia natureza. Como se viste con elementos naturais, pódese complementar con todo tipo de pequenos tesouros que as crianzas poden saír buscar e atopar na natureza (a praia, o campo, o xardín ou o parque): unha piña, unha pedra, unhas poliñas, follas, flores, unha cuncha de mar, area… Que divertido é saír en familia a buscar tesouros!

As crianzas son felices cando aprenden xogando libremente. E iso é xusto o que lles ofrece a mesa de estación, a posibilidade de recrear un Minimundo propio cheo de cor e natureza, un microcosmos natural, un escenario simbólico en miniatura no que poden, non só aprender moito da súa contorna mediante a observación, a exploración e a experimentación, senón tamén expresarse, xogar e exteriorizar os seus propios mundos internos.

Mandalas e personaxes sobre plataforma Pétalos de Grapat

Os seis primeiros anos de vida son grandes investigadoras e teñen unha gran capacidade de imitación, que utilizan para aprender do medio que lles rodea. É nesta etapa cando desenvolven a súa vontade, polo que deben ser libres de movemento, de xogar, de imitar…

Así que o ideal con este tipo de material é deixarlles xogar libremente, sen interferir no seu xogo nin condicionar a súa imaxinación. Pero tamén se pode motivalas para que busquen no parque, a praia ou o campo elementos afíns para completar a mesa de estación, para integralos nela e así representar a natureza e o ritmo anual das estacións.

Comments

No comments yet. Why don’t you start the discussion?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *