Emmi Pikler: movemento libre e aprendizaxe autónoma

Emmi Pikler: movemento libre e aprendizaxe autónoma

Emmi Pikler foi unha pediatra húngara que a principios do século XX dirixiu un fogar para criaturas orfas en Budapest chamado casa Niño Lóczy, poñendo en práctica ideas pioneiras para o seu tempo. Ela defende que se deixe ás bebés moverse libremente; tamén que non se lles coloque en ningunha posición á que non poidan chegar por elas mesmas. Confiar na capacidade innata das bebés de alcanzar cada fito motriz evolutivo sen axuda, fomenta a súa autonomía e autoconfianza e deriva nun desenvolvemento máis harmónico, segundo esta teoría. Pikler convídanos a cambiar la perspectiva, a ter paciencia, a confiar nas nosas criaturas e nas súas capacidades e non esixirlles que cumpran con parámetros previamente establecidos.

Os beneficios máis importantes de aplicar o método Pikler, e fomentar así o movemento libre e a aprendizaxe autónoma nas bebés, son principalmente emocionais: o respecto polas capacidades da criatura crea un marco de relación adulta-criatura baseado no recoñecemento e o apego positivo. Sobre a base desa confianza, a criatura desenvolverá un mellor coñecemento e auto-regulación que contribuirán a unha autoestima sólida.

Acompañar ás crianzas segundo a Pedagoxía Pikler

O principio máis famoso da metodoloxía explica que a labor da familia e das coidadoras debe ser só de acompañamento, de forma que se limiten a ofrecer a seguridade e o apego necesarios para que as crianzas poidan desenvolverse por si mesmas sen inconvintes. Esta falta de intervención psicomotriz provoca que as capacidades das crianzas se desenvolvan dunha forma máis natural en comparación á das bebés que si se viron afectadas por intervención adulta.

Desta forma, as crianzas educadas con este método sempre se colocan boca arriba. Desde aí deben aprender pola súa propia conta a virarse cara aos lados ata que adquiren por si mesmas a capacidade de tombarse boca abaixo ao virarse por completo.

Judit Falk e Anna Tardos (2008) comentan isto ao respecto:

“El bebé que se desarrolla bien se muestra cada vez más interesado por lo que sucede a su alrededor. Cuando está acostado sobre la espalda, más pronto o más tarde empezará a volver la cabeza hacia ambos lados, luego se podrá poner de lado con todo el cuerpo y, por último, se tumbará boca abajo. Y esté segura que no lo hará del mismo modo que si un adulto hubiese intervenido en el proceso. Cuando después de haber pasado varios meses moviendo los brazos y las piernas tumbado boca arriba un niño consigue acostarse boca abajo por sí solo, está en condiciones de sostener y apoyar la cabeza sin tener que esforzarse. Progresivamente, conforme avanzan la maduración y la organización del sistema nervioso, los movimientos se van haciendo cada vez más controlados hasta lograr la direccionalidad.

Posteriormente, deben aprender por si mesmas a gatear e a sentarse e mesmo a levantarse sen apoio e a camiñar. Este desenvolvemento difire co das criaturas sometidas á intervención psicomotriz, as cales aprenden primeiro a se sentar e despois a gatear, debido á crenza de moitas adultas de que deben aprender rapidamente a sentar. Por outra banda, esta metodoloxía tamén se opón á utilización de accesorios que limiten a mobilidade das bebés, por exemplo, os andadores, hamacas, parques…

Preparar o espazo

A contorna tamén debe adaptarse para o uso da metodoloxía. É necesario que as crianzas conten cun espazo seguro onde teñan total liberdade para moverse. Aínda que non se debe interferir no seu desenvolvemento psicomotriz, si é necesario evitar calquera obxecto que poida facerlles dano mentres realizan o seu proceso de autocoñecemento e exploración.

O espazo debe contar con características como un chan firme e cálido, estruturas que poidan usar para reptar ou levantarse, materiais que poidan manipular de múltiples formas, iluminación axeitada e suficiente espazo.

Tamén é necesario vestilas con roupa cómoda para que poidan moverse con facilidade. Se é posible, débeselles dar liberdade para que estean descalzas. Así mesmo, a adulta debe estar atenta ás necesidades da crianza e interactuar con ela de maneira que esta poida saber que a están acompañando. A única forma en que se debe interferir no seu movemento é nas ocasións que a criatura o solicita, por exemplo, cando desexa ser collida nos brazos.

Por se queredes seguir seguir tirando do fío, deixo enlace a dous recursos que vos poden interesar: o documental Loczsy, un hogar para crecer, e ao artigo La Educación Pikler-Lóczy: Cuando educar empieza por cuidar (2013) de Elena Herrán Izaguirre.

Materiais Pikler

O material Pikler é un tipo de material que fomenta o desenvolvemento autónomo e o movemento libre da bebé. Estes materiais inspíranse no traballo de Emmi Pikler para quen pensaba as bebés son capaces de acadar logros motrices por si soas sen necesidade de axuda adulta.

Desde o momento en que a bebé inicia o movemento é importante non “obstaculizar” o seu camiño. En primeiro lugar, co tipo de roupa que usa, pero tamén coa contorna. Debemos proporcionar un chan para bebés ríxido pero confortable que permita un desprazamento libre e confortable. Os materiais baseados na filosofía Pikler poden usarse desde idades moi temperás. A medida que van crecendo, os materiais sofisticaranse para acompañala de forma que poida ir logrando retos axeitados á súa idade.

Son propostas abertas que deixan o protagonismo á crianza. Non impoñen unha maneira de moverse, senón que se adaptan naturalmente aos movementos que esta é capaz de facer en cada momento. Por exemplo, un material baseado en Pikler xamais limitará o movemento da crianza ou a sosterá de pé se a bebé non pode facelo de forma autónoma. Ademais, son de calidade e están estudados tecnicamente para fomentar a autonomía.

Que hai que ter en conta ao comprar un material Pikler?

O primeiro: o máis importante non son os materiais, senón a mirada que temos cara á crianza. De nada vale comprar un elemento de xogo ou de movemento libre se logo non imos respectar o seu ritmo natural de evolución ou a imos a forzar a facer movementos non naturais para ela nese momento. Deberemos garantir que se trata de elementos de calidade, elaborados con madeiras macizas, cunha disposición técnica pensada para crianzas (por exemplo, separación entre chanzos ou medidas) e que teña suficiente peso para que non se desprace facilmente. Tamén é moi recomendable que se vos proporcione montado, xa que, se o temos que montar nós mesmas, corremos o risco de non facelo adecuadamente.

Desde Gaia eliximos unha serie de estruturas Pikler e de movemento da mellor calidade. Todo material e xoguete que fomente o movemento libre e autónomo das crianzas pode dicirse que se basea na filosofía Pikler. Esta é a nosa selección: pelota, triángulo con e sen rampla e táboa curva.

Pelota Pikler

A Pelota Pikler é o primeiro xoguete e está inspirada na pedagoxía Pikler-Lóczy donde a base fundamental é o desenvolvemento autónomo das bebés.

A pelota Pikler ten unhas aperturas amplas que facilitan o agarre, o que a fai máis atractiva para a bebé. Ademais, dálle unha total liberdade de movemento xa que non pesa, non bota nin se despraza lonxe, co que é un obxectivo alcanzable. Posteriormente pódense introducir bólas, cascabeis e mesmo panos con contrastes (mira os que temos en Gaia), fomentando a posibilidade de manipulación, experimentación e concentración no obxecto.

Por que usar as cores contrastadas coas crianzas?

Durante as primeiras semanas a capacidade visual da recentemente nada é moi limitada, pero empeza a mostrar interese por patróns en branco e negro. Síntese atraída polas liñas rectas, as franxas, os deseños cuadriculados e canto máis contraste teñan, máis chamarán a súa atención. A medida que a súa percepción se vai desenvolvendo, mostrarase receptiva sobre todo coa cor vermella, por ser esta a máis luminosa e brillante das cores.

Aos dous meses a bebé xa distinguirá primeiro a cor vermella e logo o verde. Aos tres meses poderá distinguir o azul e o amarelo e aos catro poderá distinguir a maioría das cores. Antes dos seis meses non poderá percibir as formas dos obxectos, soamente o contorno, onde cambian as zonas de cor e soamente se estas teñen un forte contraste. Non será ata a partir dos seis meses que a súa percepción visual xa recoñecerá unha ampla gama de cores e tons diferentes.

A Pelota Pikler acompaña á bebé en todas as súas fases de desenvolvemento; no agarre, na manipulación dentro do cesto dos tesouros, no gateo e nos primeiros desprazamentos. É un material respectuoso coa etapa de crecemento do bebé: deixade que a manipule, observe, agarre, a deixe ir, a tire, a persiga, a busque…

A Pelota Pikler é artesanal realizada en fibra natural (medula de bambú) sen pegamento; completamente seguras. Ao ser unha fibra natural, as pequenas hebras que poidan desprenderse son inofensivas para a bebé.

Triángulo con e sen rampa Pikler

O triángulo Pikler é unha estrutura de madeira deseñada para que a crianza poida rubir polos seus banzos. Unha vez na zona máis alta, pode baixar polo outro lado, ou deslizarse por una rampa adicional. Mediante o seu uso, as crianzas divírtense á vez que exploran os límites das súas capacidades físicas, poñendo a proba o seu equilibrio, coordinación xeral e fortaleza física.

O triángulo Pikler pódese comezar a usar desde os 6 meses e ata os 5 anos. Por veces, pode xerar inquedanza o risco de caídas que poden experimentar as bebés. Ese é o reto que expón este xogo, a aprendizaxe a base de erros e a superación día a día de si mesmas alcanzando metas aos poucos.

O triángulo Pikler está deseñado para que a criatura poida experimentar con el de forma totalmente natural, sen a intervención de adultas máis aló do necesario acompañamento. Todo iso contribúe a potenciar a súa independencia e o seu crecemento persoal, mentres ao mesmo tempo divírtese e entretense de forma sa. A crianza irá conseguindo desafíos saudables, en todo momento, polo que non só aprenderá a conseguir os seus propios propósitos senón facelo sen presións externas, desenvolvendo así a súa confianza en si mesma, o cal é importantísimo para que afronte calquera outro tipo de reto diario.

Ao principio é imprescindible que haxa unha adulta acompañando o xogo; non intervindo nin forzando, senon soamente acompañando. Aínda que se trata dunha estrutura segura, nas etapas nas que a crianza é máis inestable, e ten unha coordinación máis inmatura, necesitará acompañamento. Unha vez creza e adquira máis control do seu propio corpo, poderá xogar de forma máis independente. Recomendamos o uso deste tipo de estruturas sen ningún tipo de calzado, Calcetíns ou zapatos non axeitado poden provocar caídas

A sinxeleza da súa estrutura permite tamén que a crianza desenvolva a imaxinación, a medida que a utilizan dando distintos usos ao triángulo. Non só pola maneira en que a escalan e se moven, senón coa posibilidade de: poder engadirlle ramplas adicionais para deslizarse como un tobogán, ou mesmo colocar unha manta encima e convertela nunha especie de cabana na que introducirse.

Que triángulo Pikler elixir?

Existen distintos tipos de medidas dos triángulos Pikler e estas adoitan oscilar ao redor dos 80 cm de longo, 80 cm de ancho e 70 cm de alto, aínda que os hai de distintos tipos e tamaños, todo dependerá da idade e da altura e tamaño da criatura.

Cal é o mellor lugar para que a crianza xogue co triángulo?

O máis habitual é que a crianza xogue en casa no seu cuarto, nunha habitación de xoguetes destinada para iso, no salón do fogar… tamén na aula. Con todo, grazas á súa portabilidade (a maioría deles pesan ao redor de 5 kg ou mesmo menos), pode ser boa idea usalos tamén no exterior, como o xardín, o patio… para gozalo ao aire libre. Mesmo podedes levalo ao parque, e que así a crianza poida probalo en compañía doutras crianzas, como pasa na escola.

Como xa vos comentei anteriormente no texto, elixir ben as calidades do produto é moi importante xa que ao final, estamos a falar dun xoguete dirixido a criaturas pequenas, mesmo bebés. En Gaia, por exemplo, o material pikler que seleccionamos está feito con materiais robustos e naturais, 100% libres de tóxicos.

Táboa curva Pikler

É un material de xogo libre que non ten unha utilidade ou forma concreta de xogar, senón que evoluciona coa creatividade e imaxinación das crianzas, transfórmase en multitude de posibles xogos e grandes momentos de diversión.

No momento en que a crianza se sobe encima dunha táboa curva, ten que balancear o seu corpo e reequilibrar o seu peso para poder manter o equilibrio de forma estable. Isto implica unha serie de complexos cambios e axustes en relación a como reparte o seu peso, a que posición adoptar e a que velocidade moverse que realiza case de forma inconsciente pero que lle axudan a tomar conciencia do seu propio corpo e a manter o equilibrio.

Por suposto, outro dos grandes beneficios da táboa curva é o desenvolvemento da imaxinación e a creatividade. As cousas non se ven do mesmo xeito cando estás encima dunha táboa curva e te balanceas. Cando estamos de pé case sen equilibrio somos capaces de crear nuevo pensamentos moito máis libres porque o noso cerebro actúa dunha forma distinta que cando estamos sentadas ou quietas sobre o chan.

Ademais, a sinxeleza da táboa curva transfórmaa tamén nun material de xogo aberto que pode transformarse en moitas cousas grazas á imaxinación das crianzas. Algunhas crianzas dánlle a volta á táboa curva e úsana para saltar por encima ou para construír un circuíto de obstáculos xunto con outros materiais ou obxectos de casa, por exemplo a cama ou o sofá. Tamén é perfecta como ponte polo que teñen que pasar os coches, ou como unha casiña na que se refuxian as bonecas cando hai mal tempo.

A moitas crianzas encántalles tamén usar a táboa curva para poñer nela distintos materiais (un tren, un boneco, etc.) e balancealo observando así que sucede: o obxecto móvese? si o abalo moi rápido cae? e se o fago máis lentamente? Tamén a poñen de lado e entón convértese nun castelo, en unha tenda, en unha cociña ou en calquera outra cousa que a elas se lles ocorra.

Que debemos ter presente ao comprar unha táboa curva?

A táboa curva Wobbel está recomendada para usar a partir dos 0 meses, con acompañamento adulto. Nos primeiros meses de vida da bebé, pódese balanceala suavemente sobre a táboa curva e pódese deixar tamén que experimente e xogue gateando sobre ela, tocándoa, movéndoa, etc.

Cando xa consiga camiñar e manterse estable sobre as dúas pernas, é o momento de usar a táboa curva Wobbel para practicar o equilibrio sobre ela. É unha sensación que lles encanta descubrir!

A partir dos 3 anos, que é cando as crianzas experimentan ao máximo coa súa imaxinación e creatividade, usarán a táboa curva tamén como xogo libre e aberto, combinándoo con outros materiais e xoguetes e dando renda solta á súa imaxinación.

Isto é importante porque cada etapa de desenvolvemento da criatura adáptase a unha forma de xogo distinta. Elas mesmas, ao seu propio ritmo, iranas descubrindo, non se debe impor ningún xogo concreto.

Só lembra que se recomenda unha maior presenza adulta coas crianzas menores de 3 anos. Creemos que é mellor que esteas ti ao seu lado, acompañando (nunca forzando) vendo como interactúa coa táboa curva. Nun primeiro momento, pode estar sentada ou estirada, para que ti poidas mexela e bambeala de forma segura e confortable para ela.

Desde Gaia recomendámosche as táboas de Wobbel, sen dúbida, un referente entre todos os fabricantes de táboas curvas. Está fabricada con moitas capas da mellor madeira de haxa europea (FSC), que se amontoan e presiónanse a alta presión para así garantir a súa durabilidade.

Está deseñada para xogar no interior, pero tamén podes xogar con ela en exteriores, sempre que teñas coidado que o chan onde a coloques estea limpo para que a táboa non se dane.

táboa curva Wobbel board orixinal pesa 4,5 quilogramos e pode soportar ata 200 quilogramos de peso sobre ela. Así que é totalmente segura para as crianzas.

A táboa curva Woobel board tamén pode ter feltro, que axuda a protexela de golpes que poida ter a madeira e a que non escorregue sobre calquera superficie. É útil para balancearse dentro de casa e non é necesario ningunha alfombra debaixo.

En cambio, sen feltro podedes usala na casa (recomendamos encima dalgunha alfombra) e tamén en no exterior, xa que ao non ter feltro debaixo, non se mancha e é válida para todas as superficies. A táboa curva sen feltro tamén é útil para que escorreguen coches ao darlle a volta, para usala como unha ponte por onde circular coches ou mesmo tamén deslizarse a modo de tobogán.

Wobbel tamén dispón dunha plataforma de xogo, que, se vos gusta a táboa curva Wobbel Board orixinal, encantaravos. Trátase dun círculo de madeira cóncavo perfecto que ofrece infinitas posibilidades de movemento e xogo. Bambolea, xira, balancea de lado a lado… e ademais serve como superficie que delimita o xogo, un lugar perfecto para debuxar con pequenas pezas soltas, ou para crear mini mundos.

Agnès Szanto Feder (2011) no seu artigo, Reflexiones acerca del trabajo en el Instituto Pikler (“Lóczy”) de Budapest, Hungría, argumenta con respecto ao tratamento da autonomía das crianzas no instituto pikler:

“La actividad autónoma se inscribe en este marco; no es un método, no se trata tampoco de ciertos momentos permitidos al bebé: es un modo de vida. Cuando el adulto se separa del niño después de haberlo cambiado, por ejemplo, estando éste satisfecho y despierto, es para permitirle estar activo (como sigue estándolo el adulto, por otra parte), para permitirle vivir sus curiosidades, permitirle poder ejercer sus deseos o, más simplemente, poder moverse a su voluntad – cuya condición es la motricidad descrita más arriba – manipular los objetos, observar a sus compañeros y acercarse a ellos, descubrir novedades en su entorno…
El bebé autónomo ejerce así su voluntad, pone en juego su iniciativa, experimenta sus capacidades y sus límites, es “responsable” de su propia seguridad y de sus adquisiciones, elaborando una gran confianza en sus propias capacidades y en su eficacia. Para algunos teóricos, esto significa que la actividad autónoma es un valor fundante de la persona”.