Elena Cacabelos Suárez

Son Elena. De nena contáronme que facer o que realmente amas, aquilo que de algunha maneira resoa en ti i e consoante, vibra na mesma frecuencia, co que emocionalmente levas dentro,fará que te sintas pleno, satisfeito, que podas dar o mellor de ti. Estudei dereito e traballei como asesora financeira en banca. O meu corazón tróuxome a Gaia, onde traballo en cooperativa con dúas poderosas mulleres que me nutren e das que aprendo cada día. Dende aquí, o noso compromiso ca maternidade consciente, a crianza respectuosa o movemento e o xogo libre. Facendo tribo. Grazas fillos por facerme pensar, repensar, crecer, aprender. Cada día pregúntate si realmente fas o que amas, se a resposta é negativa, segue buscando, segue o teu corazón.

UN XOGUETE PARA CADA IDADE

Sodes moit@s @s que nos pedides consello para mercar agora os agasallos de Nadal. Partamos do principio de que a clave para elixir os xoguetes das nosas crianzas é observar o seu xogo e coñecer os seus intereses. Cada nen@ ten un ritmo de desenvolvemento e unha personalidade propia. Se estamos…

Seguir leyendo

Verán en familia

O verán traeme moi bos recordos. Recordos de infancia: familia, amigos, reunións, sorrisos, sol, praia, natureza, xogo…Liberdade! Se algo é o verán, é liberdade 🙂 Fóra rutina! No verán non hai presas, nin almorzos frenéticos, nin carreiras para coller o bus, para chegar ao cole… Como credes que se sinten…

Seguir leyendo

Pezas soltas: tesouros da natureza

O verán está ás portas. As paisaxes están cheas de cor, a luz énchenos de enerxía,  chían os paxaros e cantan as ras. A natureza reventa de vida. É un momento estupendo para pasear e gozar. A natureza é o lugar propio do xogo na infancia. Aquí o xogo xorde…

Seguir leyendo