A través do xogo as crianzas descobren quen son, como é o mundo, cales son as súas cualidades. É a súa maneira de canalizar o que pensan e sinten, de reforzar o que son, de probar e errar nun entorno seguro.
Nestas pasadas semanas, moito nos teñen preguntado na tenda sobre cal é o «mellor xoguete» para esta ou aquela idade. É unha pregunta con resposta imposible ;)… pero aquí vai unha listaxe dos materiais que para min son imprescindibles.
Pezas soltas. Exploración e creatividade
É importante que algúns dos «xoguetes» que teñan as crianzas sexan materiais de xogo non estructurado. Que non teñan ningún fin concreto. Paus, pedras, bloques, caixas…
- Permiten que xurda o xogo simbólico, e non só a imitación.
- Serven para crear minimundos, explorar e entender o mundo.
- Acompañan as nosas crianzas en longos periodos de tempo, dende o seu xogo de exploración ata a creación de Minimundos, clasificación, conteo…
Os sacos sorpresa de Milaniwood, son unha opción xenial. Conteñen varios centos de pezas de madeira de faia e cada saco é unha sorpresa.
Panos. Posibilidades sen fín
Os panos son un material de xogo espectacular; teñen infinitas posibilidades e tamén irán medrando coa túa crianza. Retais, sábanas, sedas.. Son capaces de transformalo todo:
- Permiten desparecer. Cucú;)
- Son moi fáciles de manipular.
- Dan calidez e son confortables, acarician.
- Serven para crear refuxios, disfrazarse ou construir minimundos.
Golpea e cae. Causa-efecto
Golpear as bolas require coordinación entre o ollo e a man. Petar é un dos xogos preferidos nos primeiros anos, polo que pasarán un bo rato petando e vendo caer as bolas.
- Permite descubrir a causa-efecto, entre o golpe e a caída da bola.
- Traballan conceptos como permanencia, repetición e distinción das cores..
- Petar forte ou suave, control corporal e ritmo, son fundamentais para a aprendizaxe da fala.

12 Nins. Xogo simbólico e de imitación
Os Nins abren infinitas posibilidades de xogo. Non teñen xenero, tampouco indumentarida nin expresión. Por iso é un material tan rico, porque poden selo todo na mente das crianzas. Unha bailarina, unha médico, unha granxeira, papá, mamá ou eu. Está triste ou está content@?
Permiten o xogo simbólico e de imitación, fundamental para a compresión do mundo e a adquisición de habilidades sociais.
Masa de modelar.
Traballar con masas e texturas é importante. Deixar que se ensucien, que se mollen,.. O feedback sensorial transmítenos información fundamental sobre o que nos rodea.
- Modelar cas mans, permite crear e entender o mundo tridimensional. É un modo de auto-expresión e de trasladar a emoción.
- Require planificación, destreza e manexo da frustración.
- Permite centrarnos no proceso.
- Invita a creatividade.
Arbore musical. Ritmo
A árbore musical é máxica. Fascina a crianzas e persoas adultas, polo delicado e afinado son que fan as canicas ao baixar polas follas de diferentes tamaños. Un son relaxante, ritmico, delicado e sutilmente acuático.
- Permite interiorizar a escala musical, estimulando o oído.
- As crianzas descubrirán o ritmo, fundamental para a aprendizaxe da fala.
- Facer que baixen de unha en unha ou todas xuntas, axuda a interiorizar o concepto de unidade.
- Seguir a cánica mentras baixa, é un bo entrenamento dos músculos oculares para o inicio da lectoescritura.
Bambán. Movemento, equilibrio, creatividade
A Bambán é polivalente, a súas posibilidades de xogo son infinitas: unha ponte, un túnel, un tobogán… calquera cousa é posible cunha Bambán.
- Permite desenvolver o equilibrio e control do corpo.
- O sentido vestibular é clave para aprendizaxe e desenvolvemento da linguaxe, tamén é responsable do equilibrio emocional e do futuro equilibrio físico d@ nen@.
- Estes movementos están preparando a base para o éxito nas actividades lectoras, matemáticas, capacidades da linguaxe, atención, autoconfianza, seguridade e equlibrio interior. (Podedes leer máis en “La integración sensorial y el niño” de Jean Ayres)
Arco iris. Construcción
Xogar a construir estimula a motricidade fina, os razoamentos matemáticos, a lóxica espacial, é un estímulo para a creatividade e axuda a tolerancia da frustración. Perspectiva, ángulos e formas. Proba e error, que encaixa?
- Permite a comprensión de conceptos complexos como equilibrio, simetría e resistencia.
- Require destreza e concentración.
- Necesita planificación e lóxica.
“Todas as aprendizaxes máis importantes da vida fanse xogando na primeira etapa da vida. De ahí a importancia do xogo e de permitirlles explorar en liberdade” Francesco Tonucci














