Sonia López Sánchez

Son Sonia. Muller, nai e xornalista. Galega. Adiquei 15 anos da miña vida profesional á comunicación. Foi mentres estudaba xornalismo, moito antes de ser nai, cando comecei a investigar sobre cómo se paría en Galicia. Non me gustou o que atopei. Descubrín Gaia pouco antes de que nacera Lucas, e diso fai xa 6 anos. En Gaia atopei a miña forma de conciliar, criando aos meus fillo e filla mentras acompaño a mulleres que, coma min, resoan noutra forma de parir e críar, dende a consciencia e o respecto. Hoxe sei un pouco máis que entón de porteo, de xogo libre, de BLW, de partos respectados e do poderosas que somos as mulleres. E nese camino estamos. Dende a honestidade e a continua formación. Facendo tribo.

Recursos xeitosos para tempos de corentena

Xuntamos aquí algúns dos recursos que fomos vendo estes días que nos parecen interesantes para nenas e nenos 😉 Iremos engadindo outros segundo nos vaian chegando. De que estades botando man vós?   Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro…

Seguir leyendo

A luz como escenario de xogo

Dende o ventre materno xa somos quen de percibir a luminosidade do exterior. O descubrimento do mundo está ligado ao descubrimento da luz. A mirada da nai, o propio corpo, o corpo dos outros… A maxia da luz aparece de repente, como unha sombra ou un raio de sol na…

Seguir leyendo

A primeira silla de auto do voso bebé

Que características debe ter o dispositivo de retención dun recén nacido A nosa primeira recomendación é que busquedes unha asesoría persoal sobre Sistemas de Retención Infantil (SRI). Achegádevos a unha tenda física na que poidades expoñer cales son as vosas necesidades. Hai moitas preguntas que vos debedes facer antes de…

Seguir leyendo

Cueiros de tea: coidados básicos

Se estás lendo isto é porque xa te decidiches a probar os cueiros lavables, así que noraboa!  Como en tantas outras cuestións relacionadas coa maternidade e a crianza, hai un monte de prexuizos e falsas crenzas que nos frean a dar o paso, e moitas voces que nos din «estaste complicando…

Seguir leyendo

Como escoller os primeiros zapatos

O pé, aínda sendo moi pequeno con respecto ao resto do corpo, é unha estrutura realmente complexa. Coordina 26 osos, 33 articulacións e máis dun cento de músculos, ligamentos e tendóns. Nos primeiros anos de vida, presenta moitas estruturas xa formadas e definidas pero aínda estamos ante unha formación fráxil…

Seguir leyendo