Colección do Berce á Lúa de Kalandraka
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos. Estes pictogramas poéticos ou poegramas foron deseñados especialmente para bebés e crianzas de ata 3 anos. Os poegramas son, en palabras do poeta Antonio Rubio, unha modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a "educar o ollo e adozar o oído" dos pequenos lectores.
Edición de 16x16 cm. Un libro de tamaño perfecto para bebés.