INVENTARIO ILUSTRADO DOS ANIMAIS CON COLA (EN GALEGO)
  • Nuevo
INVENTARIO ILUSTRADO DOS ANIMAIS CON COLA (EN...

INVENTARIO ILUSTRADO DOS ANIMAIS CON COLA (EN GALEGO)

lii989
Últimas unidades en stock
18,00 €

Inventario ilustrado dos animais con cola de Kalandraka

Descripción

Inventario ilustrado dos animais con cola

Para non perder o equilibrio, desprazarse, comunicarse, atacar ou defenderse... A cola destes animais é máis importante do que parece e este álbum descóbrenos as formas, cores e funcións deste curioso apéndice en especies de todo o mundo. O raposo, a toupa, o pato, o tritón… son animais vertebrados que contan cun apéndice corporal que ten máis importancia da que parece. Con formas, cores e funcións distintas en cada especie, esta prolongación da columna vertebral é un órgano moi interesante, tal e como nos descubre este libro. "Inventario ilustrado de animais con cola" xurdiu a raíz da exposición «Parce Queue», organizada polo Museo de Historia Natural de Neuchâtel e presentada no Museo-Acuario de Nancy, vencellado á Universidade de Lorena. Reúne máis de 40 referencias da fauna que habita en lugares moi distintos do planeta, algunhas delas presentes na xeografía galega. De cada animal indícase o seu nome común e científico, a súa clasificación zoolóxica e unha descrición que inclúe a utilidade que lle dá á súa cola: manter o equilibrio, contribuír ao movemento, comunicarse cos seus conxéneres, atacar ou defenderse… Virginie Aladjidi supervisou a obra, con textos de Pierre-Antoine Gérard e Lucile Guittienne, responsables do Museo-Acuario de Nancy. Ao igual que nos demais títulos desta serie, Emmanuelle Tchoukriel realizou as ilustracións, nas que destaca o realismo na representación dos animais e a mestría no uso da acuarela, xogando coas transparencias. Un álbum científico e instrutivo, asequible a lectores de todas as idades, para afondar no coñecemento da biodiversidade e sensibilizar sobre a necesidade de preservar a natureza.

Colección Inventarios ilustrados
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas 48
Tamaño 21,5 x 30 

Detalles del producto

Related products

Información del fabricante

Fabricante: Kalandraka

Kalandraka Editora, S.L.

C/ Pastor Díaz, 1, 4B

36001, Pontevedra

España

infoweb@kalandraka.com

Producto añadido a la lista de deseos