Quen Son? Crias de animais. Australia. Ed. Kalandraka (Galego)
Quen Son? Crias de animais. Australia. Ed. Kalandraka (Galego)

Quen Son? Crias de animais. Australia. Ed. Kalandraka (Galego)

lii995
Últimas unidades en stock
14,00 €

A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. 

🌴 Estaremos de vacaciones del 1 al 16 de agosto.
Puedes seguir comprando con normalidad: los pedidos se enviarán a partir del 17 de agosto.

Descripción

Koala, canguro, ornitorrinco… un libro para que os máis cativos coñezan a fauna do territorio australiano presentada polas propias crías das principais especies. Unhas fermosas ilustracións realistas formulan unha sinxela adiviña que se resolve con información sobre estas crías e as súas familias.

A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha preséntasenos cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina, onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información.

Son textos cientificamente rigorosos que plasman a realidade da natureza de forma doada e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade e as distintas formas de crianza. Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustración científica, e destacan pola expresividade e pola tenrura dos protagonistas. A parte narrativa e a visual compleméntanse, resultando un material de referencia non só para escolas e bibliotecas, senón tamén para compartir no fogar.

Páginas: 40
Tamaño:22cm*22cm

Detalles del producto

Información del fabricante

Fabricante: Kalandraka

Kalandraka Editora, S.L.

C/ Pastor Díaz, 1, 4B

36001, Pontevedra

España

infoweb@kalandraka.com

Producto añadido a la lista de deseos