Datos xerais

En cumprimento do deber de información estipulado no artigo 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega en calidade de titular do sitio web www.gaiaecocrianza.com, procede a comunicarlles os datos identificativos esixidos pola referida norma:

  • Denominación social: Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega
  • Domicilio social: Santiago de Guayaquil, 6, baixo esq, 15702, Santiago de Compostela (A Coruña)
  • CIF: F70455779
  • Enderezo de correo electrónico: info@gaiaecocrianza.com
  • Datos de inscrición no Libro de Inscrición de Sociedades Cooperativas: Tomo VIII, folla 402-SCT.

A presente información conforma e regula as condicións de uso, as limitacións de responsabilidade e as obrigas que, os usuarios da páxina Web que publícase baixo o nome de dominio www.gaiaecocrianza.com/blog, asumen e comprométense a respectar.

Condicións de uso

A simple e mera utilización da Páxina otorga a condición de usuario da Páxina, ben sexa persoa física ou xurídica, e obrigadamente implica a aceptación completa, plena e sen reservas de todas e cada unha das cláusulas e condicións xerais incluidas no Aviso Legal. Se o Usuario non estivera conforme coas cláusulas e condicións de uso deste Aviso Legal, absterase de utilizar a Páxina. Este Aviso Legal está suxeito a cambios e actualizacións polo que a versión publicada por Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega. pode ser diferente en cada momento no que o Usuario acceda ó Portal. Polo tanto, o Usuario debe ler o Aviso Legal en todas e cada unha das ocasións en que acceda á Páxina.

A través da Páxina, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega facilita ós Usuarios o acceso e a utilización de diversos Contidos publicados por medio de Internet por Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega ou por terceiros autorizados.

O Usuario está obrigado e comprométese a utilizar a Páxina e os Contidos de conformidade coa lexislación vixente, o Aviso Legal, e calquera outro aviso ou instrucións postos no seu coñecemento, ben sexa por medio deste aviso legal ou en calquera outro lugar dentro dos Contidos que conforman a Páxina, así como coas normas de convivencia, a moral e bós costumes xeralmente aceptados. A tal efecto, o Usuario obrígase e comprométese a NON utilizar calquera dos Contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no Aviso Legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera xeito poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos Contidos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático, propios ou contratados por Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega, doutros Usuarios ou de calquera usuario de Internet (hardware e software).

O Usuario obrígase e comprométese a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros calquera clase de material contido na Páxina, tales como informacións, textos, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, grabacións, software, logotipos, marcas, iconos, tecnoloxía, enlaces, deseño gráfico e códigos fonte, ou calquera outro material ó que tivera acceso na súa condición de Usuario da Páxina, sen que esta enumeración teña carácter limitativo. Así mesmo, de conformidade con todo elo, o Usuario non poderá:

– Reproducir, copiar, distribuir, poñer a disposición ou de calquera outro xeito comunicar públicamente, transformar ou modificar os Contidos, a menos que conte coa autorización escrita e explícita de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega, que é titular dos correspondentes dereitos, ou ben que elo resulte legalmente permitido.

– Suprimir, manipular ou de calquera xeito alterar o copyright e demais datos identificativos da reserva de dereitos de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega ou de seus titulares, das pegadas e/ou identificadores dixitais, ou de calquera outros medios técnicos establecidos para o seu recoñecemento.

O Usuario deberá absterse de obter e incluso de tentar obter os Contidos empregando para elo medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, tivéranse posto á súa disposición a este efecto ou foran indicados a este efecto nas páginas Web onde se atopen os Contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet a este efecto sempre que non entrañen un risco de dano ou inutilización da Páxina, e/ou dos Contidos.

Propiedade intelectual

Tódalas marcas, nomes comerciais ou distintivos de calquera clase que aparecen na Páxina son propiedade de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega ou, no seu caso, de terceiros que autorizaron o seu uso, sen que poida entenderse que o uso ou acceso á Páxina e/ou ós Contidos atribúa ó Usuario dereito algún sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou distintivos, e sen que poidan entenderse cedidos ó Usuario, ningún dos dereitos de explotación que existen ou poidan existir sobre ditos Contidos. De igual xeito os Contidos son propiedade intelectual de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega, ou de terceiros no seu caso, ós cais lles corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera xeito e, en especial, os dereitos de reproducción, distribución, comunicación pública e transformación. A utilización non autorizada da información contida nesta Web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega ou de terceiros incluidos na Páxina que tiveran cedido contidos dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Dispoñibilidade da páxina

Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á Páxina, ós seus Contidos, nin que éstes se atopen actualizados, inda que desenvolverá os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos. Por conseguinte, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega non se responsabiliza dos danos ou perxuizos de calquera tipo producidos no Usuario que traian causa de fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo da Páxina durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega exclúe, coas excepcións contempladas na lexislación vixente, calquera responsabilidade polos danos e perxuízos de toda natureza que poidan deberse á falla de dispoñibilidade, continuidade ou calidade do funcionamento da Páxina e dos Contidos, ou no cumprimento da expectativa de utilidade que os usuarios houberan podido atribuir á Páxina e ós Contidos.

A función dos Hiperenlaces que aparecen nesta Web é exclusivamente a de informar ó usuario acerca da existencia doutras webs que conteñen información sobre a materia. Ditos Hiperenlaces non constitúen suxestión nin recomendación algunha.

Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega non se fai responsable dos contidos de ditas páxinas enlazadas, do funcionamento ou utilidade dos Hiperenlaces nin do resultado de ditos enlaces, nin garante a ausencia de virus ou doutros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), os documentos ou os ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ó usuario por este motivo.

O acceso á Páxina non implica a obriga por parte de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ó Usuario, en todo caso, a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños, polo tanto, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir durante a prestación do servizo da Páxina, nin dos posibles danos que poidan causarse ó sistema informático do usuario ou de terceiros (hardware e software), os arquivos ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do usuario utilizado para a conexión ós servizos e contidos da Web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

Calidade da páxina

Dado o entorno dinámico e cambiante da información e servizos que suminístranse por medio da Páxina, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega realiza o seu mellor esforzo, pero non garante a completa veracidade, exactitude, fiabilidade, utilidade e/ou actualidade dos Contidos. A información contida nas páxinas que compoñen esta Páxina só ten carácter informativo, consultivo, divulgativo e publicitario. En ningún caso ofrecen nin teñen carácter de compromiso vinculante ou contractual.

Limitación de responsabilidade

Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega exclúe toda responsabilidade polas decisións que o Usuario poda tomar basado nesta información, así como polos posibles erros tipográficos que poidan conter os documentos e gráficos da Páxina. A información está sometida a posibles cambios periódicos sen previo aviso do seu contido por ampliación, mellora, corrección ou actualización dos Contidos.

Notificacións

Tódalas notificacións e comunicacións por parte de Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega ó Usuario realizadas por calquera medio consideraranse eficaces a tódolos efectos.

Dispoñibilidade dos contidos

A prestación do servizo da Páxina e dos Contidos ten, en principio, duración indefinida. Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega, no obstante, queda autorizada para dar por rematada ou suspender a prestación do servizo da Páxina e/ou de calquera dos Contidos en calquera momento. Cando elo sexa razoablemente posible, Gaia dos Nenos Soc. Coop. Galega advertirá previamente a terminación ou suspensión da Páxina.

Protección de datos de carácter persoal

Ler a Política de Privacidade.

Xurisdición

Para cantas cuestións se susciten sobre a interpretación, aplicación e cumprimento deste Aviso Legal, así como das reclamacións que poidan derivarse do seu uso, tódalas partes intervintes sométense ós Xuíces e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando de xeito expreso á calquera outro foro que puidera corresponderlles. Lexislación aplicable que ríxese pola lei española.

Información relacionada coa resolución de disputa en liña do Art. 14, párr. 1 do ODR (Regulación de resolución de disputa en liña):
A Comisión Europea ofrece ós consumidores a oportunidade de resolver disputas en liña conforme ó Art. 14, párr. 1 do ODR nunha das súas plataformas. A plataforma (http://ec.europa.eu/consumers/odr) serve como web na que os consumidores poden tentar chegar a acordos sen ir a xuízo relacionados coas disputas que surxan nas compras e contratos de servizos en liña.