Como liberar o potencial na infancia co método MONTESSORI
Unha guía práctica dos 30 meses aos 6 anos
A partir dos dous anos e medio, aumenta a curiosidade das nenas e dos nenos, e con ela, a necesidade de proporlles actividades que estimulen o seu crecemento autónomo. Esta obra é a continuación de Como liberar o potencial do voso neno, 0-2 anos, de Daniela Valente, e segue a liña do primeiro libro, publicado por Catro Ventos Editora: ser unha guía práctica chea de actividades e xogos con obxectos sinxelos que podedes atopar facilmente, e moitos consellos e suxestións interesantes para desenvolver o potencial das miúdas e miúdos de entre 30 meses e 6 anos tomando como base os principios do método Montessori e as descubertas más avanzadas da neuropedagoxía e a pedagoxía activa.
Actividades de vida práctica, preparación á lectura e á escritura, desenvolvemento do sentido artístico, matemático e musical… Cada páxina e suxestión están pensadas para crear un ambiente que motive a libre escolla dentro duns límites claros e implique as cativas e os cativos na vida diaria da familia e da contorna co obxectivo de formar persoas únicas e plenamente capacitadas. Citando a Maria Montessori, este libro busca «facer que o neno poida espontaneamente escoller as súas ocupacións, que fique concentrando nelas o maior tempo posible e que cambie de ocupación cando considere».