{"id":2599,"date":"2023-03-14T12:37:00","date_gmt":"2023-03-14T10:37:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/?p=2599"},"modified":"2023-03-15T00:27:42","modified_gmt":"2023-03-14T22:27:42","slug":"a-permanencia-do-obxecto-as-caixas-de-permanencia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/gl\/a-permanencia-do-obxecto-as-caixas-de-permanencia\/","title":{"rendered":"A permanencia do obxecto: as caixas de permanencia"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>As caixas de permanencia Montessori son materiais que favorecen o desenvolvemento do sentido de permanencia dos obxectos.<\/strong> Con elas as nenas e nenos poder\u00e1n traballar tam\u00e9n o movemento, a psicomotricidade fina, a coordinaci\u00f3n \u00f3culo-manual, a resoluci\u00f3n de problemas e a l\u00f3xica matem\u00e1tica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O sentido da permanencia \u00e9 aquel que nos permite ser conscientes da existencia das cousas a\u00ednda cando desaparecen da nosa vista. <\/strong>Para unha beb\u00e9, cando algo desaparece da s\u00faa vista, desapareceu para sempre: se non o ve, non existe. \u00c9 por iso que moitas veces observamos que, se nos apartamos do \u00e1ngulo de visi\u00f3n de nosas beb\u00e9s, elas rompen a chorar. Por se vos interesa, podedes botar un ollo a este  <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=UthHO7OYkOs\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">v\u00eddeo de experimentos con beb\u00e9s<\/a> sobre a permanencia do obxecto nos laboratorios de Andrea Aguiar da Universidade de Waterloo, Canad\u00e1 e Andrew Meltzoff da Universidade de Washington.<\/p>\n\n\n\n<p>O desenvolvemento do sentido da permanencia \u00e9 algo que as crianzas ir\u00e1n adquirindo coa madurez, pero\u2026 podemos n\u00f3s axudar \u00e1 adquisici\u00f3n do sentido da permanencia? Claro que SI! Hai diversos xogos que podemos facer coas beb\u00e9s que lles axudar\u00e1n a ir adquir\u00edndoo aos poucos. Estes xogos poden ser tales como: esconder un xoguete debaixo dunha manta deixando destapado un anaco para que vexa ese oco e ch\u00e1melle a atenci\u00f3n buscalo, o t\u00edpico xogo do cuc\u00fa- tr\u00e1s, \u2026 En definitiva, todos aqueles xogos que consisten en esconder algo ou escondernos n\u00f3s, pero adapt\u00e1ndoos dunha forma moi progresiva, para que non sexa algo que lle provoque frustraci\u00f3n. Xogos nos que a crianza se sinta motivada a investigar e descubrir aos poucos a permanencia dos obxectos.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Como se desenvolve habilidade referida \u00e1 noci\u00f3n da permanecia?<\/h2>\n\n\n\n<p>Na s\u00faa teor\u00eda do desenvolvemento cognitivo, Piaget fala de ata seis subetapas nas que a noci\u00f3n da permanencia do obxecto vai desenvolv\u00e9ndose.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Subetapa da actividade reflexa<\/h4>\n\n\n\n<p>Esta subetapa vai desde o nacemento ata o primeiro mes.&nbsp;A beb\u00e9 aprende como pode moverse o seu corpo, a\u00ednda que ten unha visi\u00f3n moi borrosa e os seus lapsos de atenci\u00f3n son m\u00e1is ben curtos. Lim\u00edtase a exercitar reflexos innatos. Os tres principais logros desta subetapa son chuparse os dedos, seguir cos ollos algo que se move e pechar as mans.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Subetapa de reacci\u00f3ns circulares primarias<\/h4>\n\n\n\n<p>Vai desde mes 1 ao 4 de vida.&nbsp;A beb\u00e9 ve os obxectos e empeza a fixarse m\u00e1is neles. Pode ser que cando lle escondan un obxecto a beb\u00e9 trate de buscalo durante un intre, pero non vai esforzarse moito e, ao cabo de pouco tempo, far\u00e1 como que xa non existe. Non hai permanencia do obxecto de ningunha maneira. Con todo, si que mostra certas respostas anticipatorias ante imaxes e sons familiares, como pode ser abrir a boca ante unha culler ou succionar o aire ao ver un biber\u00f3n. As s\u00faas acci\u00f3ns son menos reflexivas que na subetapa anterior, e xa se comporta de forma m\u00e1is intencional. Descobre como usar o seu corpo.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Subetapa de reacci\u00f3ns circulares secundarias<\/h4>\n\n\n\n<p>Esta etapa vai dos 4 aos 8 meses.&nbsp;As beb\u00e9s alcanzan obxectos que est\u00e1n parcialmente escondidos, sobre todo no s\u00e9timo mes. Non \u00e9 permanencia do obxecto do todo, debido a que se o obxecto \u00e9 escondido por completo a beb\u00e9 non o buscar\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Subetapa de coordinaci\u00f3n das reacci\u00f3ns circulares secundarias<\/h4>\n\n\n\n<p>Esta etapa vai dos 8 aos 12 meses e xa podemos falar de permanencia do obxecto. A nena e\/ou o neno \u00e9 capaz de recuperar un obxecto que se atopa totalmente oculto na mesma habitaci\u00f3n, a condici\u00f3n de que vise como llo escond\u00edan.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Reacci\u00f3ns circulares terciarias<\/h4>\n\n\n\n<p>Esta etapa vai dos 12 aos 18 meses. A nena e\/ou o neno&nbsp;est\u00e1 en condici\u00f3ns de recuperar un obxecto oculto varias veces dentro do seu punto de vista, pero non pode localizalo cando estea f\u00f3ra do seu campo perceptual. \u00c9 dicir, se se lle esconde un xoguete sen que ela o vexa e nun lugar que non lle soa que puidese estar, a crianza non o vai a atopar. Isto \u00e9 debido a que a beb\u00e9 a\u00ednda non ten a capacidade de representaci\u00f3n interior para representar o obxecto e imaxinarse varios lugares nos que poder\u00eda estar.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Resoluci\u00f3n simb\u00f3lica de problemas<\/h4>\n\n\n\n<p>A nena e\/ou o neno xa comprende perfectamente a idea de permanencia do obxecto.&nbsp;\u00c9 capaz de entender que os obxectos poden estar ocultos en lugares novos, \u00e9 dicir, p\u00f3dese facer unha representaci\u00f3n mental de que un oso de xoguete est\u00e1, por exemplo, dentro dun contedor a\u00ednda que nunca antes o vira a\u00ed. Pode representar mentalmente imaxes do obxecto e exporse diferentes escenarios onde poder\u00eda estar. Non necesita ver como llo esconden para ir na s\u00faa procura.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que os achados de Piaget foron fundamentais para a psicolox\u00eda do desenvolvemento, son moitas quen os po\u00f1en en d\u00fabida. Un exemplo diso t\u00e9molo nas investigaci\u00f3ns de Bower, T. G. R. e Wishart, J. G. (1972). No seu artigo, <em><a href=\"https:\/\/www.sciencedirect.com\/science\/article\/abs\/pii\/0010027772900170\"><strong>The effects of motor skill on object permanence<\/strong><\/a><\/em>, mostran os resultados e conclusi\u00f3ns derivadas dos seus experimentos onde se documentaron casos de total adquisici\u00f3n de permanencia do obxecto en beb\u00e9s de tan s\u00f3 3 meses de idade, algo que \u00e9 moi prematuro tendo en cuenta que Piaget falaba de, como m\u00ednimo, 16 meses.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, estas mesmas investigadoras suxeriron explicaci\u00f3ns alternativas de por que as beb\u00e9s non buscan xoguetes ocultos: as criaturas moi pequenas simplemente poden non ter a coordinaci\u00f3n f\u00edsica necesaria para buscar o obxecto, e, noutros casos, tam\u00e9n \u00e9 posible que as beb\u00e9s non te\u00f1an interese en atopar dito obxecto oculto.<\/p>\n\n\n\n<p>Cada nena e cada neno \u00e9 un mundo e a velocidade coa que vai adquirir a noci\u00f3n de permanencia do obxecto var\u00eda de persoa en persoa. As subetapas propostas por Piaget non se deben ver como algo fixo e inamovible, debido a que pode haber crianzas que tarden un pouqui\u00f1o m\u00e1is e outras que tarden un pouqui\u00f1o menos. Mesmo se debateu sobre se a permanencia do obxecto depende de factores culturais e estimulaci\u00f3n temper\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=cnK8JZROzxM\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>Aqu\u00ed vos deixo un v\u00eddeo<\/strong><\/a> sobre os 4 estadios de desenvolvemento cognitivo formulados por Piaget, pai da psicolox\u00eda evolutiva, con diferentes probas: permanencia do obxecto, conservaci\u00f3n e pensamento.<\/p>\n\n\n\n<p>1\u00ba <strong>Periodo sensorio-motor<\/strong> (nenas e nenos de 0-2 anos)<\/p>\n\n\n\n<p>2\u00ba <strong>Periodo pre-operacional<\/strong> (nenas e nenas de 2-7 anos)&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>3\u00ba <strong>Periodo concreto<\/strong> (nenas e nenos de 7-11 anos)<\/p>\n\n\n\n<p>4\u00aa <strong>Periodo formal<\/strong> (crianzas e adolescentes de 11 anos en diante, aproximadamente ata os 19 anos)<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Caixas de permanencia<\/h2>\n\n\n\n<p>As caixas de permanencia son unha sorte de \u201ccaixas\u201d de madeira nas que poderemos meter un obxecto que por un momento deixaremos de ver. Nas primeiras caixas de permanencia o obxecto volver\u00e1 \u00e1 vista da beb\u00e9 de forma r\u00e1pida, s\u00f3 ser\u00e1n duns segundos o tempo que deixe de velos. En caixas m\u00e1is complexas, o obxecto tardar\u00e1 un pouqui\u00f1o m\u00e1is en aparecer ou mesmo ser\u00e1 a beb\u00e9 a que ter\u00e1 que descubrilo abrindo un caix\u00f3n ou tras unha porta abat\u00edbel, \u2026etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Este material permitiralles practicar a habilidade manual de encaixar os obxectos e ademais favorecer\u00e1 algo moi importante tam\u00e9n nestas idades, a repetici\u00f3: cada vez que introducimos o obxecto, este volve sa\u00edr, o que fai que a criatura se interese por volver repetir a actividade unha e outra vez. Estas caixas chaman ao movemento e en especial ao movemento da man, algo que est\u00e1 estreitamente relacionado nestas idades temper\u00e1s co desenvolvemento cognitivo. E \u00e9 que, como dic\u00eda Mar\u00eda Montessori: \u201ca man \u00e9 o instrumento da intelixencia\u201d.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Para que idade est\u00e1n recomendadas as caixas de permanencia? <\/h3>\n\n\n\n<p>Hai diferentes caixas de permanencia que nos permitir\u00e1n ofrecer unha progresi\u00f3n. \u00c9 por iso que cada unha delas requirir\u00e1 dun momento diferente m\u00e1is encarado \u00e1 maduraci\u00f3n de cada beb\u00e9 que \u00e1 s\u00faa idade f\u00edsica. As caixas de permanencia son materiais que se usan nas escolas Montessori Ni\u00f1o (0 a 18 meses) e en Comunidade Infantil (18 a 36 meses).<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Tipos de caixas de permanencia<\/h3>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Con bandexa<\/h4>\n\n\n\n<p>A caixa de permanencia con bandexa \u00e9 a m\u00e1is sinxela de utilizar. Nela, a beb\u00e9 introduce a pelota polo buraco e rapidamente esta sae cara a bandexa. Neste momento, a crianza recup\u00e9raa e pode repetir a actividade se as\u00ed o desexa. O c\u00edrculo e a pelota son os m\u00e1is f\u00e1ciles de encaixar, xa que non requiren de que te\u00f1a que virar o pulso para encaixar a pelota que, ao ser redondeada, encaixa facilmente no c\u00edrculo. Como a bandexa \u00e9 curta, a pelota desaparecer\u00e1 soamente un instante e volver\u00e1 ser visible para a crianza, que poder\u00e1 recollela de novo da bandexa.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7721-900000199-caja-de-permanencia-1-educo-8719924058104.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"800\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000199_main_or_1-2.jpg-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4176\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000199_main_or_1-2.jpg-2.jpg 800w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000199_main_or_1-2.jpg-2-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000199_main_or_1-2.jpg-2-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000199_main_or_1-2.jpg-2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7721-900000199-caja-de-permanencia-1-educo-8719924058104.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa permanencia Montessori con bandexa de Educo <\/a> <\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Caixa de permanencia con caix\u00f3n<\/h4>\n\n\n\n<p>Na caixa de permanencia con caix\u00f3n a pelota desaparecer\u00e1 completamente da vista das crianzas. Para vela e recuperala ter\u00e1n que abrir o caix\u00f3n coll\u00e9ndoo do pomo e estirando. A dificultade nesta caixa v\u00e9n dada polo feito de recuperar a pelota de dentro do caix\u00f3n. O caix\u00f3n sae e a crianza debe ter a habilidade suficiente para devolvelo ao seu sitio. A maiores ofrece unha dificultade engadida: a b\u00f3la ten unha contorna irregular o que obrigar\u00e1 \u00e1 crianza para exercer presi\u00f3n para facela pasar a trav\u00e9s do orificio.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7740-caja-permanencia-montessori-con-bola-de-crochet-8719924058159.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"800\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000208_main_or_1-2.jpg-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4177\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000208_main_or_1-2.jpg-2.jpg 800w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000208_main_or_1-2.jpg-2-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000208_main_or_1-2.jpg-2-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000208_main_or_1-2.jpg-2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7740-caja-permanencia-montessori-con-bola-de-crochet-8719924058159.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa permanencia Montessori con caix\u00f3n e b\u00f3la de crochet de Educo<\/a><\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Caixa de permanencia con caix\u00f3n longo<\/h4>\n\n\n\n<p>Esta caixa de permanencia ten un caix\u00f3n moito m\u00e1is alongado de xeito que ter\u00e1n que abrilo moito m\u00e1is para ver onde est\u00e1 a pelota. Ten inclinaci\u00f3n, polo que a pelota baixar\u00e1 soa polo caix\u00f3n. Do mesmo xeito que na caixa anterior, dito caix\u00f3n non poder\u00e1 sa\u00edrse, xa que ten un tope que llo impide.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7738-caja-permanencia-montessori-con-cajon-8719924058128.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"800\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000201_main_or_1-2.jpg-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4178\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000201_main_or_1-2.jpg-2.jpg 800w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000201_main_or_1-2.jpg-2-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000201_main_or_1-2.jpg-2-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/400_900000201_main_or_1-2.jpg-2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7738-caja-permanencia-montessori-con-cajon-8719924058128.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa permanencia Montessori con caix\u00f3n longo de Educo<\/a> <\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Caixa de permanencia de hucha con tapa<\/h4>\n\n\n\n<p>A caixa de permanencia de hucha con tapa, presenta unha nova dificultade para a criatura ao ter que encaixar unha peza con forma redonda pero plana. Necesitar\u00e1 alinear e xirar o pulso para introducir as moedas. Tam\u00e9n tenr\u00e1 que usar unha pinza m\u00e1is pequena cos dedos \u00edndice, coraz\u00f3n e polgar, e un maior control psicomotriz. Despu\u00e9s de introducir as moedas, a criatura ter\u00e1 que recuperalas sacando a tapa.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7958-caja-de-permanencia-grapat-8436580871631.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"545\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-1024x545.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4406\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-1024x545.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-300x160.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-768x408.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-1536x817.jpg 1536w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2-150x80.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/caja-permanencia-grapat-gaia-ecocrianza-2.jpg 1700w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7958-caja-de-permanencia-grapat-8436580871631.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa de permanencia de Grapat<\/a><\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<p><strong>Cunha soa forma xeom\u00e9trica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Estas caixas de permanencia presentan unha \u00fanica forma xeom\u00e9trica cunha porta que se abre. En cada unha delas traballaremos a habilidade espec\u00edfica para encaixar cada forma. Podemos empezar coas caixas do cilindro groso e do cilindro delgado que ao non ter \u00e1ngulos adoitan resultarlles m\u00e1is f\u00e1ciles e despois xa pasamos \u00e1s formas con \u00e1ngulos como o cadrado, rect\u00e1ngulo e tri\u00e1ngulo. Cando a criatura introduce a peza na caixa queda dentro dela, pero se se asoma pola porta poder\u00e1 vela por un buraco. Este buraco \u00e9 tan grande que case poder\u00eda sacala por a\u00ed, pero o feito de que haxa unha porta faille reforzar o concepto de estar a abrir algo para sacar un obxecto que hai dentro.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"600\" height=\"375\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/mdvgbmp7edpowosktgze-600x600-2-edited.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4388\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/mdvgbmp7edpowosktgze-600x600-2-edited.jpg 600w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/mdvgbmp7edpowosktgze-600x600-2-edited-300x188.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/mdvgbmp7edpowosktgze-600x600-2-edited-150x94.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/2663-peekaboo-cajas-permanencia-guide-craft-716243050589.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixas de permanencia Peekaboo de GuideCraft<\/a><\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Caixa de permanencia de tapa abat\u00edbel<\/h4>\n\n\n\n<p>As caixas de permanencia de tapa abat\u00edbel te\u00f1en a particularidade de que a crianza introduce os obxectos por unha banda e para poder recuperalos ten que pasar a tapa cara ao outro lado, polo que neste momento quedar\u00e1 preparada a caixa para repetir a actividade novamente. Por orde de dificultade temos: a caixa de permanencia abatible con pelota, a caixa de permanencia abatible con hucha e, por \u00faltimo, a caixa con 4 formas xeom\u00e9tricas dunha \u00fanica cor. A caixa de permanencia dobre de Enrosca ten unha porta basculante cun orificio a trav\u00e9s do que se encaixan as cinco pezas de cores. A porta vira e as pezas de madeira quedan de novo \u00e1 vista.&nbsp;<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/juguetes-de-apilar-y-encajar\/4017-en56-caja-doble-enrosca.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/en56-caja-doble-enrosca-1-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4180\" width=\"702\" height=\"523\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/en56-caja-doble-enrosca-1-1.jpg 381w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/en56-caja-doble-enrosca-1-1-300x224.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/en56-caja-doble-enrosca-1-1-150x112.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 702px) 100vw, 702px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/juguetes-de-apilar-y-encajar\/4017-en56-caja-doble-enrosca.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa de permanencia dobre de Enrosca<\/a> <\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Caixa de permancia con tres caix\u00f3ns inclinables<\/h4>\n\n\n\n<p>As crianzas te\u00f1en unha sensibilidade especial para os caix\u00f3ns, enc\u00e1ntalles abrilos para ver que hai dentro. Esta caixa ten tres caix\u00f3ns que se abren inclinando o caix\u00f3n. Desta forma deixa aparecer os obxectos que gardamos e a crianza pode volver gardalos dentro dos caix\u00f3ns e volver buscalos sempre que queira. Esta ademais presenta unha nova dificultade para a crianza ao ter que encaixar unha peza con forma redonda pero plana. Necesitar\u00e1 ali\u00f1ar e virar a bonec@ para introducir as moedas. Tam\u00e9n ter\u00e1 que usar unha pinza m\u00e1is pequena cos dedos \u00edndice, coraz\u00f3n e polgar, ademais de afinar o control psicomotriz.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7739-caja-permanencia-montessori-con-3-cajones-8719924058623.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"800\" height=\"800\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/tres-cajones-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-4182\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/tres-cajones-2.jpg 800w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/tres-cajones-2-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/tres-cajones-2-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/11\/tres-cajones-2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/a><figcaption><strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/motricidad-fina\/7739-caja-permanencia-montessori-con-3-cajones-8719924058623.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Caixa permanencia Montessori con 3 caix\u00f3ns de Educo<\/a> <\/strong><\/figcaption><\/figure><\/div>\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">As pelotas nas caixas de permanencia<\/h3>\n\n\n\n<p>Nas caixas de permanencia tam\u00e9n podemos encontrar diferentes tipos de pelotas: <\/p>\n\n\n\n<ul><li>A pelota de tipo golf, que \u00e9 unha pelota pesada que fai ru\u00eddo ao caer dando a sensaci\u00f3n dun obxecto que cae dentro da caixa.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<ul><li>A pelota de aire, que non pesa e non fai case ru\u00eddo ao caer.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<ul><li>A pelota de tea que fai que a crianza te\u00f1a que facer certa presi\u00f3n para que pase ao otro lado.<\/li><\/ul>\n\n\n\n<p>Poida que para as adultas resulte moi obvio, pero o que descubrir\u00e1 a beb\u00e9 coas caixas de permanencia \u00e9 un fito no seu desenvolvemento. Anim\u00e1mosvos a que fagades a proba con vosas beb\u00e9s, ao redor dos 8 meses, e observedes a s\u00faa reacci\u00f3n. Deixade que experimenten, metan os obxectos na caixa e, cando xa non os poidan ver e deduzan que desapareceron, abran o caix\u00f3n e: a\u00ed est\u00e1n!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As caixas de permanencia Montessori son materiais que favorecen o desenvolvemento do sentido de permanencia dos obxectos. Con elas as nenas e nenos poder\u00e1n traballar tam\u00e9n o movemento, a psicomotricidade fina, a coordinaci\u00f3n \u00f3culo-manual, a resoluci\u00f3n de problemas e a l\u00f3xica matem\u00e1tica.<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":4391,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[340],"tags":[786,795,788],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2599"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2599"}],"version-history":[{"count":19,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2599\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":4409,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2599\/revisions\/4409"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/4391"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2599"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2599"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2599"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}