{"id":2577,"date":"2022-10-14T21:00:00","date_gmt":"2022-10-14T19:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/?p=2577"},"modified":"2022-10-14T17:41:08","modified_gmt":"2022-10-14T15:41:08","slug":"emmi-pikler-movemento-libre-e-aprendizaxe-autonoma","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/gl\/emmi-pikler-movemento-libre-e-aprendizaxe-autonoma\/","title":{"rendered":"Emmi Pikler: movemento libre e aprendizaxe aut\u00f3noma"},"content":{"rendered":"\n<p>Emmi Pikler foi unha pediatra h\u00fangara que a principios do s\u00e9culo XX dirixiu un fogar para criaturas orfas en Budapest chamado casa Ni\u00f1o L\u00f3czy, po\u00f1endo en pr\u00e1ctica ideas pioneiras para o seu tempo. Ela defende que se deixe \u00e1s beb\u00e9s <strong>moverse libremente<\/strong>; tam\u00e9n que non se lles coloque en ningunha posici\u00f3n \u00e1 que non poidan chegar por elas mesmas. <strong>Confiar na capacidade innata das beb\u00e9s de alcanzar cada fito motriz evolutivo sen axuda, fomenta a s\u00faa autonom\u00eda e autoconfianza e deriva nun desenvolvemento m\u00e1is harm\u00f3nico, segundo esta teor\u00eda<\/strong>. Pikler conv\u00eddanos a <strong>cambiar la perspectiva<\/strong>, a ter paciencia, a confiar nas nosas criaturas e nas s\u00faas capacidades e non esixirlles que cumpran con par\u00e1metros previamente establecidos.<\/p>\n\n\n\n<p>Os beneficios m\u00e1is importantes de aplicar o m\u00e9todo Pikler, e fomentar as\u00ed o <strong>movemento libre<\/strong> e a <strong>aprendizaxe aut\u00f3noma<\/strong> nas beb\u00e9s, son principalmente emocionais: <strong>o respecto polas capacidades da criatura crea un marco de relaci\u00f3n adulta-criatura baseado no reco\u00f1ecemento e o apego positivo. Sobre a base desa confianza, a criatura desenvolver\u00e1 un mellor co\u00f1ecemento e auto-regulaci\u00f3n que contribuir\u00e1n a unha autoestima s\u00f3lida.<\/strong><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"718\" height=\"635\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2727\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1.jpg 718w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-300x265.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-150x133.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 718px) 100vw, 718px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Acompa\u00f1ar \u00e1s crianzas segundo a Pedagox\u00eda Pikler <\/h3>\n\n\n\n<p>O principio m\u00e1is famoso da metodolox\u00eda explica que a labor da familia e das coidadoras <strong>debe ser s\u00f3<\/strong> <strong>de acompa\u00f1amento<\/strong>, de forma que <strong>se limiten a ofrecer a seguridade e o apego necesarios&nbsp;para que as crianzas poidan desenvolverse por si mesmas&nbsp;sen inconvintes<\/strong>. Esta falta de intervenci\u00f3n psicomotriz provoca que as capacidades das crianzas se desenvolvan dunha forma m\u00e1is natural en comparaci\u00f3n \u00e1 das beb\u00e9s que si se viron&nbsp;<strong>afectadas por intervenci\u00f3n adulta<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Desta forma, as crianzas educadas con este m\u00e9todo sempre se colocan boca arriba. Desde a\u00ed deben aprender pola s\u00faa propia conta a virarse cara aos lados ata que adquiren por si mesmas a&nbsp;capacidade de tombarse boca abaixo&nbsp;ao virarse por completo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/mm7.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-2723\" width=\"844\" height=\"760\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/mm7.png 640w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/mm7-300x270.png 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/mm7-150x135.png 150w\" sizes=\"(max-width: 844px) 100vw, 844px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Judit Falk e Anna Tardos (2008) comentan isto ao respecto:<\/p>\n\n\n\n<p><em>\u00abEl beb\u00e9 que se desarrolla bien se muestra cada vez m\u00e1s interesado por lo que sucede a su alrededor. Cuando est\u00e1 acostado sobre la espalda, m\u00e1s pronto o m\u00e1s tarde empezar\u00e1 a volver la cabeza hacia ambos lados, luego se podr\u00e1 poner de lado con todo el cuerpo y, por \u00faltimo, se tumbar\u00e1 boca abajo. Y est\u00e9 segura que no lo har\u00e1 del mismo modo que si un adulto hubiese intervenido en el proceso. Cuando despu\u00e9s de haber pasado varios meses moviendo los brazos y las piernas tumbado boca arriba un ni\u00f1o consigue acostarse boca abajo por s\u00ed solo, est\u00e1 en condiciones de sostener y apoyar la cabeza sin tener que esforzarse<\/em>. <em>Progresivamente, conforme avanzan la maduraci\u00f3n y la organizaci\u00f3n del sistema nervioso, los movimientos se van haciendo cada vez m\u00e1s controlados hasta lograr la direccionalidad.<\/em>\u00ab<\/p>\n\n\n\n<p>Posteriormente, deben aprender por si mesmas a <strong>gatear<\/strong> e a <strong>sentarse<\/strong> e mesmo a&nbsp;<strong>levantarse<\/strong> <strong>sen apoio<\/strong>&nbsp;e a cami\u00f1ar. Este desenvolvemento difire co das criaturas sometidas \u00e1 intervenci\u00f3n psicomotriz, as cales aprenden primeiro a se sentar e despois a gatear, debido \u00e1 crenza de moitas adultas de que deben aprender rapidamente a sentar. Por outra banda, esta metodolox\u00eda tam\u00e9n se op\u00f3n \u00e1 utilizaci\u00f3n de accesorios que limiten a mobilidade das beb\u00e9s, por exemplo, os andadores, hamacas, parques&#8230;<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Preparar o espazo <\/h3>\n\n\n\n<p><strong>A contorna tam\u00e9n debe adaptarse para o uso da metodolox\u00eda<\/strong>. \u00c9 necesario que as crianzas conten cun espazo seguro onde te\u00f1an total liberdade para moverse. A\u00ednda que non se debe interferir no seu desenvolvemento psicomotriz, si \u00e9 necesario evitar calquera obxecto que poida facerlles dano mentres realizan <strong>o seu&nbsp;proceso de autoco\u00f1ecemento e exploraci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O espazo debe contar con caracter\u00edsticas como un chan firme e c\u00e1lido, estruturas que poidan usar para reptar ou levantarse, materiais que poidan manipular de m\u00faltiples formas,&nbsp;iluminaci\u00f3n axeitada e suficiente espazo.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 necesario vestilas con roupa c\u00f3moda para que poidan moverse con facilidade. Se \u00e9 posible, d\u00e9beselles dar liberdade para que estean descalzas. As\u00ed mesmo, <strong>a adulta debe estar atenta \u00e1s necesidades da crianza e interactuar con ela de maneira que esta poida&nbsp;saber que a est\u00e1n acompa\u00f1ando. A \u00fanica forma en que se debe interferir no seu movemento \u00e9 nas&nbsp;ocasi\u00f3ns que a criatura o solicita<\/strong>, por exemplo, cando desexa ser collida nos brazos.<\/p>\n\n\n\n<p>Por se queredes seguir seguir tirando do f\u00edo, deixo enlace a dous recursos que vos poden interesar: o documental <em><strong><a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=3eMnOsoK2Ws\">Loczsy, un hogar para crecer<\/a><\/strong><\/em>, e ao artigo <em><strong><a href=\"https:\/\/revistas.usc.gal\/index.php\/reladei\/article\/view\/4690\">La Educaci\u00f3n Pikler-L\u00f3czy: Cuando educar empieza por cuidar<\/a><\/strong><\/em> (2013) de Elena Herr\u00e1n Izaguirre. <\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Materiais Pikler<\/h2>\n\n\n\n<p>O material Pikler \u00e9 un tipo de material que fomenta o <strong>desenvolvemento aut\u00f3nomo<\/strong> e o <strong>movemento libre<\/strong> da beb\u00e9. Estes materiais insp\u00edranse no traballo de Emmi Pikler para quen pensaba as beb\u00e9s son capaces <strong>de acadar logros motrices por si soas sen necesidade de axuda adulta.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Desde o momento en que a beb\u00e9 inicia o movemento \u00e9 importante non \u00abobstaculizar\u00bb o seu cami\u00f1o. En primeiro lugar, co tipo de roupa que usa, pero tam\u00e9n coa contorna. Debemos proporcionar un chan para beb\u00e9s r\u00edxido pero confortable que permita un desprazamento libre e confortable. Os materiais baseados na filosof\u00eda Pikler poden usarse desde idades moi temper\u00e1s. A medida que van crecendo, os materiais sofisticaranse para acompa\u00f1ala de forma que poida ir logrando retos axeitados \u00e1 s\u00faa idade.<\/p>\n\n\n\n<p>Son propostas abertas que deixan o protagonismo \u00e1 crianza. <strong>Non impo\u00f1en unha maneira de moverse, sen\u00f3n que se adaptan naturalmente aos movementos que esta \u00e9 capaz de facer en cada momento<\/strong>. Por exemplo, <strong>un material baseado en Pikler xamais limitar\u00e1 o movemento da crianza ou a soster\u00e1 de p\u00e9 se a beb\u00e9 non pode facelo de forma aut\u00f3noma. Ademais, son de calidade e est\u00e1n estudados tecnicamente para fomentar a autonom\u00eda.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"690\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/movimiento-libre-pikler-2-1024x690-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2708\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/movimiento-libre-pikler-2-1024x690-2.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/movimiento-libre-pikler-2-1024x690-2-300x202.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/movimiento-libre-pikler-2-1024x690-2-768x518.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/movimiento-libre-pikler-2-1024x690-2-150x101.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Que hai que ter en conta ao comprar un material Pikler?<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p><strong>O primeiro: o m\u00e1is importante non son os materiais, sen\u00f3n a mirada que temos cara \u00e1 crianza<\/strong>. De nada vale comprar un elemento de xogo ou de movemento libre se logo non imos respectar o seu ritmo natural de evoluci\u00f3n ou a imos a forzar a facer movementos non naturais para ela nese momento. Deberemos garantir que se trata de elementos de calidade, elaborados con madeiras macizas, cunha disposici\u00f3n t\u00e9cnica pensada para crianzas (por exemplo, separaci\u00f3n entre chanzos ou medidas) e que te\u00f1a suficiente peso para que non se desprace facilmente. Tam\u00e9n \u00e9 moi recomendable que se vos proporcione montado, xa que, se o temos que montar n\u00f3s mesmas, corremos o risco de non facelo adecuadamente.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Gaia eliximos unha serie de <a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/buscar?controller=search&amp;order=product.position.desc&amp;s=pikler\"><strong>estruturas Pikler e de movemento<\/strong><\/a> da mellor calidade. Todo material e xoguete que fomente o movemento libre e aut\u00f3nomo das crianzas pode dicirse que se basea na filosof\u00eda Pikler. Esta \u00e9 a nosa selecci\u00f3n: pelota, tri\u00e1ngulo con e sen rampla e t\u00e1boa curva.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Pelota Pikler<\/h3>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/bebe\/1196-bolas-pikler.html\"><strong>A&nbsp;Pelota Pikler \u00e9 o primeiro xoguete<\/strong><\/a> e est\u00e1 inspirada na pedagox\u00eda&nbsp;<strong>Pikler-L\u00f3czy<\/strong>&nbsp;donde a base fundamental \u00e9 o desenvolvemento aut\u00f3nomo das beb\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;pelota Pikler ten unhas aperturas amplas que facilitan o agarre, o que a fai m\u00e1is atractiva para a beb\u00e9. Ademais, d\u00e1lle unha total liberdade de movemento xa que non pesa, non bota nin se despraza lonxe, co que \u00e9 un obxectivo alcanzable. Posteriormente p\u00f3dense introducir b\u00f3las, cascabeis e mesmo <strong>panos con contrastes<\/strong> (<a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/bebe\/4306-panuelo-contraste-lunares-pikler.html\"><strong>mira os que temos en Gaia<\/strong><\/a>), fomentando a posibilidade de manipulaci\u00f3n, experimentaci\u00f3n e concentraci\u00f3n no obxecto.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Por que usar as cores contrastadas coas crianzas?<\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Durante as primeiras semanas a capacidade visual da recentemente nada \u00e9 moi limitada, pero empeza a mostrar interese por patr\u00f3ns en branco e negro. S\u00edntese atra\u00edda polas li\u00f1as rectas, as franxas, os dese\u00f1os cuadriculados e canto m\u00e1is contraste te\u00f1an, m\u00e1is chamar\u00e1n a s\u00faa atenci\u00f3n. A medida que a s\u00faa percepci\u00f3n se vai desenvolvendo, mostrarase receptiva sobre todo coa cor vermella, por ser esta a m\u00e1is luminosa e brillante das cores.<\/p>\n\n\n\n<p>Aos dous meses a beb\u00e9 xa distinguir\u00e1 primeiro a cor vermella e logo o verde. Aos tres meses poder\u00e1 distinguir o azul e o amarelo e aos catro poder\u00e1 distinguir a maior\u00eda das cores. Antes dos seis meses non poder\u00e1 percibir as formas dos obxectos, soamente o contorno, onde cambian as zonas de cor e soamente se estas te\u00f1en un forte contraste. Non ser\u00e1 ata a partir dos seis meses que a s\u00faa percepci\u00f3n visual xa reco\u00f1ecer\u00e1 unha ampla gama de cores e tons diferentes.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"381\" height=\"374\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/panuelo-contraste-lunares-pikler-1-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2710\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/panuelo-contraste-lunares-pikler-1-1.jpg 381w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/panuelo-contraste-lunares-pikler-1-1-300x294.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/panuelo-contraste-lunares-pikler-1-1-150x147.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 381px) 100vw, 381px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n<p>A&nbsp;Pelota Pikler&nbsp;<strong>acompa\u00f1a \u00e1 beb\u00e9 en todas as s\u00faas fases de desenvolvemento<\/strong>; no agarre, na manipulaci\u00f3n dentro do&nbsp;cesto dos tesouros, no gateo e nos primeiros desprazamentos. \u00c9 un material respectuoso coa etapa de crecemento do beb\u00e9: deixade que a manipule, observe, agarre, a deixe ir, a tire, a persiga, a busque\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;Pelota Pikler&nbsp;\u00e9 artesanal realizada en&nbsp;fibra natural (medula de bamb\u00fa) sen pegamento; completamente seguras. Ao ser unha fibra natural, as pequenas hebras que poidan desprenderse son inofensivas para a beb\u00e9.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"379\" height=\"287\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/bolas-pikler-5.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2711\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/bolas-pikler-5.jpg 379w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/bolas-pikler-5-300x227.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/bolas-pikler-5-150x114.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 379px) 100vw, 379px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Tri\u00e1ngulo con e sen rampa Pikler<\/h3>\n\n\n\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/movimiento\/7585-12238-triangulo-de-escalada-adventure-4020972122384.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>tri\u00e1ngulo Pikler<\/strong><\/a> \u00e9 unha estrutura de madeira dese\u00f1ada para que a crianza poida rubir polos seus banzos. Unha vez na zona m\u00e1is alta, pode baixar polo outro lado, ou deslizarse por una <strong>rampa adicional.<\/strong> Mediante o seu uso, as crianzas div\u00edrtense \u00e1 vez que\u00a0<strong>exploran os l\u00edmites das s\u00faas capacidades f\u00edsicas<\/strong>, po\u00f1endo a proba o seu equilibrio, coordinaci\u00f3n xeral e fortaleza f\u00edsica.<\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"715\" height=\"534\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/cubo-de-gateo-pikler-movimiento-libre-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2712\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/cubo-de-gateo-pikler-movimiento-libre-1.jpg 715w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/cubo-de-gateo-pikler-movimiento-libre-1-300x224.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/cubo-de-gateo-pikler-movimiento-libre-1-150x112.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 715px) 100vw, 715px\" \/><\/figure><\/div>\n\n\n<p>O tri\u00e1ngulo Pikler p\u00f3dese comezar a usar desde os 6 meses e ata os 5 anos. Por veces, pode xerar inquedanza o risco de ca\u00eddas que poden experimentar as beb\u00e9s. Ese \u00e9 o reto que exp\u00f3n este xogo,&nbsp;<strong>a aprendizaxe a base de erros&nbsp;e a&nbsp;superaci\u00f3n d\u00eda a d\u00eda de si mesmas&nbsp;alcanzando metas aos poucos<\/strong>. <\/p>\n\n\n\n<p>O tri\u00e1ngulo Pikler <strong>est\u00e1 dese\u00f1ado para que a criatura poida experimentar con el de forma totalmente natural, sen a intervenci\u00f3n de adultas m\u00e1is al\u00f3 do necesario acompa\u00f1amento<\/strong>. Todo iso contrib\u00fae a potenciar a s\u00faa independencia e o seu&nbsp;crecemento persoal, mentres ao mesmo tempo div\u00edrtese e entretense de forma sa. A crianza ir\u00e1 conseguindo desaf\u00edos saudables, en todo momento, polo que non s\u00f3 aprender\u00e1 a conseguir os seus propios prop\u00f3sitos sen\u00f3n facelo sen presi\u00f3ns externas, desenvolvendo as\u00ed a s\u00faa confianza en si mesma, o cal \u00e9 important\u00edsimo para que afronte calquera outro tipo de reto diario.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ao principio \u00e9 imprescindible que haxa unha adulta acompa\u00f1ando o xogo; non intervindo nin forzando<\/strong>, senon soamente acompa\u00f1ando. A\u00ednda que se trata dunha estrutura segura, nas etapas nas que a crianza \u00e9 m\u00e1is inestable, e ten unha coordinaci\u00f3n m\u00e1is inmatura, necesitar\u00e1 acompa\u00f1amento. Unha vez creza e adquira m\u00e1is control do seu propio corpo, poder\u00e1 xogar de forma m\u00e1is independente. Recomendamos o uso deste tipo de estruturas sen ning\u00fan tipo de calzado,  Calcet\u00edns ou zapatos non axeitado poden provocar ca\u00eddas<\/p>\n\n\n\n<p>A sinxeleza da s\u00faa estrutura permite tam\u00e9n que a crianza desenvolva a imaxinaci\u00f3n, a medida que a utilizan dando distintos usos ao tri\u00e1ngulo. Non s\u00f3 pola maneira en que a escalan e se moven, sen\u00f3n coa posibilidade de: poder engadirlle ramplas adicionais para deslizarse como un tobog\u00e1n, ou mesmo colocar unha manta encima e convertela nunha especie de cabana na que introducirse.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"718\" height=\"635\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2744\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-2.jpg 718w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-2-300x265.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/triangulo-pikler-plegable-1-2-150x133.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 718px) 100vw, 718px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Que tri\u00e1ngulo Pikler elixir?<\/h4>\n\n\n\n<p>Existen distintos tipos de medidas dos tri\u00e1ngulos Pikler e estas adoitan oscilar ao redor dos 80 cm de longo, 80 cm de ancho e 70 cm de alto, a\u00ednda que os hai de distintos tipos e tama\u00f1os, todo depender\u00e1 da idade e da altura e tama\u00f1o da criatura.<\/p>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Cal \u00e9 o mellor lugar para que a crianza xogue co tri\u00e1ngulo?<\/h4>\n\n\n\n<p>O m\u00e1is habitual \u00e9 que a crianza xogue en casa no seu cuarto, nunha habitaci\u00f3n de xoguetes destinada para iso, no sal\u00f3n do fogar\u2026 tam\u00e9n na aula. Con todo, grazas \u00e1 s\u00faa portabilidade (a maior\u00eda deles pesan ao redor de 5 kg ou mesmo menos), pode ser boa idea usalos tam\u00e9n no exterior, como o xard\u00edn, o patio\u2026 para gozalo ao aire libre. Mesmo podedes levalo ao parque, e que as\u00ed a crianza poida probalo en compa\u00f1\u00eda doutras crianzas, como pasa na escola.<\/p>\n\n\n\n<p>Como xa vos comentei anteriormente no texto, elixir ben as calidades do produto \u00e9 moi importante&nbsp;xa que ao final, estamos a falar dun xoguete dirixido a criaturas pequenas, mesmo beb\u00e9s. En Gaia, por exemplo, o <strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/buscar?controller=search&amp;order=product.position.desc&amp;s=pikler\">material pikler<\/a><\/strong> que seleccionamos est\u00e1 feito con materiais robustos e naturais, 100% libres de t\u00f3xicos.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">T\u00e1boa curva Pikler<\/h3>\n\n\n\n<p>\u00c9 un material de&nbsp;xogo libre&nbsp;que non ten unha utilidade ou forma concreta de xogar, sen\u00f3n que evoluciona coa&nbsp;creatividade&nbsp;e&nbsp;imaxinaci\u00f3n&nbsp;das crianzas, transf\u00f3rmase en multitude de posibles xogos e grandes momentos de diversi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>No momento en que a crianza se sobe encima dunha t\u00e1boa curva, ten que&nbsp;balancear o seu corpo&nbsp;e reequilibrar o seu peso para poder manter o equilibrio de forma estable. Isto implica unha serie de complexos cambios e axustes en relaci\u00f3n a como reparte o seu&nbsp;peso, a que&nbsp;posici\u00f3n&nbsp;adoptar e a que&nbsp;velocidade&nbsp;moverse que realiza case de forma inconsciente pero que lle axudan a tomar conciencia do seu propio corpo e a manter o equilibrio.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2758\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1-150x100.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0350-1.jpg 1399w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Por suposto, outro dos grandes beneficios da t\u00e1boa curva \u00e9 o desenvolvemento da&nbsp;imaxinaci\u00f3n&nbsp;e a&nbsp;creatividade. As cousas non se ven do mesmo xeito cando est\u00e1s encima dunha t\u00e1boa curva e te balanceas. Cando estamos de p\u00e9 case sen equilibrio somos capaces de crear nuevo pensamentos moito m\u00e1is libres porque o noso cerebro act\u00faa dunha forma distinta que cando estamos sentadas ou quietas sobre o chan. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2759\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1-150x100.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0376-1.jpg 1290w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Ademais, a sinxeleza da t\u00e1boa curva transf\u00f3rmaa tam\u00e9n nun material de&nbsp;xogo aberto&nbsp;que pode transformarse en moitas cousas grazas \u00e1 imaxinaci\u00f3n das crianzas. Algunhas crianzas d\u00e1nlle a volta \u00e1 t\u00e1boa curva e \u00fasana para saltar por encima ou para constru\u00edr un circu\u00edto de&nbsp;obst\u00e1culos&nbsp;xunto con outros materiais ou obxectos de casa, por exemplo a cama ou o sof\u00e1. Tam\u00e9n \u00e9 perfecta como&nbsp;ponte&nbsp;polo que te\u00f1en que pasar os coches, ou como unha casi\u00f1a na que se refuxian as bonecas cando hai mal tempo.<\/p>\n\n\n\n<p>A moitas crianzas enc\u00e1ntalles tam\u00e9n usar a t\u00e1boa curva para po\u00f1er nela distintos materiais (un tren, un boneco, etc.) e balancealo observando as\u00ed que sucede: o obxecto m\u00f3vese? si o abalo moi r\u00e1pido cae? e se o fago m\u00e1is lentamente? Tam\u00e9n a po\u00f1en de lado e ent\u00f3n conv\u00e9rtese nun&nbsp;castelo, en unha&nbsp;tenda, en unha&nbsp;coci\u00f1a&nbsp;ou en calquera outra cousa que a elas se lles ocorra.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-014-1024x683-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2718\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-014-1024x683-1.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-014-1024x683-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-014-1024x683-1-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-014-1024x683-1-150x100.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<h4 class=\"wp-block-heading\">Que debemos ter presente ao comprar unha t\u00e1boa curva?<\/h4>\n\n\n\n<p>A t\u00e1boa curva Wobbel est\u00e1 recomendada para usar&nbsp;a partir dos 0 meses, con acompa\u00f1amento adulto. Nos primeiros meses de vida da beb\u00e9, p\u00f3dese balanceala suavemente sobre a t\u00e1boa curva e p\u00f3dese deixar tam\u00e9n que experimente e xogue gateando sobre ela, toc\u00e1ndoa, mov\u00e9ndoa, etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando xa consiga cami\u00f1ar e manterse estable sobre as d\u00faas pernas, \u00e9 o momento de usar a t\u00e1boa curva Wobbel para practicar o equilibrio sobre ela. \u00c9 unha sensaci\u00f3n que lles encanta descubrir! <\/p>\n\n\n\n<p>A partir dos 3 anos, que \u00e9 cando as crianzas experimentan ao m\u00e1ximo coa s\u00faa imaxinaci\u00f3n e creatividade, usar\u00e1n a t\u00e1boa curva tam\u00e9n como xogo libre e aberto, combin\u00e1ndoo con outros materiais e xoguetes e dando renda solta \u00e1 s\u00faa imaxinaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Isto \u00e9 importante porque cada&nbsp;etapa de desenvolvemento&nbsp;da criatura ad\u00e1ptase a unha forma de xogo distinta. Elas mesmas, ao seu propio ritmo, iranas descubrindo, non se debe impor ning\u00fan xogo concreto.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-015-1024x683-4.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2752\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-015-1024x683-4.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-015-1024x683-4-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-015-1024x683-4-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-015-1024x683-4-150x100.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>S\u00f3 lembra que se recomenda unha maior presenza adulta coas crianzas&nbsp;menores de 3 anos. Creemos que \u00e9 mellor que esteas ti&nbsp;ao seu lado, acompa\u00f1ando (nunca forzando)&nbsp;vendo como interact\u00faa coa t\u00e1boa curva. Nun primeiro momento, pode estar&nbsp;sentada ou estirada, para que ti poidas mexela e bambeala de forma segura e confortable para ela.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Gaia recomend\u00e1mosche as&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/buscar?controller=search&amp;order=product.position.desc&amp;s=wobbel\"><strong>t\u00e1boas de Wobbel<\/strong><\/a>, sen d\u00fabida, un referente entre todos os fabricantes de t\u00e1boas curvas. Est\u00e1 fabricada con moitas capas da mellor&nbsp;madeira de haxa europea (FSC), que se amontoan e presi\u00f3nanse a alta presi\u00f3n para as\u00ed garantir a s\u00faa durabilidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Est\u00e1 dese\u00f1ada para xogar no interior, pero tam\u00e9n podes xogar con ela en&nbsp;exteriores,&nbsp;sempre que te\u00f1as coidado que o chan onde a coloques estea limpo para que a t\u00e1boa non se dane.<\/p>\n\n\n\n<p>A&nbsp;<strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/movimiento\/3913-wobbel-board-natural.html\">t\u00e1boa curva Wobbel board orixinal<\/a>&nbsp;<\/strong>pesa 4,5 quilogramos e pode soportar ata 200 quilogramos de peso sobre ela. As\u00ed que \u00e9 totalmente segura para as crianzas. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-original-unpainted-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2714\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-original-unpainted-1.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-original-unpainted-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-original-unpainted-1-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-original-unpainted-1-150x100.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>A t\u00e1boa curva Woobel board tam\u00e9n pode ter <strong><a href=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/movimiento\/3918-wobbel-board-con-fieltro-raspberry.html\">feltro<\/a><\/strong>, que axuda a&nbsp;protexela de golpes&nbsp;que poida ter a madeira e a que non escorregue sobre calquera superficie. \u00c9 \u00fatil para&nbsp;balancearse&nbsp;dentro de casa e non \u00e9 necesario ningunha alfombra debaixo.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-pro-transparent-incl-felt-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2715\" width=\"615\" height=\"615\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-pro-transparent-incl-felt-1.jpg 900w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-pro-transparent-incl-felt-1-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-pro-transparent-incl-felt-1-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel-pro-transparent-incl-felt-1-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 615px) 100vw, 615px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>En cambio,&nbsp;sen feltro&nbsp;podedes usala na casa (recomendamos encima dalgunha alfombra) e tam\u00e9n en no&nbsp;exterior, xa que ao non ter feltro debaixo, non se mancha e \u00e9 v\u00e1lida para todas as superficies. A t\u00e1boa curva sen feltro tam\u00e9n \u00e9 \u00fatil para que escorreguen coches ao darlle a volta, para usala como unha ponte por onde circular coches ou mesmo tam\u00e9n&nbsp;deslizarse a modo de tobog\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>Wobbel tam\u00e9n disp\u00f3n dunha plataforma de xogo, que, se vos gusta a t\u00e1boa curva Wobbel Board orixinal, encantaravos. Tr\u00e1tase dun c\u00edrculo de madeira c\u00f3ncavo perfecto que ofrece infinitas posibilidades de movemento e xogo. Bambolea, xira, balancea de lado a lado&#8230; e ademais serve como superficie que delimita o xogo, un lugar perfecto para debuxar con pequenas pezas soltas, ou para crear mini mundos. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"900\" height=\"900\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel360-pressed-felt-mouse-2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2765\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel360-pressed-felt-mouse-2.jpg 900w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel360-pressed-felt-mouse-2-300x300.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel360-pressed-felt-mouse-2-150x150.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/wobbel-wobbel360-pressed-felt-mouse-2-768x768.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2761\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381-150x100.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-2020-by-La-Marela-0381.jpg 1290w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-004-1024x683-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-2720\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-004-1024x683-1.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-004-1024x683-1-300x200.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-004-1024x683-1-768x512.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2022\/07\/Gaia-Ecocrianza-Producto-by-la-Marela-fotografi\u0301a-004-1024x683-1-150x100.jpg 150w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>Agn\u00e8s Szanto Feder (2011) no seu artigo, <a href=\"https:\/\/www.piklerna.org\/articulos\/\"><strong><em>Reflexiones acerca del trabajo en el Instituto Pikler (\u201cL\u00f3czy\u201d) de<\/em> <em>Budapest, Hungr\u00eda<\/em><\/strong><\/a>, argumenta con respecto ao tratamento da autonom\u00eda das crianzas no instituto pikler:<\/p>\n\n\n\n<p>\u00abLa actividad aut\u00f3noma se inscribe en este marco; no es un m\u00e9todo, no se trata tampoco de ciertos momentos permitidos al beb\u00e9: es un modo de vida. Cuando el adulto se separa del ni\u00f1o despu\u00e9s de haberlo cambiado, por ejemplo, estando \u00e9ste satisfecho y despierto, es para <em>permitirle <\/em>estar activo (como sigue est\u00e1ndolo el adulto, por otra parte), para permitirle vivir sus curiosidades, permitirle poder ejercer sus deseos o, m\u00e1s simplemente, poder moverse a su voluntad \u2013 cuya condici\u00f3n es la motricidad descrita m\u00e1s arriba \u2013 manipular los objetos, observar a sus compa\u00f1eros y acercarse a ellos, descubrir novedades en su entorno\u2026<br>El beb\u00e9 aut\u00f3nomo ejerce as\u00ed su voluntad, pone en juego su iniciativa, experimenta sus capacidades y sus l\u00edmites, es \u201cresponsable\u201d de su propia seguridad y de sus adquisiciones, elaborando una gran confianza en sus propias capacidades y en su eficacia. Para algunos te\u00f3ricos, esto significa que la actividad aut\u00f3noma es un valor fundante de la persona\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Emmi Pikler foi unha pediatra h\u00fangara que a principios do s\u00e9culo XX dirixiu un fogar&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":2713,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[234],"tags":[736,751,734,694,732,753,749],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2577"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2577"}],"version-history":[{"count":22,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2577\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3788,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2577\/revisions\/3788"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2713"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2577"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2577"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2577"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}