{"id":1041,"date":"2018-08-31T17:27:03","date_gmt":"2018-08-31T17:27:03","guid":{"rendered":"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/?p=1041"},"modified":"2020-12-15T12:34:40","modified_gmt":"2020-12-15T12:34:40","slug":"conciliemos-un-mundo-mellor","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/conciliemos-un-mundo-mellor\/","title":{"rendered":"Conciliemos un mundo mellor"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Sororidade, maternidade, crianza e respecto \u00e1 infancia. Estes son os piares de Gaia. \u00c9 no que vibramos e o que nos move.<\/p>\n<p>Por iso, este ano de novo un\u00edmonos \u00e1 campa\u00f1a que promoven dende <a href=\"https:\/\/madressiguerrerastambien.wordpress.com\/2018\/08\/28\/conciliemosunmundomejor\/\"><em>Madres, si. Pero guerreras tambi\u00e9n<\/em><\/a> para visibilizar e darlle aos coidados o valor que realmente te\u00f1en. Por iso, chiaremos os d\u00edas 1 e 2 de setembro cos cancelos\u00a0 <strong>#conciliemosunmundomejor<\/strong> e <strong>#familiasloitando,<\/strong> para reclamar pol\u00edticas que fagan compatibles a vida familiar e laboral. Compatibles de verdade. Porque o que hoxe se denomina conciliaci\u00f3n ven sendo un conxunto de apa\u00f1os como:<\/p>\n<ul>\n<li>Deixar a un beb\u00e9 de 16 semanas \u00e1s 7 da ma\u00f1\u00e1n na guarde para recollelo \u00e1s 3 da tarde.<\/li>\n<li>Escoller o cole en funci\u00f3n do horario de traballo (coa carga correspondente de clases, comedor, extraescolares\u2026 e todo o que implica)<\/li>\n<li>Levar aos nenos a casa dos av\u00f3s \u00e1s 8 am para que eles os leven ao cole \u00e1s 10 am, os recollan as 5 pm e mos te\u00f1an co pixama para meter no coche e levalos directos para cama \u00e1s 8:30 pm.<\/li>\n<li>Deixar o traballo por que non \u00e9 compatible coas necesidades das crianzas.<\/li>\n<li>Vivir un calvario laboral porque a empresa se nega a cumplir coa lei. Levalos a xuizo, ga\u00f1ar, mandalos \u00e1 merda\u2026 e volta a empezar \ud83d\ude41<\/li>\n<\/ul>\n<p>Estas son so algunas historias baseadas en conciliaci\u00f3ns reais que escoitamos na Gaia. Cada unha temos a nosa propia historia de conciliaci\u00f3n e no 90% dos casos seguro que non \u00e9 a que ter\u00edamos escollido se nos sent\u00edramos totalmente libres.<\/p>\n<figure id=\"attachment_1047\" aria-describedby=\"caption-attachment-1047\" style=\"width: 900px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-1047 size-large\" src=\"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1-1024x497.jpg\" alt=\"\" width=\"900\" height=\"437\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1-1024x497.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1-300x146.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1-768x373.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1-150x73.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/IMG_3122-1.jpg 1632w\" sizes=\"(max-width: 900px) 100vw, 900px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-1047\" class=\"wp-caption-text\">Concentraci\u00f3n do 8M en Compostela<\/figcaption><\/figure>\n<p>Te\u00f1o a sensaci\u00f3n de que cando o ano pasado\u00a0<a href=\"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/yo-no-concilio\/\">escrib\u00edn o artigo durante esta mesma campa\u00f1a<\/a><span style=\"font-family: 'Source Sans Pro';\">\u00a0estaba moito m\u00e1is resignada.<\/span><span style=\"font-family: 'Source Sans Pro';\">\u00a0O 8M mudouno todo. Estamos un pouco m\u00e1is cabreadas e moito m\u00e1is espertas. A Folga Feminista, e todo o que se reflexionou previamente,\u00a0 serviu para tecer novos lazos froito do di\u00e1logo ao respecto\u00a0 da maternidade e dos coidados. Reivindicar a nosa parcela dentro do movemento feminista como nais que queren coidar \u00e9 imprescindible. Porque como muller que decide ser nai, quero selo l\u00facida e comprometida.\u00a0 Gozar do meu corpo no embarazo e no parto. Facelo sendo consciente do meu poder para xestar e para parir. Comprometida coa mi\u00f1a realidade f\u00edsica e emocional. Comprometida co beb\u00e9 que acollo, ao que acompa\u00f1arei cando naza, dende o respecto \u00e1s s\u00faas necesidades e tempos.\u00a0<\/span><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-1054\" src=\"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-38-1010x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"151\" height=\"164\" \/>\u00a0 \u00a0\u00a0 \u00a0 \u00a0\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-1055\" src=\"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39-1024x997.jpg\" alt=\"\" width=\"174\" height=\"168\" srcset=\"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39-1024x997.jpg 1024w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39-300x292.jpg 300w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39-768x748.jpg 768w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39-150x146.jpg 150w, https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-39.jpg 1242w\" sizes=\"(max-width: 174px) 100vw, 174px\" \/>\u00a0 \u00a0\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-1056\" src=\"http:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-content\/uploads\/2018\/08\/FullSizeRender-40-1024x977.jpg\" alt=\"\" width=\"155\" height=\"155\" \/><\/p>\n<p>Por iso, queremos conciliar un mundo mellor.<\/p>\n<p><strong>Queremos criar sen renuncias.\u00a0<\/strong>Non precisamos garder\u00edas nas que poder deixar \u00e1s nosas fillas cando cumpran 16 semanas, precisamos pol\u00edticas que nos permitan quedar con elas e acompa\u00f1alos nos important\u00edsimos primeiros anos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Non queremos mendigar baixas de maternidade<\/strong>, nin permisos de lactaci\u00f3n, nin reduci\u00f3ns de xornada. Esiximos baixas de maternidade remuneradas dignas, para traballadoras por conta allea e aut\u00f3nomas, que nos permitan coidalos como merecen, como merecemos. Cando menos, esiximos cotizar polos anos que pasemos ao coidado das nosas fillas mentras son beb\u00e9s ou ata que comecen a educaci\u00f3n obrigatoria.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Queremos que as empresas axuden na visibilizaci\u00f3n dos coidados<\/strong>. Que aquelas que te\u00f1an posibilidade, faciliten que mulleres e homes poidan ir ao traballo acompa\u00f1ados das s\u00faas fillas cando o precisen, mesmo habilitando espazos de coidados para que poidan telos preto. Non ser\u00eda xenial que Amancio montara dentro das instalaci\u00f3ns de Inditex un espazo no que os beb\u00e9s puideran estar preto de s\u00faas nais cando estas se reincorporen ao traballo? Imaxinades o que supor\u00eda? Ou que o fixera La Voz de Galicia, ou Citroen, ou o Porto de Vigo\u2026!! \u00a0Habilitar un espazo de coidados no traballo de nais\/pais &lt;3<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esiximos que as mulleres ou homes que decidan coller excedencia por coidado das fillas, poidan <strong>voltar ao seu traballo sen trabas<\/strong>, ocupando o posto que ocupaban sen penalizaci\u00f3ns de ning\u00fan tipo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Urxe racionalizar os horarios de traballo<\/strong>, adapt\u00e1ndoos a realidade das crianzas, e po\u00f1er en pr\u00e1ctica o teletraballo nos casos nos que sexa posible. Traballemos por proxectos, por obxectivos, en lugar de facelo por horas. Horarios escolares e horarios laborais te\u00f1en que acompasarse porque sen\u00f3n sempre haber\u00e1 un, nai ou pai, que te\u00f1a que renunciar; e xa sabemos a quen lle vai tocar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Queremos que se reco\u00f1eza o valor real dos coidados<\/strong>, porque os coidados moven o mundo a\u00ednda que ningu\u00e9n fale deles. Puidera semellar, e hai quen pensa, que os coidados pertencen exclusivamente ao \u00e1mbito privado. O traballo de coidados que desenvolven nais, fillas, noras\u2026 aforra mill\u00f3ns de euros \u00e1s administraci\u00f3ns e non pode quedar ao marxe da esfera p\u00fablica. Os coidados que prestan mulleres sen cobertura de ning\u00fan tipo soste\u00f1en un dos piares do estado de benestar.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Queremos acompa\u00f1ar \u00e1s nosas fillas<\/strong> cando nos precisen. Nin queremos, nin son abondo, as axudas para contratar a algu\u00e9n que as coide cando se atopan enfermas. Queremos coidalas n\u00f3s e que non nos poidan botar do traballo por facelo, nin que se nos penalice \u00e1 volta, nin perder ingresos se traballamos por conta propia. Os coidados deberan estar blindados polo Estado e as empresas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Porque o amor tam\u00e9n cura. Po\u00f1amos os coidados no centro da pol\u00edtica.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ilustraci\u00f3ns: <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/angelica.ch.r\/\">@angelica.ch.r.<\/a> para uso autorizado de Gaia Ecocrianza.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Sororidade, maternidade, crianza e respecto \u00e1 infancia. Estes son os piares de Gaia. \u00c9&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":1057,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[226,309,230],"aioseo_notices":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1041"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1041"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1041\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1140,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1041\/revisions\/1140"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1057"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.gaiaecocrianza.com\/blog\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}